29 oct 2010

TANGRAM


Aquí tedes unha boa páxina para traballar o tangram on line.

Se ademais dispoñes de pizarra dixital, a actividade gostará moito:

Para saber algo máis sobre o tangram

28 oct 2010

A Coruña vista con ollo matemático

Unha exposición do ano 2004

Recuperamos a exposición "A Coruña vista con ollo matemático", que foi o resultado dun Seminario Permanente levado a cabo no IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña) no ano 2004.
Está composta de 14 carteis con títulos coma: números, cónicas, curvas, prismas, pirámides, rosa dos ventos, cuádricas, rosetón e sólidos de revolución con fotografías de obxectos cotiás, espazos, arquitectura... da cidade da Coruña.

27 oct 2010

QUE CURIOSO!

Unha nova sección en TETRACTIS


O número 40337956 pódese escribir como:



A quen se lle ocorre isto? Ou, foi por casualidade?

EL ALGEBISTRA, UN TANGO

EL ALGEBRISTA

Letra de Enzo R. Gentile
Música del tango "Mano a mano".

Algebrista te volviste
refinado hasta la esencia
oligarca de la ciencia
matemático bacán.

Hoy mirás a los que sudan
en las otras disciplinas
como dama a pobres minas
que laburan por el pan.

¿Te acordás que en otros tiempos
sin mayores pretensiones
mendigabas soluciones
a una mísera ecuación?

Hoy la vas de riguroso
revisás los postulados
y junás por todos lados
la más vil definición.

Pero no engrupís a nadie
y es inútil que te embales
con anillos, con ideales
y con álgebras de Boole.

Todos saben que hace poco
resolviste hasta matrices
y rastreabas las raíces
con el método de Sturm.

Pero puede que algún día
con las vueltas de la vida
tanta cáscara aburrida
te llegue a cansar al fin.

Y añores tal vez el día
que sin álgebras abstractas
y con dos cifras exactas
te sentías tan feliz.



http://www.rinconmatematico.com

25 oct 2010

MATEMATICALIA

Boletín dixital de divulgación matemática

Matematicalia, revista dixital de divulgación matemática, dirixida a un público o máis amplo posible e pretende introducir aos seus lectores na beleza e aplicacións prácticas das matemáticas, sacando o máximo partido de Internet como medio para a publicación de materiais que conteñen gráficos dinámicos e a toda cor, hipervínculos internos e externos a recursos relacionados, applets en Java, Flash, Shockwave outras linguaxes, clips de audio e vídeo, e outras posibilidades propias da Rede. A linguaxe de publicación é o castelá.

Cada volume de Matematicalia comprende un ano natural e ata xaneiro de 2010, constaba de cinco números que aparecían nos meses de febreiro, abril, xuño, outubro e decembre do ano correspondente. Desde xaneiro de 2010, cada volume consta de catro números, que se publican nos meses de marzo, xuño, setembro e decembro. As seccións de cada número son as seguintes:

Ciencia, Comunicación, Cultura, Economía, Educación, Internacional, Multimedia, Nacional, Sociedade, Tecnoloxía, Pasatempos, Momentos Matemáticos / Humor

Pódese visitar en Matematicalia

24 oct 2010

Boletín da Titulación de Matemáticas da UAL

A titulación de Matemáticas da Facultade de Ciencias Experimentais da Universidade de Almería presenta esta revista de divulgación matemática dirixida ao profesorado de Ensinanza Secundaria e Universitario, ao alumnado de Bacharelato e, por suposto, aos estudantes da Titulación de Matemáticas.
Nace no curso 2007-08 e publica tres números por curso.

Pódese atopar no enderezo: http://boletinmatematico.ual.es/

Aquí pódese ver o último número:

Tetractis na wikipedia galega

Actualizouse unha entrada do ano 2008

Tetractis xa ten unha entrada na wikipedia galega (Galipedia) que podes ver no enderezo:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Tetractis


22 oct 2010

A Feira Matemática estrea nova web

http://agapemacoruna.com/feiramatematica

A Comisión organizadora da Feira Matemática está comezando a preparar a súa V edición con algunhas novidades:

  • Celebrarase o sábado 21 de maio de 2011.

  • A nova sede será PALEXCO.

  • Estará dedicada a "Matemáticas e Química", xa que o Día Escolar das Matemáticas levará ese título, porque o ano 2011 será o Ano Internacional da Química.


Esta é carta que esta chegando a todos os centros de ensino.



Así que, Anímate e Participa

Morre Benoit Mandelbrot

O pai da matemática fractal
Coa súa muller e coa compañeira, Alicia Pedreira Mengotti, en Madrid no ano 2006
O matemático polaco,
Benoit Mandelbrot, (nacionalizado francés e norteamericano) morreu o pasado xoves 14 de outubro, aos 85 anos, en Cambridge (Massachusetts, Estados Unidos), debido a un cáncer de páncreas, segundo confirmou a súa muller Aliette ao diario The New York Times.

Mandelbrot está considerado o principal responsable da teoría dos
fractais, conceptos matemáticos con aplicacións en física, bioloxía ou economía.

Ver a noticia en :
País, O Periódico de Cataluña, BBC Mundo, O Ideal Dixital

Entrevista de Punset a Mandelbrot

21 oct 2010

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Celébrase o 4 de novembro de 2010

AGAPEMA, ENCIGA, APTEGA, IGACIENCIA, A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística (ENDL) súmanse á proposta de celebrar o 4 de novembro de 2010 como o Día da Ciencia en Galego, que vai a esta dedicado a


Ramón María Aller
James Clerk Maxwell
Afonso X o Sabio

As actividades a realizar figurar na páxina:

http://www.cienciaengalego.org/

e a proposta xeral e construir un papaventos, estudar o seu funcionamento e a súa historia.
Na páxina web da convocatoria hai numerosos enlaces sobre construcción, historia, funcionamento, etc.


Por exemplo, a historia pódese consultar na páxina de Sotavento Galicia

Pola nosa parte, construiremos papaventos tetraédricos, seguindo o modelo de Alexander Graham Bell, que propón Juan Miguel Suay Belenguer, e que podedes ver a continuación:


19 oct 2010

CONCURSOS LITERARIOS RSME-ANAYA

A Real Sociedade Matemática Española convoca a sexta edición dos Concursos Literarios de Narracións Escolares e Relatos Curtos RSME-ANAYA.
Os traballos poderán presentarse en calquera das linguas oficiais do Estado Español e a data límite para a entrega de traballos será en decembro.


Para saber máis

Concurso de Narracións 2010
Concurso de Relatos Curtos 2010.

15 oct 2010

Día Mundial da Estatística


Nacións Unidas declarou o 20 de outubro de 2010 (20-10-2010) o día Mundial da Estatística que SGAPEIO (Sociedade galega para a promoción da estatística e da investigación de operacións) celebra cunha programación de actividades que podes consultar na súa páxina web:
www.sgapeio.es/dia_mundial.html

A Estatística é unha ferramenta básica que forma parte indiscutible da cultura media do cidadán, xa que non se pode comprender axeitadamente o mundo actual sen habilidades mínimas de razoamento en condicións de incerteza. É tamén un instrumento imprescindible na investigación científica, na que o método estatístico forma parte esencial da contrastación e validación do avance do coñecemento.

Tetractis 46

Sumario:

Día da Ciencia en galego: 4 de novembro.
Día Mundial da Estatística: 20-10-2010.
Obxectos matemáticos cotiás.
A ponte do Pedrido: un obxecto do no noso contorno.
Parámetros estatísticos en catro calculadoras CASIO.
Instituto Galego de Estatística (IGE).

12 oct 2010

POTENCIAS DE 10

Un vídeo clásico para mostrar as potencias a unha clase de 3º ESO.
Sen embargo, hai que advertir que o narrador comete un erro ao confundir adxectivos partitivos (onceava e doceava) con ordinais (undécima e duodécima), que é como deberían ser as potencias



e unha demo do vídeo "Belén e a xeometría"

10 oct 2010

A PONTE DO PEDRIDO

Unha ponte con 13 arcos (10+3) parabólicos laterais máis un central atirantado

Inaugurouse no ano 1943 e constituíu un fito na enxeñería civil en España, xa que o seu arco central era o terceiro, a nivel mundial, con maior luz.

Está formado por 13 arcos laterais onde a súa curva directriz é unha cuártica (función polinómica de grao catro - parábola de cuarto grao, para o autor)


A curva debuxada por un programa informático sería:
O arco central é atirantado e montouse en tres tramos:



A curva directriz do arco central era unha parábola, que se alterou finalmente:

Publicacións (1944) de Cesar Villalba Granda na Revista de Obras Públicas:

Cimentacións e Arcos da Ponte do Pedrido

Noticia na Voz de Galicia: Un hito de la ingeniería en horas bajas

TETRACTIS AO CUBO

Hoxe é 10-10-10 (10 de outubro de 2010), é dicir, Tetractis ao cubo.

Tetractis é o número sagrado dos pitagóricos, o 10, que encerra as catro dimensións (punto, recta, plano e espazo).

3 oct 2010

GREGORI PERELMAN

Reportaxe sobre Gregori Perelman e a Conxetura de Poincaré nas páxinas centrais do períodico El País
Grisha por los puentes de Königsberg

Máis sobre Perelman no País

OBXECTOS MATEMÁTICOS COTIÁS

Unha nova sección en Tetractis



Abrimos unha nova sección co obxectivo de estimular o recoñecemento das propiedades en obxectos da vida cotiá: no fogar, no deseño urbano e industrial, na arquitectura, na arte, na natureza...


Comezamos con seis obxectos que podes observar:


Deixa as túas ideas no blogue

1 oct 2010

Un reloxo solar no IES Mugardos

Un deseño do matemático italiano Alberto Cintio

O luns, día 4 de outubro, o sacerdote, profesor de matemáticas e ciencias italiano, Alberto Cintio e grande afeccionado á astronomía, asistirá á inauguración do reloxo de sol do IES de Mugardos.
O reloxo é o terceiro deste tipo que se instala na provincia da Coruña (xunto ao da igrexa de Ares e do IES Elviña) deseñado por este profesor italiano.

O funcionamento do reloxo pódese ler no seguinte documento que nos remite a nosa colega de matemáticas e directora do IES Mugardos, Covadonga Rodríguez-Moldes,



Nas seguintes fotografias, tamén remitidas pola directora do IES Mugardos, pódese observar ao profesor italiano no momento que toma medidas para deseñar o reloxo.



INGRID DAUBECHIES

Presidenta da Unión Matemática Internacional (UMI)

A Primeira Presidenta da UMI é unha muller belga, de 55 anos, física de formación e catedrática de matemáticas na Universidade de Princenton.
Traballa en Matemáticas aplicadas, experta en wavelets, unha ferramenta usada no formato informático de imaxes JPEG.

Entrevista no País