25 mar 2010

NATURE BY NUMBERS

A sucesión de Fibonacci e a proporción áurea relacionadas coa natureza

Vexo que a participación empeza a funcionar e coma examplo este vídeo que recibín de varios colegas: Ana, Victor... sobre a relación da proporción áurea e da sucesión de Fibonacci coa natureza.
Un vídeo de Cristóbal Vila.
¡Disfrútao!

20 mar 2010

XVIII Rallye Matemático


O vindeiro luns, día 22 de marzo, o grupo 3ºA do IES Monelos participa no XVIII Rallye Matemático sen Fronteiras 2010 de Galicia e Norte de Portugal.

Nesta proba seleccionase un grupo de 3º e outro de 4º de ESO para acudir a final que se celebrará en Toulouse o 7 de maio de 2010.

Máis información en:


Rallye Matemático


16 mar 2010

TETRACTIS 41

Sumario:

Xornada final do XXII Open Matemático
KEN KEN, máis alá do Sudoku
Eratóstenes e a medición do meridinao (Rebeca Mengual Mancelle)
Calendario: anos bisestos e santos (Antía García Mallo)


15 mar 2010

KEN KEN

Máis alá do Sudoku ou Kakuro

Falando cun colega, nun seminario ao que acudín hai unha semanas, comentoume que estaba engachado a un xogo que saía todos os domingos no periódico EL PAIS. O xogo chámase KEN KEN, unha especie de Sudoku ou Kakuro.


As regras son coma as do Sudoku (non repetir ningún número en filas ou columnas) e as rexións marcadas de formas diversas deben estar ocupadas por números que formen a cifra exacta mediante as operacións indicadas: suma, resta, multiplicación ou división.



Os Ken Ken normais utilizan os números do 1 ao 6, pero tamén os hai para nenos (números do 1 ao 4).

LAS CALCULADORAS CIENTÍFICAS

Un monólogo de Rober Bodegas

Las calculadoras científicas

14 mar 2010

IV FEIRA MATEMÁTICA

Día escolar das Matemáticas

Xa está en marcha a organización da IV Feira Matemática, que se celebrará, o sábado 15 de maio de 2010, no Pazo da Ópera da Coruña para conmemorar o Día Escolar das Matemáticas, que este ano estará dedicado a

MatemáTICas e Prensa

O día escolar das matemáticas celébrase para conmemorar o nacemento do matemático catalán Pedro Puig Adam e desde o ano 2000, estes foron os temas a tratar:

2000: Pon un poliedro na túa vida.
2001: Constrúe un reloxo de sol no teu centro.
2002: As matemáticas de Alicia e Gulliver.
2003: A Rosa dos ventos, o rumbo e a navegación.
2004: Froitas e matemáticas.
2005: O Quixote e as matemáticas.
2006: Mirar a arte con ollos matemáticos.
2007: Matemáticas e educación para a Paz.
2008: Música e Matemáticas.
2009: A Cidade e as Matemáticas


O cartel e tríptico da IV Feira Matemática son os seguintes:




Toda a información aparecerá en Feira Matemática

10 mar 2010

7ª xornada e final do Open Matemático 2010

Problemas da derradeira xornada do Open Matemático 2010.



Grazas a todos os particpantes e noraboa aos gañadores

Matemáticas y narrativa

Presentación no III Seminario EsTalMat (Valencia)

Resume da presentación realizada no III Seminario sobre actividades para estimular o talento precoz en Matemáticas que se celebrou en Valencia, os días 5, 6 e 7 de marzo de 2010.



Participantes no Seminario EsTalMat

Máis información e máis ponencias en:
III Seminario EsTalMat

3 mar 2010

MATEMÁTICOS NO EUROENCONTRO

Exposición realizada co motivo do Euroencontro dos países que participan no proxecto DEFRIT, un periódico escolar europeo.

1 mar 2010

FINAL DO XXII OPEN MATEMÁTICO 2010


7ª xornada e Final do XX Open Matemático 2010 na zona da Coruña coa participación dos centros:
IES Elviña
IES Monelos
IES Mugardos
Alumnos EsTalMat
O vindeiro venres, día 5 de marzo de 2010, ás 10:30 h, na Biblioteca do IES Monelos (A Coruña)