Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas

11 nov 2010

Pentaminós online

Xa sabedes que as letras de cabeceira do blogue e do boletín TETRACTIS están construídas cun puzzle de 12 pezas chamadas Pentaminós (ou pentominós).

Un pentaminó é unha figura formada por cinco cadrados unidos polos seus lados. (Tetractis nº1)

Forman parte dunha familia máis ampla, chamada Poliminós, formada por uniminós, biminós ou dominós, triminós, tetraminós, pentaminós, hexaminós...

Tetris é un xogo coñecido por vos, que está formado polos tetraminós e un trimminó.

Aquí tes o xogo online, onde podes construir as figuras que aprecen á dereita.

29 oct 2010

TANGRAM


Aquí tedes unha boa páxina para traballar o tangram on line.

Se ademais dispoñes de pizarra dixital, a actividade gostará moito:

Para saber algo máis sobre o tangram

15 mar 2010

KEN KEN

Máis alá do Sudoku ou Kakuro

Falando cun colega, nun seminario ao que acudín hai unha semanas, comentoume que estaba engachado a un xogo que saía todos os domingos no periódico EL PAIS. O xogo chámase KEN KEN, unha especie de Sudoku ou Kakuro.


As regras son coma as do Sudoku (non repetir ningún número en filas ou columnas) e as rexións marcadas de formas diversas deben estar ocupadas por números que formen a cifra exacta mediante as operacións indicadas: suma, resta, multiplicación ou división.



Os Ken Ken normais utilizan os números do 1 ao 6, pero tamén os hai para nenos (números do 1 ao 4).