Os vencedores do XIX Rallye Matemático sen fronteiras 2011 son os grupos:
3º ESO A do IES Alexandre Bóveda de Vigo,e
4º ESO B do CPI Alfonso VII de Caldas de Reis
Acadaron os primeiros postos:
3º ESO
1º. 3ºA do IES Alexandre Bóveda de Vigo.
Profesora: Ana Rosalía Fernández Otero
2º 3º A do CPI de Mondariz.
Profesora: Aia Rodríguez Somoza
4º ESO
1º. 4º ESO B do CPI Alfonso VII de Caldas de Reis
2º. 4º ESO A do IES Auga da Laxe.
Profesora: Oliva Pena Comesaña.
Parabéns aos gañadores e boa viaxe a Toulouse.
Podedes ves as solucións aos problemas na páxina de AGAPEMA.
31 mar 2011
30 mar 2011
Resolución de obxectos matemáticos (4)
Poster nº 4 da colección de obxectos matemáticos da nosa vida cotíá.
Logotipo da Corporación Caixa Galicia
Este logotipo imita á curva Lemniscata, estudiada por Jacob Bernouilli.
O símbolo de infinito segue esta curva, usado por primeira vez polo matemático John Wallis.
Ver Etimoloxía de Lemniscata.

Etiquetas:
obxectos cotiás
Solución a o problema nº2: A formiga ameazada
Unha formiga sen salvación.
Xa está publicada a solución ao problema planteado no País: A formiga ameazada.
A solución ás tres preguntas planteadas é:
1) A formiga non sobrevive, ten probabilidade 0 de sobrevivir.
2) Probabilidade (morre en 8) = 4/7.
3) Probabilidade (morre en 7) = 3/7.
Ver a solución aquí

29 mar 2011
2º problema do País: Unha formiga ameazada
Coincidindo co centenario da fundación da Real Sociedade Matemática Española o País está propoñendo un problema cada semana.
O desta semana era o problema da formiga ameazada (ver vídeo), cuxo enunciado é:
Una hormiga se desplaza sin parar por las aristas de un cubo. Parte del vértice marcado con el número 1 (ver dibujo del profesor Blasco en la pizarra) por una de las tres aristas que salen de ese punto (con probabilidad 1/3 de tomar cualquiera de los caminos). Cada vez que llega a un nuevo vértice prosigue su paseo por una de las tres aristas que convergen en ese punto (vuelve para atrás, tira para un lado o para el otro), de nuevo con probabilidad 1/3 de tomar cada una de las rutas.

Los vértices 7 y 8 (ver dibujo en la pizarra) se rocían de insecticida, que es el único método que hay para matar a la hormiga: si el insecto llega a cualquiera de ellos morirá fulminantemente. Se pregunta: Partiendo del vértice 1. ¿Qué probabilidad hay de que la hormiga no muera nunca? ¿Qué probabilidad hay de que muera en el vértice 7? ¿Y en el 8?
Solución ao 1º problema planteado: El camino del lechero

28 mar 2011
Olimpíada Matemática Nacional
Tres alumnos galegos conseguen medalla (un ouro e dous bronces) na Fase Nacional da Olimpíada Matemática.
Óscar Rivero Salgado formará parte do equipo nacional que defenderá a España na fase internacional que se celebrará en Amsterdam, (Holanda) en xullo de 2011.
Fotos da entrega aos membros do Equipo Galego.
Parabéns aos tres e ao equipo galego pola súa participación.
Medalla de ouro
Óscar Rivero Salgado (3º posto),
1º BAC do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia
Medallas de bronce
Inés Cadórniga Zueco (20º posto),
2º BAC do IES Val Miñor de Nigrán
Carlos García Ling (26º posto),
4º ESO do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago
Óscar Rivero Salgado formará parte do equipo nacional que defenderá a España na fase internacional que se celebrará en Amsterdam, (Holanda) en xullo de 2011.
Fotos da entrega aos membros do Equipo Galego.
Parabéns aos tres e ao equipo galego pola súa participación.
Etiquetas:
Novas
27 mar 2011
Tetractis 51
Sumario
Marzo: un mes de actividades... e aínda o que queda!
Etimoloxía de termos matemáticos, por Cristina Martín González.
1000 grous para o pobo xaponés.

Tetractis
26 mar 2011
Mosaicos
Unha relación de enderezos para traballar os mosaicos.
Hoxe, Enrique de la Torre (páxina persoal, entrada en Tetractis) e eu, impartimos unha sesión de 1º curso de Estalmat, baixo o título de "Mosaicos".
Enrique ten preparada unha páxina de enlaces, moi útil, para traballar os mosaicos.
Aquí poderas traballar conceptos como:

- Mosaicos regulares.
- Mosaicos semirregulares.
- Mosaicos irregulares.
- Teselas nazarís.
- Mosaicos de Escher.
- Grupos cristalográficos.
- Loseta catalana.
- ...
25 mar 2011
John Milnor, Premio Abel de Matemáticas
O Premio Abel é o equivalente, en matemáticas, ao Premio Nobel.
John Milnor, matemático estadounidense da Universidad de Stony Brook (Novaiorque), obtivo o premio Abel de matemáticas polos seus descubrimentos pioneiros en topoloxía, xeometría e álxebra, segundo a acta do xurado. Øyvind Østerud, presidente da Academia Noruega de Ciencias e Letras, entidade que creou o galardón como complemento aos actuais premios Nobel, anunciouno onte en Oslo.

Son numerosos os resultados, as conxeturas e os conceptos matemáticos que levan o nome de Milnor: esferas exóticas de Milnor, fibracións de Milnor, número de Milnor e conxeturas de Milnor na teoría de nós, a teoría K, a teoría combinatoria de grupos e a dinámica holomórfica.
Ler a nova no País

Novas,
Persoeiros
24 mar 2011
Conseguimos os 1000 grous!
Como xa anunciabamos nunha entrada anterior, titulada 1000 grous, hoxe celebramos esta actividade co obxectivo de solidarizarnos co pobo xaponés ante o cúmulo de desgrazas que están a padecer.
A profesora, Alicia Pedreira, elaborou o cartel que aparece a continuación
e xunto cos alumnos da súa titoría, que por un día fixeron de monitores, ensinaron aos demais alumnos como se fan os grous.
Así que, pouco a pouco, fóronse completando máis de 50 tiras de 20 grous, que se colgaron no distribuidor do noso centro.
Aquí tedes unha selección de fotografías que dan conta da actividade:

Eventos,
Feira Matemática,
Papiroflexia
22 mar 2011
Preparando os mil grous
Estamos a preparar a actividade do xoves, 24 de marzo, sobre a Lenda dos 1000 grous.
Aquí vemos ao grupo de Métodos Estatísticos mostrando os grous que acababan de aprender a facer:

e o grupo de 3º ESO A,
Aquí vemos ao grupo de Métodos Estatísticos mostrando os grous que acababan de aprender a facer:
e o grupo de 3º ESO A,
Etiquetas:
Papiroflexia
21 mar 2011
Rallye Matemático sen fronteiras 2011
Seguimos marcando cruces na lista de actividades deste curso; esta vez tócalle o turno ao Rallye sen fronteiras 2011 e xa quedan poucas.
Desde logo non son as mellores datas para realizar esta actividade e hai que felicitar ao alumnado dos dous grupos de 3º ESO que mañán teñen examen de FQ.
Paréceme un acerto as novas deste ano: reducción a 5 problemas e a 1h no tempo.
Ademais, é posible que no 4º problema houbera un erro de redacción que seguro que despistou a algún alumno.
(A palabra, que puidera provocar ese erro, aparece borrada na seguinte copia).
Estes son os problemas que tiveron que resolver:

Concursos,
O problema de hoxe,
Recursos,
Resolución de problemas
18 mar 2011
Canguro Matemático 2011
Onte, 17 de marzo, celebrouse a XVIII edición do Canguro Matemático 2011
A data, desde logo, non foi a máis adecuada para o noso centro, por dobre razón: ser xoves e estar ao final da avaliación; o que non axudou a que a participación e a asistencia foran a de outros anos.
Aquí vedes algúns momento da proba.
A data, desde logo, non foi a máis adecuada para o noso centro, por dobre razón: ser xoves e estar ao final da avaliación; o que non axudou a que a participación e a asistencia foran a de outros anos.
Aquí vedes algúns momento da proba.
Etiquetas:
Concursos,
O problema de hoxe,
Resolución de problemas
17 mar 2011
1000 grous
En solidariedade co pobo xaponés, o vindeiro xoves tentaremos construir 1000 grous.
Os mil grous de origami (papiroflexia) son un conxunto de mil grous de papel unidos por cordas. Unha antiga lenda xaponesa promete que calquera que faga mil grous de papel recibirá un desexo por parte dun grou, tal como unha longa vida ou a recuperación dunha enfermidade.
Os mil grous de origami converteuse nun símbolo de paz, debido á historia de Sadako Sasaki, unha pequena xaponesa que desexou curar da súa enfermidade (leucemia) producida pola la radiación dunha bomba atómica. A dramática historia ven dun libro chamado Sadako e os mil grous de papel.

I Feira Matemática 2007
Etiquetas:
Eventos,
Novas,
Papiroflexia
14 mar 2011
Movemento dun borracho
O movemento dun borracho tamén depende de π.
Esta actividade pretende simular o camiño ou paseo aleatorio (por exemplo, dun borracho), coñecido en inglés pola abreviatura RW (Random walks).
Na ficha proposta supoñemos unha trama hexagonal, é dicir, o borracho amarrado a unha farola, ten igual probabilidade de ir por cada un dos seis camiños (elixido ao tirar un dado).
Despois dun número n de pasos, podemos predecir onde se atopa o borracho? Pois non, seguro que non.

Agulla de Buffon
Outro experimento aleatorio para calcular π.
O naturalista francés Buffon ideou este método para calcular o valor de π utilizando unha técnica aleatoria. Consiste en tirar unha agulla sobre unha folla raiada con rectas paralelas, de tal maneira que se a distancia entre as rectas e igual á lonxitude da agulla a probabilidade de que a agulla toque a unha das liñas é 2/π.

Método de Montecarlo
Unha maneira aleatoria de calcular π
Durante este trimestre que xa remata, na materia de Métodos estatísticos traballamos nunha batería de activiades con probabilidades. Unha delas foi o Método de Montecarlo, unha técnica matemática que permite obter resultados deterministas, por exemplo, calcular o valor de π, mediante un experimento aleatorio.; este método foi ideado por John von Neumann e Stanislaw Ulam.Tal e como indica a seguinte ficha de traballo (lista para imprimir e utilizar) necesitamos papel milimetrado e unha táboa de números aleatorios (ou un bingo) e trátase de ir "lanzando" puntos ao cadrado de 10 cm de lado que aparece na ficha.

Feliz día π!
Hoxe é o Día Mundial de π, unha idea do físico Larry Shaw, xa que como sabedes nos países de fala inglesa, as datas escrébense: ano/mes/día e polo tanto o 14 de marzo será: 3/14 (o número π).
Os europeos continentais temos que conformarnos con este día, xa que, de momento, non hai 31 de abril.
Ademais, casualmente, o 14 de marzo é o día de nacemento de Albert Einstein, que xa é unha data importante.

Foto do blogue: Cociña e matemáticas
Etiquetas:
Día π,
Eventos,
Que curioso
11 mar 2011
Derradeira xornada do Open Matemático
Onte celebrouse a 7ª xornada e final do XXIII Open Matemático 2011 na zona da Coruña, que se celebrou no IES Elviña (A Coruña) e na que participaron alumnos e alumnas dos centros:
Aquí podedes ver un momento de máxima concentración:
Estalmat Galicia
IES Elviña
IES Monelos
IES Mugardos
Aquí podedes ver un momento de máxima concentración:
e o profesorado que acompañaba ao alumnado:
Mercedes Feijoo e Mª Jesús Pasarín (IES Elviña), Alicia Pedreira e o fotográfo (IES Monelos) e Covadonga Rodríguez-Moldes (IES Mugardos).
e estos son os catro problemas que tiveron que resolver, nos que os participantes se xogaban os 8 puntos finais:
Etiquetas:
O problema de hoxe,
Open,
Resolución de problemas
9 mar 2011
También los novelistas saben matemáticas
Un libro do profesor de matemáticas en Salamanca,
Un repaso sobre os aspectos matemáticos que aparecen nas obras da narrativa de grandes novelistas como: Vargas Llosa, Saramago, Cortázar, Cunqueiro, Almudena Grandes... e repasa obras tan coñecidas como O Código da Vinci, O principiño, Pantaleón e as visitaoras, O escaraballo de ouro,...
Neste blogue podes consultar algunhas entradas relacionadas:

Libros
8 mar 2011
Tetractis en 5 volumes
Con esta entrada completamos a edición dos 50 números de TETRACTIS en volumes:
Volume I: Tetractis 1_10
Volume II: Tetractis 11_20
Volume III: Tetractis 21_30
Volume IV: Tetractis 31_40
Sumario do V volume
Á caza dos números primos (43), por Iria González.
A espiral de paxariñas (45), por Alicia Pedreira.
Abellas e matemáticas (48), por Javier Sampedro.
Calendario 2011: dodecaedro rómbico (48), por Alicia Pedreira.
Calendario: Anos bisestos e santos (41), por Antía García Mallo.
Curvas famosas (45), por Iván García.
Eratóstenes e medida do meridiano terrestre (41), por Rebeca Mengual.
Matemáticas básicas no pentagrama (47), por Elena López Serrapio.
Matemáticas na vida cotiá (49), por José Manuel González.
Números metálicos (50), por Estefanía Campos.
Orixe dos signos matemáticos (44), por Marta Sobrino.
Ortografía matemática (44), por Adriana Vega.
Os tres problemas clásicos gregos (42), por Claudia Vilar.
Parámetros estatísticos nas calculadoras CASIO (46), por Gonzalo Temperán.
Regresión linear na calculadora (47) por Gonzalo Temperán.
Taraceas de Fra Giovanni (47), por Javier Goyanes.
Xeometría mineral (49), por Iria Martínez.
Xeometría no ascensor de San Pedro (42), por Guillermo Ledo.

Mulleres Matemáticas
Nesta data tan sinalada do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, queremos compartir este poster sobre Mulleres Matemáticas, elaborado polo Departamento de Matemáticas do IES Monelos:
Etiquetas:
mulleres matemáticas,
Persoeiros
Suscribirse a:
Entradas (Atom)