25 feb 2010

TETRACTIS 40

Sumario:

III Certame de Matmonólogos
IV Feira Matemática 2010
Final do XXII Open Matemático
Anamorfose (por Paloma Tarrío Alves)
Xornada 5ª e 6ª do Open Matemático

24 feb 2010

III Concurso de Experiencias Matemáticas

A Sociedade Madrileña de Profesores de Matemáticas (SMPM) convoca o III Concurso de Experiencias Matemáticas dacordo coas seguintes:

BASES

Poderanse presentar experiencias na área de matemáticas realizadas no marco dun traballo de clase. Presentaraas o/a profesor/a coordinador/a da actividade.

Cada experiencia será presentada cun informe dun máximo de 20 páxinas e debe ir acompañada dun cartel de presentación. Valorarase fundamentalmente a orixinalidade da experiencia, o traballo realizado polos alumnos, o seu vínculo co contido matemático do currículum do curso no que se realiza, así como o uso de novas tecnoloxías ou de material manipulable, ou otro tipo de materiais; o seu desenvolvemento e análise dos resultados.


Máis información

I Concurso de Microrrelatos Irracionais

A Sociedade Madrileña de Profesores de Matemáticas (SMPM) "Emma Castelnuovo" convoca o I Concurso de Microrrelatos Irracionais no que poderán concursar profesores e alumnos sen restricción de curso, con todos os microrrelatos que o desexen.

Os microrrelatos, escritos en castelá, terán un máximo de vinte palabras e deberán cumplir o requisito de que o número de letras de cada palabra sexa a cifra correspondente dun número irracional, tal e como se mostra no seguinte exemplo:

3 1 4 1 5 9 2 6 5 3 5 8
Así, y digo a todos puramente la verdad, acaba una fugaz historia.


Os números irracionais a elixir son φ, e, π, √2 .
Utilizaranse, como máximo, as vinte primeiras cifras do número irracional elixido, tal e como aparecen, eliminando os seus ceros.

Máis información

23 feb 2010

III Seminario EsTalMat

O III Seminario sobre actividades para estimular o talento precoz en Matemáticas (EsTalMat) terá lugar na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Valencia, entre o 5 e 7 de marzo de 2010.
O cartel e programa do seminario:





Máis información

Entrevista a Isabel Fernández

Será a primeira española cunha ponencia no ICM (International Congress of Mathematics) sobre a xeometría das pompas de xabrón.

O XXVI congreso do ICM celebrarase en agosto en Hyderabad (India) e nel entréganse os seguintes galardóns: Medalla Fields, Premio Nevanlinna e o Premio Carl Friedrich Gauss.
O último congreso celebrouse en Madrid, no ano 2006.



Entrevista en El País



Foto de Victor Aranda García

22 feb 2010

6ª XORNADA DO OPEN MATEMÁTICO

Xa chegamos á penultima xornada do Open Matemático 2010 que se pode resolver libremente desde a casa, xa que a vindeira e última xornada será presencial e proximamente informaremos do lugar, data e hora.

O prazo para entregar a solución destes problemas será o luns, día 1 de marzo, ás 9:30 h.

16 feb 2010

CINE E MATEMÁTICAS

Un artigo sobre cine e matemáticas que nos deixa un colega do IES A Xunqueira I (Pontevedra), José Manuel Ramos González,

14 feb 2010

Romance de la Derivada Enésima y el Arcotangente

Tamén dedicado ao día de San Valentín
Só comprensible para alumnos de 2º de bacharelato ou cursos superiores

5ª Xornada do Open Matemático

Problemas da 5ª xornada do XXII Open Matemático 2010

SAN VALENTÍN MATEMÁTICO

Lámina de Lolita Brain sobre a vida amorosa de tres científicos importantes na historia:

Evariste Galois (Teoría de Galois)
Schrödinger (Teoría cuántica)
Alan Turing (Computabilidade e criptoloxía)


8 feb 2010

4ª XORNADA DO OPEN MATEMÁTICO

Nova xornada (Xornada temática) do Open Matemático 2010, con dous novos probremas, con dous apartados; polo que a puntuación de cada problema é de 2 puntos, que se pode fraccionar en 1+1 puntos.

Debido ás festas do Entroido, a data límite para entregar os problemas é o vindeiro venres, día 12 de febreiro, ás 13:00 horas.

Para conseguir os problemas da 5ª xornada, terás que estar atento a publicación neste blogue.



Colectivo Frontera (Requena-Valencia)

4 feb 2010

III CERTAME DE MAT-MONÓLOGOS

O IES Monelos e o Boletín de divulgación matemática TETRACTIS convocan o III Certame de Mat-monólogos,


(Cartel elaborado pola alumna Paloma Tarrío Alves)

Os participantes presentarán un guión cunha extensión máxima de mil palabras en lingua galega ou castelá. O tema deberá estar relacionado coas matemáticas. Deberán presentarse en formato DINA4, por unha cara, a dobre espazo, con corpo de letra de 12 puntos e encabezados polo título.

Estabelécense catro categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:

¨ Alumnado de primaria e primeiro ciclo de secundaria.
¨ Alumnado de segundo ciclo de secundaria e bacharelato.
¨ Persoas, en xeral, cun mínimo de 18 anos e sen límite de idade.
¨ Alumnado do IES Monelos.


O prazo de entrega dos relatos comeza o 15 de xaneiro e remata o 15 de abril de 2010, ambos inclusive. Presentaranse no rexistro de entrada do IES Monelos ou enviarase mediante correo ao seguinte enderezo:

III Certame de Mat-monólogos
Departamento de Matemáticas
IES Monelos
Rúa Montes, 62
15009 A Coruña


O xurado comunicará a selección dos guións aos autores antes do 30 de abril de abril de 2010. A defensa farase, ben polo/a autor/a ben por un/ha alumno/a do IES Monelos, nun acto que se celebrará na Aula Xurxo Lobato do IES Monelos o martes, día 11 de maio de 2010 ante un xurado que se formará para a ocasión.

Podes ler as bases:


e os guións finalistas doutras edicións en:


2 feb 2010

II Certame de Mat-monólogos

Relación de guións finalistas no II Certame de Mat-monólogos, que se celebrou o día 12 de maio de 2009 (Día Escolar das Matemáticas) no IES Monelos (A Coruña).