22 ene. 2012

V Certame de Matmonólogos

O IES Monelos e o boletín de divulgación matemática TETRACTIS convocan o V certame de matmonólogos.


Os participantes presentarán un guión cunha extensión máxima de mil palabras en lingua galega ou castelá. O tema deberá estar relacionado coas matemáticas. Deberán presentarse en formato DINA4, por unha cara, a dobre espazo, con corpo de letra de 12 puntos e encabezados polo título.

Establécense catro categorías nas que o xurado designará un gañador por categoría:
  • Alumnado de primaria e primeiro ciclo de secundaria.
  • Alumnado de segundo ciclo de secundaria e bacharelato.
  • Persoas, en xeral, cun mínimo de 18 anos e sen límite de idade.
  • Alumnado do IES Monelos.
O prazo de entrega dos relatos comeza o 1 de febreiro e remata o 2 de maio de 2012, ambos inclusive. Presentaranse no rexistro de entrada do IES Monelos ou enviarase mediante correo ao seguinte enderezo:

V Certame de Matmonólogos
Departamento de Matemáticas
IES Monelos
Rúa Montes, 62
15009 A Coruña

O xurado comunicará a selección dos guións aos autores antes do 7 de maio de 2012. A defensa farase, ben polo autor ben por un alumno do IES Monelos, nun acto que se celebrará na Aula Xurxo Lobato do IES Monelos o martes, día 15 de maio de 2012 ante un xurado que se formará para a ocasión.

Podes ver as bases:


ou a información sobre as pasadas edicións:

IV Certame de Matmonólogos
Convocatoria: cartel e bases
Difusión
Gañadores
Guións finalistas 
Álbum fotográfico

III Certame de Matmonólogos
Convocatoria: cartel e bases.
Gañadores.
Guións finalistas.
Álbum fotográfico

II Certame de Matmonólogos
Guións finalistas

I Certame de Matmonólogos
Guións finalistas
Vídeo dunha gañadora

ou visitar a sección dedicada a Monólogos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario