O Instituto GeoGebra de Galicia forma parte da Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA)
IGG-AGAPEMA
Departamento de Pedagoxía e Didáctica
Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña, s/n 15071 – A Coruña, Spain
O Presidente proposto para o Instituto GeoGebra de Galicia é o profesor Enrique de la Torre Fernández, Profesor Titular de Educación Matemática na Universidade da Coruña.
Os principais obxectivos do Instituto GeoGebra de Galicia son:
- A difusión do GeoGebra.
- A organización de cursos para ensinar o uso do GeoGebra na clase e adestrar novos usuarios e futuros formadores.
- A organización de encontros e seminarios para presentar, compartir e discutir o uso do GeoGebra.
- O desenvolvemento, avaliación e mellora dos materiais GeoGebra e o seu uso na aula.
- A deseño e a realización de proxectos de investigación e/ou desenvolvemento sobre o GeoGebra.
- O apoio aos usuarios GeoGebra.
- A certificación dos distintos niveis de competencia en GeoGebra.
Páxina web GeoGebra
No hay comentarios:
Publicar un comentario