Podes ver un vídeo da Feira Matemática na TVG
Mostrando entradas con la etiqueta Feira Matemática. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Feira Matemática. Mostrar todas las entradas
24 may 2012
Álbum de fotos da Feira Matemática
Álbum de fotos da VI Feira Matemética celebrada o 12 de maio en Palexco (A Coruña).
Podes ver un vídeo da Feira Matemática na TVG
Podes ver un vídeo da Feira Matemática na TVG
Etiquetas:
Feira Matemática,
Fotografía
10 may 2012
Programa da Feira Matemática
Programa de actividades da VI Feira Matemática que se celebra este sábado, 12 de maio, en PALEXCO, desde as 11:00h ata as 19:00h
Etiquetas:
Eventos,
Feira Matemática
17 abr 2012
VI Feira Matemática
A Feira matemática celebrarase o sábado, 12 de maio, en PALEXCO (A Coruña), para festexar o Día Escolar das Matemáticas, que conmemora o nacemento do matemático Pedro Puig Adam.
Este ano celébrase baixo o lema: Matemáticas e economía: vantaxes da cooperación, xa que o ano 2012 foi declarado pola ONU como Ano Internacional das Cooperativas.
Aquí tedes o cartel e o tríptico:
Máis información en Agapema Coruña
Este ano celébrase baixo o lema: Matemáticas e economía: vantaxes da cooperación, xa que o ano 2012 foi declarado pola ONU como Ano Internacional das Cooperativas.
Aquí tedes o cartel e o tríptico:
Máis información en Agapema Coruña
Etiquetas:
Eventos,
Feira Matemática,
Novas
23 may 2011
Álbum de fotos da Feira Matemática
As fotos da xornada celebrada o sábado, 21 de maio, en Palexco.
Etiquetas:
Feira Matemática
22 may 2011
O IES Monelos na Feira
O IES Monelos estivo presente na V Feira Matemática, celebrada o sábado 21 de maio en Palexco, e ofreceu 3 stand con diversas actividades:
Stand nº 1: Xeometría de papel
Stand nº 2: Actividades de estatística e probabilidade:
Stand nº 1: Xeometría de papel
Stand nº 2: Actividades de estatística e probabilidade:
- Agulla de Buffon.
- Simulación do movemento dun borracho (Movemento aleatorio).
- Proporción de peixes nunha piscifactoria.
- Método de Montecarlo:
- Coa actividade π-dardo
- Con números aleatorios, que se preguntaban aos visitantes.
Stand nº 3:
- Obxectos matemáticos cotiás.
- Are you en π?
- π-days.
Ademais:
- Presentacións: O prezo do mexillón, Anamorfose.
- Matmonólogos.
- Boletín de divulgación matemática, Tetractis.
Etiquetas:
Feira Matemática
A Feira Matemática na TVG
A Televisión de Galicia fíxose eco da Feira Matemática celebrada na Coruña, e na nova de informativos aparece, Zaira, alumna de 3ºESO A, comentando as actividades dun dos stands do IES Monelos: Are you en π e Cantos π-anos cumples (π-days)?
Etiquetas:
Feira Matemática
Feira Matemática
Non puidemos facer a "feira en directo".
Debido a que a rede wifi de Palexco filtra a entrada a blogues, redes sociais..., onte non puidemos realizar a actividade "A Feira en directo", tal como prometimos.
Non iamos preparados para tal suceso. ¡Outra vez será!.
Iremos colgando en sucesivas entradas todo o material elaborado: fotografías, entrevistas...
¡Sentímolo!

17 may 2011
V Feira Matemática
O vindeiro sábado, 21 de maio, celébrase a V Feira Matemática en PALEXCO ( A Coruña), co seguinte programa de actividades:
Programa (Díptico)
ou cartel
Programa (Díptico)
ou cartel
Etiquetas:
Feira Matemática,
Novas
24 mar 2011
Conseguimos os 1000 grous!
Como xa anunciabamos nunha entrada anterior, titulada 1000 grous, hoxe celebramos esta actividade co obxectivo de solidarizarnos co pobo xaponés ante o cúmulo de desgrazas que están a padecer.
A profesora, Alicia Pedreira, elaborou o cartel que aparece a continuación
e xunto cos alumnos da súa titoría, que por un día fixeron de monitores, ensinaron aos demais alumnos como se fan os grous.
Así que, pouco a pouco, fóronse completando máis de 50 tiras de 20 grous, que se colgaron no distribuidor do noso centro.
Aquí tedes unha selección de fotografías que dan conta da actividade:

Papiroflexia
3 feb 2011
V Feira Matemática
Celebrarase o sábado, 21 de maio de 2011, no Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña(PALEXCO).
A V Feira Matemática xa está en marcha; a continuación podes ver o cartel e tríptico que pronto chegará a todos os centros.
A Feira Matemática está organizada por AGAPEMA Coruña e celébrase para conmemorar o Día Escolar das Matemáticas, que este ano leva o lema: As Matemáticas da Química.
Máis información en Feira Matemática.

22 oct 2010
A Feira Matemática estrea nova web
http://agapemacoruna.com/feiramatematica
A Comisión organizadora da Feira Matemática está comezando a preparar a súa V edición con algunhas novidades:

A Comisión organizadora da Feira Matemática está comezando a preparar a súa V edición con algunhas novidades:
- Celebrarase o sábado 21 de maio de 2011.
- A nova sede será PALEXCO.
- Estará dedicada a "Matemáticas e Química", xa que o Día Escolar das Matemáticas levará ese título, porque o ano 2011 será o Ano Internacional da Química.

