22 dic 2009

POLIEDROS

Unha enciclopedia dixital sobre poliedros.

A aplicación POLIEDROS, da que é autor o profesor de Debuxo Técnico e Artes Plásticas, Paulo Porta, é unha auténtica enciclopedia dixital sobre poliedros.

Esta aplicación foi premiada nos Premios Siega 2004 da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e está aloxada na páxina de contidos do Portal Educativo Galego.



Non deixes de visitar a páxina web do autor que amosa interesante.



Para acceder POLIEDROS




O PREZO DO MEXILLÓN

Mostraxes estatísticas nos nosos portos.

Poucas veces atopamos na vida cotiá exemplos claros e aplicacións como esta, que vos presento aquí, do cálculo do prezo do mexillón nos portos de Galicia.

O exemplo que mostro é unha presentación resumida dunha ponencia no Congreso de Agapema, celebrado en Santiago de Compostela.

Esta presentación mostra o cálculo do prezo do mexillón que se dedica á conserva; xa que o mexillón que vai destinado aos mercados para consumir fresco segue outras cotizacións e categorías.

Unha lección de estatística onde aparecen conceptos coma: elección dunha mostra, cálculo de índices estatísticos, porcentaxes, media aritmética, táboas de dobre entrada, intervalos, marcas de clase...

21 dic 2009

Tetractis 38

Sumario:

Tetractis xa é un blogue.
IX Aniversario de AGAPEMA: Charla de José Mª Barja.
Cropcircles: círculos nos sembrados. (Por Iván García Vázquez)
Cine: A habitación de Fermat. (Por Laura Pardo Varela)

17 dic 2009

Unha rúa para María Wonenburger



Na última Asamblea da Delegación de Agapema da Coruña acordouse solicitar do Concello da Coruña un nome de rúa para a insigne matemática María Wonenburger.

María Wonenburger foi a primeira española que recibiu a destacada
bolsa Fullbright para realizar o doutoramento en matemáticas.
Premio "Muller Ciencia-Arte" da Universidade da Coruña.
Socia de Honra da Real Sociedade Matemática Española.
O Premio María Wonenburger, creado pola Xunta de Galicia, premia ás mulleres galegas que destacan na Ciencia e na Tecnoloxía.

16 dic 2009

GRUPO OCTÓGONO

De esquerda a dereita: Manuel Pazos Crespo (Coque), Antonio González Lamelas, Santiago López Arca, Mercedes Vázquez Catoira, Alicia Vázquez Veiga, Marisol Pérez Blanco, Carmen Peñamaría Ramón (Miti) e Jesús Carballo Felpete.

O grupo Octógono comeza a súa andadura o 24 de outubro de 1995 como un grupo de traballo, segundo a convocatoria do CEFOCOP e durante uns dez anos representou a punta de lanza da Educación Matemática na zona da Coruña.
Na súa andadura pasou de pentágono, a hexágono (novembro, 1995), octógono (curso 1996/97) e ata chegou a ser eneágono (1999), coa incorporación puntual de Alfonso Vázquez Parcero, que non aparece na foto.

Algunhas das actividades realizadas foron:
· Estudio sobre Resolución de Problemas.
· Tradución e reelaboración das Probas de Cálculo Mental de El Quinzet.
Elaboración de materiais para Praxis.
· Elaboración de material didáctico para a aula sobre o Parque de Sta. Margarida.
· Participación na montaxe e desenvolvemento da exposición Matemáticas para Disfrutar.
· Participación nas actividades do Ano 2000 das Matemáticas.
· Presenza e participación nas III Xornadas de Matemáticas Recreativas (ano 1998).
· Elaboración das probas e organización das primeiras edicións da Olimpíada Galega de Matemáticas para 2º de ESO.
· Elaboración das probas e organización da totalidade das edicións do Rebumbio Matemático para 6º de Primaria.
· Dirección de obradoiros e relatorios varios nos centros de formación do profesorado e distintos centros de Galicia.
· Participación e protagonismo importante na creación de AGAPEMA e nas actividades relacionadas coa Asociación.







15 dic 2009

Charla de José María Barja

Para celebrar o IX Aniversario de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática) puidemos asistir a unha charla, que baixo o título de "Clases de restos...santos", impartíu o Reitor da Univerdidade da Coruña e socio de Agapema, José Mª Barja Pérez.

Enrique de la Torre, Delegado de Agapema en Coruña, presentando ao ponente José Mª Barja.


Na charla, Barja falou de calendarios, meses perversos, pontes perfectos no calendario e doutros conceptos e mostrou diversos feitos (teoremas) coma, por exemplo:

  • Ningún ano pode ter menos de un nin máis de tres martes-13 ou venres-13.

  • O día 13 cae, con máis frecuencia, en venres que en calquera outro día da semana.

  • O ano común finaliza no mesmo día da semana no que comezou.

  • A separación dos Anos Santos Composteláns (ASC) segue o ciclo 6-5-6-11, pero esto non ocorre no ano 2094.

  • Nun ASC so hai un venres-13 e dous se é bisesto.

  • Se o ano que segue a un ASC é común, contén unha ponte perfecta (a ponte da constitución cae en martes e xoves); isto ocorre no ano 2011.


13 dic 2009

Xeometría de papel

Fichas de construcción de figuras xeométricas publicadas en Tetractis

12 dic 2009

Xeometría no Cantón da Coruña

Cono e prismas para Nadal


Teremos un Nadal moi xeométrico grazas a árbore cónica e aos 11 prismas que colocou A Voz de Galicia cunha exposición de fotos do ano 2009.

Un momento para buscar datos da árbore e calcular a superficie que ocupan as lámpadas. Cal será a magnitude a calcular: volume, área lateral ou total?

Podes ver a nova na Voz de Galicia

11 dic 2009

XXII OPEN MATEMÁTICO

TORNEO ABERTO DE RESOLUTORES DE PROBLEMAS.

Acaba de presentarse a nova edición de Open Matemático (Torneo aberto de resolutores de problemas) que este ano estará dedicado ao Camiño de Santiago e que comezará o 11 de xaneiro de 2010.
Os carteis propostos para esta edición son:


O torneo desenvólvese ao longo de 7 semanas e en cada unha destas propóñense de 2 a 4 catro problemas.

Se queres saber máis podes consultar as bases de participación:

Fractais (e V)

10 dic 2009

XLVI OLimpiada Matemática Galega

Xa está aberto o prazo de inscripción da Fase Autonómica da XLVI Olimpiada Matemática Española , que convoca a Real Sociedade Matemática Española para o alumnado de Bacharelato.

A proba realizarase, na Facultade de Matemáticas de Santiago, o venres día 15 de xaneiro en dúas sesións: Mañá, ás 10:00 h e Tarde: 16:00 h.

Máis información na páxina web da Olimpiada Matemática Galega:

www.usc.es/olympia

9 dic 2009

67 VERSOS EN LEMBRANZA DE DADÁ

Juan Eduardo Cirlot

O un axeónllase docemente,
o dous ten as trenzas de papel,
o tres enche de prata os triángulos,
o catro non soluza,
o cinco non devora o firmamento,
o seis non di nada ás serpes,
o sete recóllese nas olladas,
o oito ten casas e cidades,
o novo canta ás veces con voz triste,
o dez abre os seus ollos no mar,
o once sabe música,
o doce alenta lámpadas,
o trece vive só nos faiados,
o catorce suprica,
o quince chama e grita,
o dezaseis escoita,
o dezasete busca,
o dezaoito queima,
o dezanove sobe,
o vinte voa ardendo polo aire,
o vinteún cae,
o vintedous agarda,
o vinte e tres adora os vestidos,
o vinte e catro sabe matemáticas,
o vintecinco maxia,
o vinteséis amor,
o vintesete guerra,
o vinteoito estrelas,
o vintenove lúa,
o trinta ten poutas de cerdeira,
o trinta e un flota,
o trinta e dous destrúe os aneis,
o trinta e tres anula os espazos,
o trinta e catro roxe,
o trinta e cinco vive lonxe,
o trinta e seis coñece a amargura,
o trinta e sete fulxe,
o trinta e oito baixa,
o trinta e nove quebra torres,
o corenta se expresa,
pero o corenta e un ten páxinas,
onde o corenta e dous atopa o seu espello,
onde o corenta e tres se esmiúza,
no corenta e catro aniñan tigres,
no corenta e cinco monumentos,
no corenta e seis hai unha espiga,
no corenta e sete distraccións,
detrás veñen corenta e oito pensamentos,
corenta e nove signos,
cincuenta cruces,
cincuenta e unha lágrimas,
cincuenta e dúas mulleres,
cincuenta e tres desertos,
cincuenta e catro pianos,
para cincuenta e cinco partituras,
para ciencuenta e seis sons,
ciencuenta e sete soles,
cincuenta e oito perlas,
cincuenta e nove bocas,
sesenta mortes,
sesenta e unha chagas,
sesenta e dúas pirámides,
sesenta e tres adeuses,
sesenta e catro dicionarios,
sesenta e cinco sentimentos,
sesenta e seis recordos,
sesenta e sete flores.

XII Premio Luís Freire de investificación científica para escolares


O Excmo. Concello da Coruña e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, convocan o XII Premio Luís Freire de investigación Científica para Escolares, en memoria do que foi gran botánico galego, premiando aqueles traballos e pequenas investigacións que se distingan pola orixinalidade e o rigor das súas formulacións e conclusións.

