31 ene 2012

3ª xornada do Open Matemático

Problemas da 3ª xornada do Open Matemático.

Tres regalos en forma de esopías

O profesor José Manuel Ramos (IES A Xunqueira I, Pontevedra) deixounos estas preciosas esopías:

Así é como o profe apréndeme as esopías:
Verba con verba, proxecta coordinar
tódalas axeitadas, con as que consigas,
pero sempre pi deberá reto ser.

Vas a tres y tomas decimales, pi mágico.
Surge así fácil, incólume, grandiosa mantisa.
Asombrado, tal es ese misterio,
digo, número pi: cogito ergo sum.

Ves a once y dices: siguiente es docena.
Miras los conos, círculos, geometría curvada,
cilindros, con tu ojo euclideo mira surgir pi dentro.
Esta ahí.

J.M. Ramos é colaborador deste blog (Artigo: Cine e matemáticas) e foi un dos gañadores do III Certame de Matmonólogos co monólogo: Cinco números.

22 ene 2012

Tetractis 59

Sumario:

V Certame de Matmonólogos

O IES Monelos e o boletín de divulgación matemática TETRACTIS convocan o V certame de matmonólogos.

2ª xornada do Open Matemático

Problemas da 2ª xornada do Open Matemático

21 ene 2012

Datas de actividades

Datas das actividades relacionadas co Departamento de Matemáticas do IES Monelos.

1ª xornada do Open Matemático

Problemas da 1ª xornada do Open Matemático

18 ene 2012

I Concurso de esopías

Esopía e un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.

O concurso está dirixido ao alumnado e persoal do IES Monelos, pero é exportable a calquera centro, co fin de celebrar o Día Pi (14 de marzo).
De todas maneiras, podes deixar as túas esopías en comentarios.



9 ene 2012

Comeza o Open Matemático

O Open Matemático é un concurso de resolución de problemas de Matemáticas onde:
  • Os problemas pódelos resolver na túa casa e poñer as solucións, nas datas indicadas, na urna que se habilitará na entrada do instituto.
  • Desenvólvese en 7 xornadas mediante un sistema de liga de resolutores de problemas.
  • Cada problema resolto valerá 2 puntos e nas sucesivas xornadas haberá que resolver: 4, 2, 3, 2, 3, 2 e 4 problemas, respectivamente.
As datas e horarios límite de entrega das solucións serán:

1ª xornada: Luns, 23 de xaneiro. Hora: 10:30 h.
2ª     "      : Luns, 30 de xaneiro.    "       "
3ª     "      : Luns, 6 de febreiro.     "       "
4ª     "      : Luns, 13 de febreiro.   "       "
5ª     "      : Venres, 17 de febreiro. Hora: 14:00 h
                  (Debido ao antroido)
6ª:    "      : Luns, 27 de febreiro. Hora: 10:30 h.
7ª     "      : Concentración: 1 de marzo ás 16:00 h.

PREMIOS

A NIVEL NACIONAL

CLASIFICACIÓN XERAL:
1º, 2º e 3º clasificados e mención especial para 4º, 5º e 6º


PREMIOS DE BELEZA
(forma orixinal, inxeniosa... á solución dun problema):
1º e 2º clasificados e mención especial aos 3º e 4º

NO CENTRO
  • Mellor puntuación de 1º ciclo.
  • Mellor puntuación de 2º ciclo.
  • Mellor puntuación de Bacharelato
E como conseguir os problemas?
  • Na conserxería do centro.
  • Por e-mail.
  • No blog TETRACTIS, a partir da 2ª xornada.

Resultados da Olimpíada Matemática

O alumno do IES Monelos, Rafael Ramos Rodríguez, recibe unha mención de honra.

Os gañadores da Fase Galega da XLVIII Olimpiada Matemática Española e que representarán a Galicia na Fase Nacional foron:

PRIMEIROS PREMIOS


Gonzalo Cao Labora
(3º ESO do IES Eusebio da Guarda da Coruña)

Carlos García Ling
(1º Bac do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago)

Óscar Rivero Salgado
(2º BAC do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia)

Consulta o resto do palmarés en Gañadores.

Consulta o resto das mencións de honra.