Esta é carta que esta chegando a todos os centros de ensino.
Así que, Anímate e Participa
Etiquetas:
Feira Matemática,
Novas
12 jun 2010
Feira Matemática
Memoria dunha xornada
Artigo de Manuel Pazos Crespo (Coque), membro do comité organizador da Feira Matemática, para o nº 10 da revista Gamma de Agapema.
Artigo de Manuel Pazos Crespo (Coque), membro do comité organizador da Feira Matemática, para o nº 10 da revista Gamma de Agapema.
Etiquetas:
Feira Matemática,
Novas
18 may 2010
Tamén nos visitou o Director do noso instituto
Ramón Martínez (Director do IES Monelos)
1.- ¿Que pensas da feria matemática?
Opino que as feiras monográficas son estupendas para os estudantes, normalmente acodo a todas as que podo, como por exemplo, a recentemente celebrada no parque de Santa Margarita a ciencia na rúa.

2.-¿Que opinabas de neno das matemáticas?
Gustábanme moito porque descubría cousas diferentes, como a álxebra ou a xeometría, que me encantaba. Axudaban a entender a vida, que era diferente a de agora. Tamén hei de engadir que as matemáticas de entón eran menos rebuscadas que as de agora.
Marta Sobrino e Paloma Tarrío
Etiquetas:
Feira Matemática
15 may 2010
O Alcalde da Coruña no noso stand
Entrevistamos ao Alcalde da Coruña, Sr. Javier Losada de Azpiazu ao seu paso polo nos stand
-¿Que opina da feira matemática?
Como xa adiantei no meu discurso, opino que as matemáticas son cultura, e que ademáis son universais. Con elas pódeste comunicar no mundo enteiro, independentemente do idioma, o territorio, a cultura ou maneira de pensar.
Que opinaba de neno das matemáticas?
Pasábao moi mal, pero pola forma en que se nos ensinaban. As matemáticas eran un libro enorme, e o seu aprendizaxe non era nada agradable. Logo cambia.
Marta e Paloma

O Rector da Universidade visita o stand do IES Monelos
Entrevistamos ao Rector da Universidade da Coruña (Profesor de Matemáticas), José María Barja.
¿Que opina da feira das matemáticas?
Que é unha sorte que existan, hai que defendelas, porque a pesar de que as ciencias como a física ou a química son importantes, a matemática é a súa base, algo que non se debe olvidar. As matemáticas son algo máis que sumar, algo que a xente tende a olvidar.
¿Que opinaba de neno das matemáticas?
Non era un forofo, pero me gustaban. Na miña familia os meus pais e avós eran de dereito, pero os meus irmáns e máis eu fomos por ciencias.
Por certo teño que dicir que, na Feira Matemática, expoño un vídeo sobre Anos xacobeos...
Marta Sobrino, Paloma Tarrío

A Decana da Facultade de Matemáticas visita a Feira
Entrevistamos á Decana de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, Victoria Otero Espinar

1.¿Que opina desta feira?
Pareceme interesantísimo todo o que se fai aquí. Consegues ver os alumnos motivados e tamén atopaste cun punto de vista diferente das matemáticas.
2.-¿Pódese atopar ese punto de vista na universidade?
Por suposto que si. Se te lembras das chocomates aí atoparas á universidade, que as organizou.
(Foto de Enrique de la Torre)
" Tamén hei de comentar que este ano realízase un pequeño campamento matemático que consiste en pasar unha semana en Braga e outra en Santiago de Compostela, dirixido aos alumnos de 1º de bach.

Para máis información buscar na páxina: http://www.matcampus2010.org/"
Por Marta e Paloma
Etiquetas:
Feira Matemática
O IES Mugardos na Feira
O IES Mugardos ofrece a os visitantes dous stands coas seguintes actividades:
*Stand de 1ºESO
Construir figuras xeométricas con palliñas: tetraedros, estrela de 5 puntas,...

* Stand de 1º de Bacharelato
Investigación nos periódicos: buscar a cotización dunha determinada empresa, a temperatura media dunha cidade ou completar un sudoku.

A profesora que está ao frente destes stands é Covadonga Rodríguez-Moldes

Feira Matemática on-line
Tetractis seguirá on-line a Feira Matemática
Son as 11:00h, os stands ferven colocando os materiais expositivos.
Aquí vedes o stand do IES Monelos preparándose para un día moi longo.
Marta, Paloma, Iria, Xacobe, Laura, Pablo, Carmen e Paula prepáranse para recibir aos visitantes.
As actividades que expoñeremos serán:
* Boletín Tetractis
* Matemaxia
* Polígonos nazarís
* Xogos lóxicos
* Pentaminós
* Figuras de dobre visión
e máis cousas

13 may 2010
IV FEIRA MATEMÁTICA
Celebrarase o vindeiro sábado, 15 de maio, no Pazo da Ópera da Coruña, para celebrar o Día Escolar das Matemáticas, que este ano está dedicado a Matemáticas e Prensa.
O Concelleiro de Educación, Carlos González-Garcés, o Delegado de Agapema na Coruña, Enrique de la Torre e Coque Pazos, membro da Comisión Organizadora presentaron a IV Feira Matemática que se celebrará o vindeiro sábado.

O programa de actividades será o seguinte:
Etiquetas:
Feira Matemática,
Novas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)