Mostrando entradas con la etiqueta obxectos cotiás. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obxectos cotiás. Mostrar todas las entradas

15 dic 2011

Reloxos binarios

Porque hai "10 tipos de persoas" (!?), os que saben binario e os que non saben.

Un reloxo binario utiliza o código binario para o cálculo de horas, minutos e segundos. Para iso utiliza uns LED's que ao iluminarse sinala unha potencia de 2, segundo a táboa:


Esto permite, sumando os valores dos LED's iluminados, representar un número entre 1 e 63, o que resulta suficiente para representar horas (1-24), minutos (1-60) ou segundos (1-60).

Aquí tes varios modelos:
  • Este modelo utiliza a serie (32-16-8-4-2-1) para os minutos e a serie (8-4-2-1) para as horas,

2 nov 2011

Eleccións Xerais 2011

Unha actividade para alumnos de bacharelato para ir preparando as eleccións.

Aquí tes unha actividade para preparar as eleccións xerais que se celebrarán o 20 de Novembro.
Se consegues rematala poderás contestar a estas preguntas:
  • Como se sabe o número de deputados a elixir por provincia?
  • Por que A Coruña perde un deputado (pasa de 9 a 8)?
  • Cales son as provincias perxudicadas por este sistema?
  • Que provincias gañarían máis deputados, se o reparto fora directamente proporcional?
  • ...
E despois das eleccións?
  • Cal é o sistema de reparto segundo os votos obtidos?
  • Como funciona a lei D'Hont?
  • Inflúe ou non a cota inferior do 3% para poder optar a deputados?
  • O sistema de reparto mediante a Lei D'Honte é xusto?
  • E moitas cousas máis...

2 abr 2011

5º poster de obxectos matemáticos cotiás

Quinto póster con obxectos da nosa vida cotiá para descubrir as súas propiedades matemáticas.

Esta quinta proposta esta composta por:
  • Os anuncios que se ven nos partidos televisados a carón das porterías.
  • O contaquilómetros dun coche.
  • Lambonadas de regalicia.
  • Litotriptor extracorpóreo de ondas. (Aparato usado en hospitais para desfacer os cálculos renais).
  • Conxunto de arcos de A Pedrera (Casa Milá), de Antonio Gaudí.
  • Rosetón dunha igrexa.
Deixa as túas respostas en "comentarios".


Póster nº 1          Resolución do póster nº1

Póster nº 2          Resolución do póster nº2

Poster nº 3          Resolución do poster nº3

Poster nº 4          Resolución do poster nº4

Outros obxectos:

30 mar 2011

Resolución de obxectos matemáticos (4)

Poster nº 4 da colección de obxectos matemáticos da nosa vida cotíá.


Logotipo da Corporación Caixa Galicia

Este logotipo imita á curva Lemniscata, estudiada por Jacob Bernouilli.
O símbolo de infinito segue esta curva, usado por primeira vez polo matemático John Wallis.
Ver Etimoloxía de Lemniscata.

27 ene 2011

Obxectos matemáticos cotiás (4)

Cuarto póster con obxectos da nosa vida cotiá para descubrir as súas propiedades matemáticas.

Esta cuarta proposta esta composta por:
  • Logotipo da Corporación Caixa Galicia.
  • Un abanico.
  • A sinalización vial horizontal.
  • Logotipo de Oysho (unha tenda do grupo Inditex).
  • A fachada da Domus (A Coruña).
  • Os viais de saída ou acceso a unha autovía. 
Deixa as túas respostas en "comentarios".



Póster nº 1          Resolución do póster nº1

Póster nº 2          Resolución do póster nº2

Poster nº 3          Resolución do poster nº3

Outros obxectos:

Resolución de obxectos matemáticos (3)

3º poster de Obxectos matemáticos cotiás.

Máquina elíptica
Como podemos observar na seguinte foto (o código html da simulación en Geogebra parece incompatible con Blogger), o mecanismo dunha máquina elíptica consta dun émbolo, un de cuxos extremos recorre unha circunferencia e o outro extremo recorre un segmento, que contén un punto P (onde se apoia o pé) que descrebe unha elipse.