Fomentar actitudes positivas cara á ciencia, dando resposta, mediante a experimentación ou o traballo de campo, a cuestións que teñan relación con feitos ou procesos da nosa contorna máis inmediata e da vida cotiá.

O premio está dirixido aos alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio en Galicia, individualmente ou en grupos, como máximo de 5 alumnos.

Os alumnos que desexen participar, individualmente ou en equipo, deberán cumplimentar o boletín de inscrición e envialo ou entregalo na Casa das Ciencias antes das 12 horas do día 23 de decembro de 2009. Todos os boletíns deberán estar avalados pola firma dun profesor.
Cada participante pode presentar máis dunha pregunta, utilizando unha ficha para cada unha.

Máis información en Premio XII Luís Freire

7 dic 2009

6 dic 2009

IX ANIVERSARIO DE AGAPEMA


O vindeiro martes, día 15 de decembro, ás 20.00 h, celebrarase o IX Aniversario da fundación de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática). Para a súa celebración, AGAPEMA organiza unha charla na Aula-Taller de Matemáticas do IES Ramón Otero Pedrayo, baixo o título Clases de restos...santos, a cargo de José María Barja Pérez, Reitor da Universidade da Coruña.



A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) fixo a súa presentación, nun acto que se celebrou no Sporting-Club Casino da Coruña, en decembro do ano 2000.
A seguinte foto da Voz de Galicia do 17 de decembro de 2000, da conta da asamblea fundacional.



5 dic 2009

Fractais (III)

MATEPOSTERS


MatePosters constitúen unha colección de pósters sobre as matemáticas e as súas aplicacións que resumen o contido de diversos artigos publicados en Matematicalia, cunha ilustración alusiva. A maioría destes artigos están escritos por investigadores nacionais. Os MatePosters constitúen un recurso didáctico moi interesante, así como un material divulgativo para un público moi amplo.
A Real Sociedade Matemática Española (RSME) editou un CD-ROM cunha compilación dos 20 primeiros MatePosters.




Para ver a exposición:

Mateposters



4 dic 2009

Fractais (II)

CONCURSO DE RELATOS CURTOS RSME-ANAYA 2009

OBXECTIVO do CONCURSO
O concursante presentará un relato curto, de tema libre, relacionado coas matemáticas (na forma que o autor considere oportuna). O relato deberá ser orixinal e inédito e non poderá ter sido premiado en ningún outro concurso, nin poderá ser presentado a ningún outro concurso mentres este permaneza aberto.

PREMIOS
Establécese un Primeiro Premio dotado con 1000 Euros e dous Accésit dotados de lotes de 15 libros.

CONCURSANTES
Poderá participar calquera persoa sen distinción de idade ou nacionalidade. As narracións poderán vir redactadas en calquera das linguas oficiais do Estado. Cada concursante poderá enviar o número de orixinais que desexe.

PRAZOS DE ENTREGA e FALLO do CONCURSO
Os traballos deberán remitirse a:
Raúl Ibáñez Torres ( Vicepresidente segundo da RSME)Departamento de Matemáticas, Facultad de Ciencia y TecnologíaUniversidad del País VascoApdo. 644, 48080 Bilbao
antes do 31 de decembro do ano 2009.

Máis información aquí

CONCURSO DE NARRACIÓNS ESCOLARES RSME-ANAYA 2009

OBXECTIVO do CONCURSO

O obxectivo fundamental deste concurso é a popularización das matemáticas entre os mozos, fomentando o seu interese por esta ciencia, pola súa historia e os seus protagonistas. Ademais, ten a finalidade de transmitir aos mozos, e por extensión a toda a sociedade, que as matemáticas son parte da historia e a cultura do home.

O concurso consiste na presentación dun relato de ficción baseado nun resultado matemático, un personaxe relacionado con esta ciencia ou unha situación onde afloran as matemáticas. Trataríase de mostrar algunha destas cuestións a través da ollada crítica e imaxinativa do autor da narración.

PRÉMIOS

Establécense dous Primeiros Premios dotados de 500 Euros, dous Segundos Premios dotados de 250 Euros e cinco Accésit dotados de lotes de 10 libros.

CONCURSANTES

Poderán participar os mozos e as mozas que a 31 de decembro de 2009 sexan maiores de 12 anos e menores de 18.

Máis información aquí

1 dic 2009

Momentos matemáticos


Momentos matemáticos (Mathematical Moments) é unha colección de posters divulgativos editados pola American Mathematical Society (AMS) para promover o coñecemento do papel relevante que as matemáticas desempeñan na ciencia, a natureza, a tecnoloxía e a cultura.
Tetractis traducira algúns dos posters (Tetractis nº 5 e nº 6) e agora a Real Sociedade Matemática Española edita un CD-ROM cunha compilación dos 56 primeiros posters, que se poden ver na páxina web:

Momentos Matemáticos