30 mar 2012

28 mar 2012

Álbum da Ciencia

Nace o Álbum da Ciencia, un proxecto do Consello da Cultura Galega (CCG), coordinado polo Profesor Xosé Antón Fraga, que despois de pasar polas direccións do IES Monelos e dos Museos Científicos da Coruña, inicia, con ilusión, este novo proxecto, que podes consultar aquí:



26 mar 2012

Nomes galegos na Olimpíada Nacional

Gran éxito o colleitado polo equipo galego na XLVIII Olimpiada Matemática Española (fase nacional) que se celebrou en Cantabria o pasado fin de semana.

O gañador absoluto e medalla de ouro foi o alumno de Xinzo, Óscar Rivero Salgado a quen se lle otorgou a insignia de prata da RSME por ser o terceiro ano que formará parte do Equipo Olímpico Nacional que representará a España nas Olimpíadas Internacionais.

Ademais o alumno do IES Eusebio da Guarda e alumno de Estalmat, Gonzalo Cao Labora, de 3º ESO, foi medalla de bronce.

Parabéns ao equipo galego e ao seu preparador o profesor Felipe Gago.

Máis información en Olympia e en Olimpíada Nacional

7 mar 2012

Matemáticas para estimular el talento II


Ven de publicarse o 2º libro de actividades do Proxecto ESTALMAT

Referenzas ao 1º libro neste enlace.

Representando a ESTALMAT Galicia hai dúas unidades didácticas:
  • Cadrados máxicos, por Manuel Ladra e Teresa Otero.
  • O xogo do 15, por Rosana Rodríguez e Sandra Díaz.

Pero atoparedes títulos tan suxerentes coma:
  • Cuestións sobre irracionais.
  • Ecuacións diofánticas e en congruencias.
  • Mates no calendario.
  • Cantor e o infinito.
  • Grafos II. O Teorema de Euler.
  • Topoloxía intuitiva.
  • Overbooking.
  • Tres principios matemáticos (Pombal, Invarianza e inducción).
  • Lousando o plano.
  • Actividades nunha trama (Teorema de Pick).
  • Demostracións en Xeometría clásica.
  • O Teorema da alfombra
  • Actividades para favorecer o uso da visualización.
  • Matemaxia.
Este libro pódese adquirir na Sociedade Andaluza de profesores de matemáticas Thales,


6 mar 2012

TOUCH

O 20 de marzo comeza en FOX esta serie que amosa interesante.


Sutherland interpreta a un home viúvo e pai solteiro obsesionado pola súa incapacidade para conectar co seu silencioso fillo de 11 anos, Jake. Tras varios intentos por enviar ao seu fillo á escola, Martin (Sutherland) é visitado por Clea Hopkins, un traballador social que descubre que Jake posúe un don sorprendente: a capacidade de ver cousas que ninguén máis pode ver. Jake comunica estas "visións" mediante os números, e é aquí cando entra en xogo Arthur Dewitt, un profesor cunha grande capacidade que intentará descifrar de que maneira poden influír estes números nas vidas das persoas.

Esopías en Culleredo

Aumenta a febre das esopías e no IES Blanco Amor de Culleredo, os Departamentos de Matemáticas e Linguas organizan un concurso de esopías.

Máis información en Biblioeba María Wonenburger

4 mar 2012

Tetractis 60

Número 60 do boletín de divulgación matemática, TETRACTIS, do IES Monelos(A Coruña) co seguinte sumario:

7ª xornada do OPEN Matemático

O pasado xoves, 1 de marzo, celebrouse a concentración correspondente á 7ª xornada do Open Matemático, que se celebrou no IES Mugardos (A Coruña) e á que estaban convocados alumnos dos colectivos:
  • Estalmat Galicia
  • IES Elviña
  • IES Monelos
  • IES Mugardos
nunha das numerosas sedes repartidas pola xeografía española (Valencia, Andalucia, Melilla, Galicia...) e tamén a cidade de Nador (Marrocos)


Estes son os problemas que tiveron que resolver: