13 nov 2010

A Sagrada Familia

Marabillosa xeometría

(Foto da Voz de Galicia)

Antonio Gaudí proxectou a Sagrada Familia combinando formas xeométricas, elixidas polas súas calidades estruturais, lumínicas, acústicas...: para iso utilizou cuádricas (hiperboloides, paraboloides e elipsoides), helicodes e conoides. O feito de deseñalas coma superficies regradas facilita a súa construción.

O hiperboloide é unha superficie xerada por unha hipérbole que xira arredor dun círculo ou elipse. Nas bóvedas e ventás, o hiperboloide queda limitado por uns estrelados creados con estas liñas rectas. As bóvedas e as ventás son interseccións entre hiperboloides, enlazados con paraboloides grazas a rectas comúns a dúas superficies.

O paraboloide hiperbólico é unha superficie alabeada de seccións parabólicas que é o resultado do desprazamento dunha liña recta enriba de outras dúas que se cruzan no espazo.

O helicoide é unha superficie regrada xerada por unha liña recta que xira segundo unha espiral arredor dun eixe vertical. Con helicoides inventou unha columna nova: a columna de dobre xiro.
O conoide é unha superficie formada por unha recta que se despraza enriba de outra recta e sobre unha curva, por exemplo unha sinusoide. Utilizounos nas cubertas das escolas parroquiais.
O elipsoide é un sólido no que todas as seccións planas son elipses. Utilízase para os nós ou capiteis que subdividen as columnas inferiores en ramas.

Gaudí tamén desenvolveu un sistema de proporcións aplicado a todas as dimensións e todos os elementos do templo.

Para saber máis: A Sagrada Familia-Xeometría

E agora unha visita virtual ao interior do templo:


No hay comentarios:

Publicar un comentario