27 may 2010

A lenda dos mil grous

Oito supervivintes do bombardeo de Hiroshima, chegados a bordo do cruceiro 'Peace Boat', explican na Coruña a súa experiencia e piden a erradicación das bombas nucleares.
La Opinión
El Ideal Gallego


Ler a noticia en :
A noticia trouxo á memoria a I Feira Matemática na que Tetractis publicou a Lenda dos mil grous, para celebrar o Día Escolar das Matematicas de 2007, baixo o lema " Matemáticas e Paz":

Os mil grous de origami (papiroflexia) son un conxunto de mil grous de papel unidos por cordas. Unha antiga lenda xaponesa promete que calquera que faga mil grous de papel recibirá un desexo por parte dun grou, tal como unha longa vida ou a recuperación dunha enfermidade. Os mil grous de origami converteuse nun símbolo de paz, debido á historia de Sadako Sasaki, unha pequena japonesa que desexou curar da súa enfermidade (leucemia) producida pola la radiación dunha bomba atómica. A dramática historia ven dun libro chamado Sadako e os mil grous de papel.

UNHA PROMOCIÓN EXCELENTE

(Foto: La Voz de Galicia)
O mércores 26 de maio, nun acto celebrado no Forum Metropolitano da Coruña, despedíase unha nova promoción de alumnos e alumnas de bacharelato do IES Monelos. Unha máis excelente, coma a anterior,... Pero esta, desde logo, foi excelente desde o meu punto de vista.
A algúns xa lles dera clase en 2º ESO, no IES Otero Pedrayo durante o curso 2005-06 e acompañeinos á fase Final da Olimpíada Galega dese ano (Hector e Alberto).
Outros colaboraron no boletín Tetractis (José Antonio, Diego, Sabela, Alejandro, Carlota, Laura, Daniel Cambeiro e Daniel Pereira, José Pombo...)
Moitos participantes de Canguros matemáticos, olimpíadas, opens matemáticos...
Moitos foron colaboradores no Programa "O País dos estudantes".
Algúns chegaron a formar parte dos equipos olímpicos nacionais (Diego Abalde na de Matemáticas, Pablo Orosa e Irene Varela na de Xeoloxía).
As matrículas de honra cotizaron moi alto (Pablo Orosa, Sabela Lorenzo, Hector Mouriño, Alejandro Fernández,...)
E por se fora pouco, ao menos dous pensan estudar Matemáticas.
¡En fín!.
Moita sorte e parabéns para todos e todas.

26 may 2010

MULLERES MATEMÁTICAS

Vídeo sobre as mulleres matemáticas presentes na exposición "A muller, innovadora na Ciencia"

25º ANIVERSARIO DA CASA DAS CIENCIAS

A Casa de Todos



Con motivo do 25 aniversario da inauguración da Casa das Ciencias (1 de xuño de 1985), programáronse diversos actos de celebración que se desenvolverán ao longo de todo o ano.

As principais celebracións terán lugar na semana do 25 aniversario, entre finais de maio e principios de xuño.

Do 31 de maio ao 6 de xuño, a entrada será gratuita na Casa das Ciencias, de 10 a 19 horas.
o venres, 4 de xuño, haberá un Encontro coa Comunidade Educativa

O programa completo
aquí

24 may 2010

ESTALMAT 2010

O prazo de inscrición remata o 30 de maio.
A Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela presenta a Convocatoria 2010 do Proxecto “ESTALMAT- Galicia” para a detección e estímulo do talento en Matemáticas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxectivo: Fomentar a afección e a habilidade especial en Matemáticas en nenos e nenas de Galicia, nacidos en 1997 ou 1998.


Proceso de selección: Constará de tres fases:
1. Proba de aptitude. Terá lugar o sábado 5 de xuño de 2010, ás 10 horas, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Consistirá na resolución dunha colección de problemas.
2. Test psicométrico. Terá lugar o mesmo sábado 5 de xuño, ás 13:00 horas, na mesma Facultade de Matemáticas.
3. Entrevista persoal. Unha vez corrixidas as probas, levarase a cabo unha entrevista cos nenos e nenas preseleccionados e con seus pais ou titores, que previamente serán avisados persoalmente, encamiñadas a avaliar o interese e o grao de compromiso co proxecto.

Máis información en Estalmat Galicia

23 may 2010

TETRACTIS 43

Sumario:
MatCampus 2010
Fotos Feira Matemática 2010
Á Caza dos números primos (Por Iria González Díaz)
Fotos III Certame de Matmonólogos

20 may 2010

Álbum fotográfico do III Certame de Mat-monólogos

Fotos do III Certame de Mat-monólogos celebrado o 11 de maio de 2010 na aula Xurxo Lobato do IES Monelos (A Coruña)

III Certame de Mat-monólogos

Guións finalistas do III Certame de Mat-monólogos, que se celebrou o martes 11 de maio de 2010 na Aula Xurxo Lobato do IES Monelos (a Coruña), para celebrar o Día Escolar das Matemáticas.

