29 abr 2012

TETRACTIS 62

Sumario:
  • VI Feira Matemática.
  • Entrega de premios da Olimpíada Matemática Galega.
  • Banco matemático de troco.
  • Blogs matemáticos galegos.
  • Día do científico galego.

19 abr 2012

Entrega de premios Olimpíada Matemática

O día 18 de abril, na Facultade de Matemáticas,  nunha mesa con diversas autoridades académicas e co Conselleiro de Educación, procedeuse á entrega de medallas aos tres finalistas, que tan bo papel fixeron na Fase Nacional da Olimpíada (Medalla de ouro e de bronce), outras seis medallas aos clasificados en 2ª e 3ª posición  e a entrega de 11 mencións de honra.

O alumno do noso centro, Rafael Ramos Dominguez, acadou unha mención de honra


Máis información en Olimpia, Xunta de Galicia

17 abr 2012

VI Feira Matemática

A Feira matemática celebrarase o sábado, 12 de maio, en PALEXCO (A Coruña), para festexar o Día Escolar das Matemáticas, que conmemora o nacemento do matemático Pedro Puig Adam.

Este ano celébrase baixo o lema: Matemáticas e economía: vantaxes da cooperación, xa que o ano 2012 foi declarado pola ONU como Ano Internacional das Cooperativas.

Aquí tedes o cartel e o tríptico:


Máis información en Agapema Coruña

16 abr 2012

Esopías en Culleredo

No IES Blanco Amor de Culleredo, os departamentos de Lingua Castelá, Lingua Galega e Matemáticas, facéndose eco do Certame de esopías, convocaron un concurso no centro e aquí podedes ver o resultado:


Máis información en BIBLIOEBA

14 abr 2012

Tetractis 51_60

VI volume de Tetractis, co seguinte sumario:

A cabeza non para!, por María Losada González (nº 54)
A proporción cordobesa, por Águeda Castro Quintas (nº 60)
Anécdotas matemáticas, por Santiago Valencia Bahamonde (nº 59)
As matemáticas na linguaxe coloquial, por Irene Vázquez Gamazo (nº 54)
Catro actividades de estatística e probabilidade, (nº 53)
Eleccións xerais 2011, por Rafael Ramos Domínguez (nº 57)
Enrique Vidal Abascal: matemático, pintor e humanista (nº 56)
Etimoloxía dos termos matemáticos, por Cristina Martín González (nº 51)
Ficcións matemáticas (Humor gráfico matemático) (nº 60)
Fractais, por Cristina Abarca Rodríguez (nº 52)
I Concurso de esopías (nº 59)
IV Certame de matmonólogos (nº 54)
Juan Jacobo Durán Loriga, por Iago Martín Mato (nº 52)
María Josefa Wonenburger Planells, por Paula Pérez Torres (nº 56)
María Wonenburger no Paseo das Ciencias (nº 54)
Obxectos matemáticos cotiás (nº 53)
Podemos predecir a estatura á que pode chegar unha persoa? (nº 55)
Principio do pombal ou Dirichlet (nº 58)
Proxecto Descartes: as matemáticas interactivas, por Laura Pardeiro Mariño (nº 57)
Topoloxía, por Carmen Méndez Sánchez (nº 58)
Xeometría de papel (nº 53)


Aquí podes ver o resto dos volumes:
Volume I: Tetractis 1_10
Volume II: Tetractis 11_20
Volume III: Tetractis 21_30
Volume IV: Tetractis 31_40
Volume V: Tetractis 41_50

11 abr 2012

Chema Madoz, fotógrafo

Chema Madoz expón no Auditorio de Galicia (Santiago), Ars Combinatoria, un percorrido pola súa obra.

A  exposición estará aberta ata o 24 de xuño.

Chema Madoz na Wikipedia
Páxina web propia
Galería de fotografías
Ilusionario