5 jul. 2012

II Incubadora de Sondeos (Fase Nacional)

Un equipo galego volve a gañar o Concurso Incubadora de Sondeos y Experimentos (Fase Nacional). 

Esta vez foi o equipo do IES Fernando Wirtz o gañador na categoría de Bacharelato co traballo:
Existe o cine de autor?

Alumnos: Marta Barandela Álvarez, Mateo Fernández Torreiro, Laura García Rueda e Sabela Rey Cao.
Titor: Enrique Pujales Martínez.

Parabéns aos gañadores!
A Fase Nacional celebrouse na Facultade de Ciencias da Universidade de Valladolid e participaron equipos das Comunidades: Madrid, Cataluña, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucia-Ceuta e Melilla.

Na categoría de 2º ciclo da ESO, Galicia estivo representada polo equipo do IES Mugardos, co traballo

Un dilema para o consumidor: cal é o mellor tamaño para mercar ameixas?

Alumnos: Blanca Fernández Rodríguez, Verónica González Regueiro, Pablo Pérez Rey e Sergio Vila Plana.
Titor: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.

Nesta categoría o equipo gañador foi o formado por un grupo de alumnos de 4º ESO do INS Sant Quirze del Vallès (Sant Quirze del Vallès), co traballo:

Salida a  la luz

Máis información en:  SEIO e Web das xornadas

No hay comentarios:

Publicar un comentario