19 may 2010

MATCAMPUS 2010

Unha quincena de matemáticas para alumnos de 1º de bacharelato.
O período de inscrición remata o 25 de maio.

O MatCampus 2010 está dirixido a estudantes de 1º de Bacharelato e 11º ano (entre 16 e 17 anos) de tódolos centros de ensino medio de Galicia e Portugal. Entre os obxectivos e competencias a acadar/potenciar no MatCampus 2010 contémplanse obxectivos xenéricos relacionados directamente coas Matemáticas, xunto con outros obxectivos transversais de carácter socio-cultural.

MatCampus 2010 desenvolverase en Galicia e Portugal durante a segunda quincena do mes de xullo (ver Calendario de Actividades).


A duración do campamento será de dúas semanas, a primeira en Braga (Portugal) e a segunda en Santiago de Compostela (España).
Máis información sobre obxectivos, inscrición, formularios... en MatCampus

18 may 2010

Álbum fotográfico da Feira Matemática

Fotos das nosas actividades na Feira Matemática 2010



Máis fotos en Feira Matemática

Tamén nos visitou o Director do noso instituto


Ramón Martínez (Director do IES Monelos)

1.- ¿Que pensas da feria matemática?
Opino que as feiras monográficas son estupendas para os estudantes, normalmente acodo a todas as que podo, como por exemplo, a recentemente celebrada no parque de Santa Margarita a ciencia na rúa.


2.-¿Que opinabas de neno das matemáticas?
Gustábanme moito porque descubría cousas diferentes, como a álxebra ou a xeometría, que me encantaba. Axudaban a entender a vida, que era diferente a de agora. Tamén hei de engadir que as matemáticas de entón eran menos rebuscadas que as de agora.


Marta Sobrino e Paloma Tarrío

15 may 2010

O Alcalde da Coruña no noso stand


Entrevistamos ao Alcalde da Coruña, Sr. Javier Losada de Azpiazu ao seu paso polo nos stand

-¿Que opina da feira matemática?

Como xa adiantei no meu discurso, opino que as matemáticas son cultura, e que ademáis son universais. Con elas pódeste comunicar no mundo enteiro, independentemente do idioma, o territorio, a cultura ou maneira de pensar.

Que opinaba de neno das matemáticas?

Pasábao moi mal, pero pola forma en que se nos ensinaban. As matemáticas eran un libro enorme, e o seu aprendizaxe non era nada agradable. Logo cambia.

Marta e Paloma

O Rector da Universidade visita o stand do IES Monelos


Entrevistamos ao Rector da Universidade da Coruña (Profesor de Matemáticas), José María Barja.

¿Que opina da feira das matemáticas?

Que é unha sorte que existan, hai que defendelas, porque a pesar de que as ciencias como a física ou a química son importantes, a matemática é a súa base, algo que non se debe olvidar. As matemáticas son algo máis que sumar, algo que a xente tende a olvidar.

¿Que opinaba de neno das matemáticas?

Non era un forofo, pero me gustaban. Na miña familia os meus pais e avós eran de dereito, pero os meus irmáns e máis eu fomos por ciencias.

Por certo teño que dicir que, na Feira Matemática, expoño un vídeo sobre Anos xacobeos...

Marta Sobrino, Paloma Tarrío

A Decana da Facultade de Matemáticas visita a Feira

Entrevistamos á Decana de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, Victoria Otero Espinar



1.¿Que opina desta feira?
Pareceme interesantísimo todo o que se fai aquí. Consegues ver os alumnos motivados e tamén atopaste cun punto de vista diferente das matemáticas.
2.-¿Pódese atopar ese punto de vista na universidade?
Por suposto que si. Se te lembras das chocomates aí atoparas á universidade, que as organizou.

(Foto de Enrique de la Torre)

" Tamén hei de comentar que este ano realízase un pequeño campamento matemático que consiste en pasar unha semana en Braga e outra en Santiago de Compostela, dirixido aos alumnos de 1º de bach.

Para máis información buscar na páxina: http://www.matcampus2010.org/"

Por Marta e Paloma

O IES Mugardos na Feira

O IES Mugardos ofrece a os visitantes dous stands coas seguintes actividades:

*Stand de 1ºESO
Construir figuras xeométricas con palliñas: tetraedros, estrela de 5 puntas,...

* Stand de 1º de Bacharelato
Investigación nos periódicos: buscar a cotización dunha determinada empresa, a temperatura media dunha cidade ou completar un sudoku.