 

27 dic 2010

Capacidade das botellas

Temos unhs grande variedade de capacidades nas botellas de auga, coca-cola, cervexas... e algunhas aínda teñen nome popular como podedes ver na seguinte táboa onde aparecen algúns tamaños de botellas de cervexa cos nomes coñecidos,

Sen embargo, hai unha grande variedade de capacidades de botellas de champagne e viños con nomes moi sonoros e descoñecidos para a maioría da xente.

21 dic 2010

A xeometría da escultura de Monelos

Artigo de Enrique Pujales en Hipatia


Foto tomada de flickr
Enrique Pujales é profesor de matemáticas do IES Fernando Wirtz e coordinador do boletín de divulgación matemática, Hipatia, que presenta un artigo titulado A xeometría na escultura de Monelos, que non podedes deixar de ler.



A revista pódese baixar do enderezo do IES Fernando Wirtz.

Na foto do IES Neira Vilas (Oleiros) aparece Enrique Pujales nunha conferencia sobre Matemáticas e superstición.



e na seguinte foto da Opinión, aparece Enrique Pujales á dereita, xunto a Pancho Fontenla, Gonzalo Temperán e Santiago López Arca, na actividade Os luns con ciencia: Fórmulas estimulantes, novos medios para divulgar matemáticas, celebrada na Domus como presentación dos boletíns de divulgación matemática que se editan na Coruña: Hipatia, Mathesis e Tetractis.

20 dic 2010

3º póster de obxectos matemáticos cotiás

Terceiro póster con obxectos da nosa vida cotiá para descubrir as súas propiedades matemáticas.

Esta terceira proposta esta formada por:
  • unha máquina elíptica (Por que se chamará así?),
  • o obxectivo dunha cámara fotográfica,
  • un enxame de abellas,
  • o tendido eléctrico do tranvía,
  • unha margarida 
  • a lámina de Leonardo da Vinci, "O home de Vitrubio".
Deixa as túas respostas en "comentarios"


Póster nº 1          Resolución do póster nº1

Póster nº 2          Resolución de póster nº2

Outros obxectos:

Resolución de obxectos matemáticos 2

2º Póster de Obxectos Matemáticos cotiás
Cociña solar
A cociña solar ten a forma dun paraboloide e a pota estaría situada no seu foco, e polo tanto, cumpre as propiedades ópticas da parábola, que xa vimos no 1º póster de obxectos matemáticos.

13 dic 2010

Medidor de pasta

Aquí podes ver diversos modelos dun utensilio de cociña, que se emprega para medir a cantidade de espaguettis que hai que votar na ola, dependendo do nº de comensais.

Todos os modelos teñen en común unha serie de círculos de diferente diámetro.
Estiven analizando o que teño na miña casa e calculei o diámetro do círculo correspondente á porción que lle correponde a unha persoa, poderías completar a táboa seguinte?
Ten en conta que para dúas persoas terá dobre área. ¡Pero non dobre diámetro!

Deixa as túas respostas en comentarios

11 dic 2010

Anamorfose dun cubo

Para saber máis de anamorfose podes consultar:

9 dic 2010

Prefixos das potencias binarias

Utilízanse no campo da tecnoloxía da información.
Os prefixos SI representan estrictamente potencias de 10.
Non se deben utilizar para expresar potencias de 2 (por exemplo, un kilobit representa 1000 bits e non 1024 bits).
Os prefixos adoptados para as potencias binarias non pertencen ao SI.
Os nomes e símbolos utilizados para os prefixos das potencias binarias son:

Para facer os cálculos,  con exactitude, na actividade Mentiras e matemáticas deberías empregar estas unidades; aínda que de maneira aproximada podes utilizar as do SI (Sistema Internacional).
Para saber máis podes consultar as Unidades legais de medida.

1 dic 2010

Recibos e IVE

Un simple recibo xenera grandes problemas.

Recuperamos e actualizamos, aos novos tipos de IVE, unha actividade que xa foi publicada, hai uns anos, no boletín Tetractis.

Trátase do recibo de compra dos Supermercados Gadis (seguro que hai outros que traen a información que permite traballar coma esta actividade, Lidl...).

Como podedes observar na parte baixa do tique de compra, aparecen englobados os artigos comprados por diferentes tipos de IVE; pois ben, trátase de adiviñar, cal é o tipo de IVE de cada produto?
A actividade considérase adecuada para 2º ciclo de ESO ou Matemáticas aplicadas ás CC.SS. I

27 nov 2010

Obxectos matemáticos cotiás (2)

Segundo poster con obxectos da nosa vida cotiá para descubrir as súas propiedades matemáticas.


