27 may 2010

UNHA PROMOCIÓN EXCELENTE

(Foto: La Voz de Galicia)
O mércores 26 de maio, nun acto celebrado no Forum Metropolitano da Coruña, despedíase unha nova promoción de alumnos e alumnas de bacharelato do IES Monelos. Unha máis excelente, coma a anterior,... Pero esta, desde logo, foi excelente desde o meu punto de vista.
A algúns xa lles dera clase en 2º ESO, no IES Otero Pedrayo durante o curso 2005-06 e acompañeinos á fase Final da Olimpíada Galega dese ano (Hector e Alberto).
Outros colaboraron no boletín Tetractis (José Antonio, Diego, Sabela, Alejandro, Carlota, Laura, Daniel Cambeiro e Daniel Pereira, José Pombo...)
Moitos participantes de Canguros matemáticos, olimpíadas, opens matemáticos...
Moitos foron colaboradores no Programa "O País dos estudantes".
Algúns chegaron a formar parte dos equipos olímpicos nacionais (Diego Abalde na de Matemáticas, Pablo Orosa e Irene Varela na de Xeoloxía).
As matrículas de honra cotizaron moi alto (Pablo Orosa, Sabela Lorenzo, Hector Mouriño, Alejandro Fernández,...)
E por se fora pouco, ao menos dous pensan estudar Matemáticas.
¡En fín!.
Moita sorte e parabéns para todos e todas.

1 comentario:

  1. Moitas Grazas polas túas palabras Gonzalo. Foi unha honra terte como profesor en segundo de ESO e unha pena non proseguir coa miña prometedora carreira matemática pero decidín cambiar ó barrio das letras.
    Unha perta e sorte coas seguintes xeracións.

    ResponderEliminar