A profesora que está ao frente destes stands é Covadonga Rodríguez-Moldes

Feira Matemática on-line

Tetractis seguirá on-line a Feira Matemática

Son as 11:00h, os stands ferven colocando os materiais expositivos.

Aquí vedes o stand do IES Monelos preparándose para un día moi longo.

Marta, Paloma, Iria, Xacobe, Laura, Pablo, Carmen e Paula prepáranse para recibir aos visitantes.

As actividades que expoñeremos serán:
* Boletín Tetractis
* Matemaxia
* Polígonos nazarís
* Xogos lóxicos
* Pentaminós
* Figuras de dobre visión
e máis cousas





14 may 2010

Gañadores do III Certame de Mat-monólogos

Os gañadores do III Certame de Mat-monólogos, que se celebrou o pasado martes 11 de maio, na Sala Xurxo Lobato do IES Monelos son:

Categoría: Primaria e 1º ciclo ESO

Flores, plantas y moscardas (Santiago Valencia Bahamonde)
Alumno de 1º ESO do IES San Mamede (Maceda-Ourense)

Categoría: 2º ciclo ESO e Bacharelato

La solución del problema (Álvaro Souto Janeiro)
Alumno de 3º ESO do IEs San Mamede (Maceda-Ourense)

Categoría: Persoas, en xeral, mayores de 18 anos.

Cinco números (José Manuel Ramos González)
Profesor de matemáticas do IES A Xunqueira I (Pontevedra)

Alumnado do IES Monelos

¿Las preguntas nos las vamos a preguntar? (Miren Josune Melero Vilela)
Alumna de 3º ESO do IES Monelos.

Moi pronto poderedes ver os monólogos finalistas

13 may 2010

IV FEIRA MATEMÁTICA

Celebrarase o vindeiro sábado, 15 de maio, no Pazo da Ópera da Coruña, para celebrar o Día Escolar das Matemáticas, que este ano está dedicado a Matemáticas e Prensa.

O Concelleiro de Educación, Carlos González-Garcés, o Delegado de Agapema na Coruña, Enrique de la Torre e Coque Pazos, membro da Comisión Organizadora presentaron a IV Feira Matemática que se celebrará o vindeiro sábado.


Máis información en:

La Voz de Galicia

La Opinión

Feira Matemática

O programa de actividades será o seguinte:


10 may 2010

Dous periódicos para o País dos estudantes

Aínda que son periódicos de temática xeneralista, cos que participamos no programa o País dos estudantes; podemos atopar algún artigo matemático coma:

* Un equipo de 3º ESO participa no Premio Luís Freire de investigación científica para escolares.
* Entrevista á profesora Alicia Pedreira Mengotti.
* Un ano olímpico no IES Monelos.
* Anamorfose.
* Anos xacobeos e bisestos.




8 may 2010

Concurso de enxeño e entretemento matemático

Organizado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) en colaboración co Departamento de Educación do Concello de Santiago.
Consistirá en traballar en equipo 10 actividades, maioritariamente manipulativas, que abarcarán distintas ramas das matemáticas impartidas nos dous ciclos de secundaria obrigatoria. Para superar estas actividades necesitarase utilizar a intuición, a exploración, a planificación e o reconto, a decisión e a revisión do camiño a seguir, a utilización de coñecementos previos, a dedución..., recursos nos que se fundamenta o ser e o proceder das matemáticas.
A proba celebrarase o mércores 12 de maio (Día Escolar das Matemáticas), na Praza da Quintana, de 10 a 12 horas. É preciso acudir ás 9 horas co obxecto de organizar o concurso e as actividades que terán lugar ata as 14 horas.


Máis información

3 may 2010

Final do III Certame de Mat-monólogos

Guións seleccionados para a final que se celebrará no IES Monelos, o martes 11 de maio, de 16:30 a 18:00


Os mat-monólogos que pasan á final son:

Categoría: Primaria e 1º ciclo ESO

Flores, plantas y moscardas (Santiago Valencia Bahamonde)
¿Invasión de figuras geométricas? (Laura Caneiro Calviño)
Un número un pouco toliño (María Losada González)

Categoría: 2º ciclo ESO e Bacharelato

As matemáticas, para que serven? (Margarita Pregal Piñeiro)
La solución del problema (Álvaro Souto Janeiro)
Las viejas de Villa Vieja (Lucía Prol Simón)

Categoría: Persoas, en xeral, mayores de 18 anos.

Algo máis que números (Iria Fernández Fontenla)
Cinco números (José Manuel Ramos González)
El ocaso de la circunferencia (José Manuel Ramos González)
Poemática (Ricardo Cao Abad)

Alumnado do IES Monelos

¿Las preguntas nos las vamos a preguntar? (Miren Josune Melero Vilela)
Lo que la gente no se para a pensar (Victor Fernández Rodríguez)