Esta segunda proposta está formada por:Cociña solar, foco de xardín, o cadro de Dalí: Semicunca xigante volando", o logotipo de Caixanova, unha botella de auga e unha piña dun piñeiro.
Deixa as túas propostas en comentarios


26 nov 2010

Resolución de Obxectos Matemáticos I

Resolución do primeiro poster proposto
Nesta nova sección de obxectos matemáticos na vida cotiá, propuxemos un primeiro poster con 6 obxectos dos que había que falar das propiedades matemáticas que teñen.

Algunhas destas propiedades son:

Caixa de ferramentas
A caixa de ferramentas utiliza a combinación de paralelogramos articulados para xuntar e separar os distintos departamentos da caixa. Notar que as barras laterais sempre se manteñen paralelas e incluso os lados imaxinarios que unen os vértices desas barras.

22 nov 2010

Suma solidaria: 12cm + 12€ = 14cm

Unicef acaba de presentar unha nova campaña contra a desnutrición.
A medición da circunferencia do brazo permite identificar a desnutrición.

Esta medición realízana coa particular cinta métrica da foto.

Os nenos entre 6 meses e 5 anos cunha circunferencia do brazo inferior a 11,5 cm sofren desnutrición aguda grave.

Coa campña, Unicef tenta sensibilizar á xente para que cunha donación de 12€, a circunferencia do brazo dun neno desnutrido pasaría de 12 a 14cm.

Responde:

Cal é o raio e o diámetro dun brazo de 12cm de circunferencia?

Que incremento ten o diámetro ao pasar de 12 a 14cm de circunferencia?

13 nov 2010

A Sagrada Familia

Marabillosa xeometría

(Foto da Voz de Galicia)

Antonio Gaudí proxectou a Sagrada Familia combinando formas xeométricas, elixidas polas súas calidades estruturais, lumínicas, acústicas...: para iso utilizou cuádricas (hiperboloides, paraboloides e elipsoides), helicodes e conoides. O feito de deseñalas coma superficies regradas facilita a súa construción.

O hiperboloide é unha superficie xerada por unha hipérbole que xira arredor dun círculo ou elipse. Nas bóvedas e ventás, o hiperboloide queda limitado por uns estrelados creados con estas liñas rectas. As bóvedas e as ventás son interseccións entre hiperboloides, enlazados con paraboloides grazas a rectas comúns a dúas superficies.

O paraboloide hiperbólico é unha superficie alabeada de seccións parabólicas que é o resultado do desprazamento dunha liña recta enriba de outras dúas que se cruzan no espazo.

O helicoide é unha superficie regrada xerada por unha liña recta que xira segundo unha espiral arredor dun eixe vertical. Con helicoides inventou unha columna nova: a columna de dobre xiro.
O conoide é unha superficie formada por unha recta que se despraza enriba de outra recta e sobre unha curva, por exemplo unha sinusoide. Utilizounos nas cubertas das escolas parroquiais.
O elipsoide é un sólido no que todas as seccións planas son elipses. Utilízase para os nós ou capiteis que subdividen as columnas inferiores en ramas.

Gaudí tamén desenvolveu un sistema de proporcións aplicado a todas as dimensións e todos os elementos do templo.

Para saber máis: A Sagrada Familia-Xeometría

E agora unha visita virtual ao interior do templo:


5 nov 2010

Índice de masa corporal (IMC)

Índice de masa corporal (IMC), body mass index (BMI) ou índice de Quetelet é a relación entre o peso (en kg) e o cadrado da estatura (en metros) dunha persoa e trata de medir o seu grao de obesidade, segundo o valor nunha táboa determinada.


Este índice foi ideado, en 1870, polo matemático, estatístico belga Lambert Adolphe Jacques Quételet.
Sen embargo, é bastante problemático utilizar este índice en adolescentes, debido á súa variación, como demostra os seguintes gráficos de percentís do IMC para adolescentes
.

1 nov 2010

Que é unha xunta tórica?

Unha xunta tórica podería ser unha destas opcións:
  • O goberno do pobo tórico, un pobo da antiga Grecia.
  • Unha xunta, pero en vez de ser de bois, de touros.
  • Terá que ver coa xeometría?

Averíguao en xunta tórica, toro, toroide