31 ene 2010

3ª XORNADA DO OPEN MATEMÁTICO 2010

Problemas da 3ª xornada do Open Matemático 2010.
A data límite de entrega dos problemas é luns, día 8 de febreiro, ás 9:00h.

28 ene 2010

Marcus du Sautoy

Autor da obra:
La música de los números primos



Inglés, excéntrico, amante do placer e das simetrías, este catedrático de matemáticas en Oxford é un dos científicos máis importantes do mundo na súa especialidade.



Artigo no diario " El País":

La Alhambra es un microcosmos de simetrías



Entrevista en "El País Semanal"

Las matemáticas son como una droga



Láminas de Lolita Brian (II)

Proporción áurea

Segunda entrega das láminas de Lolita Brian (AULA- El Mundo), coa particularidade de que todas están relacionadas coa proporción áurea ou divina proporción:


Podes atopar todas en AULA

27 ene 2010

¡Estamos rodeados de matemáticas...!

Monólogo con dous rombos

Monólogo interpretado por Cesar Goldi na actividade "Chocomates", na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.


GEOMETRÍA SAGRADA

Descifrando el código



Este libro:

  • Investiga as propiedades sagradas dos números, as estructuras e patróns de proporcións perfectas que aqueles esconden.
  • Revela os principios matemáticos e xeométricos que existen na natureza, incluindo estructuras botánicas, biolóxicas e xeográficas.
  • Examina a xeometría de lugares sagrados, templos e igrexas, e a xeometría na arte do Renacemento.

26 ene 2010

Láminas de Lolita Brian (I)

As láminas publícanse no suplemento AULA do periódico EL MUNDO.
Aquí tedes unha mostra de temas matemáticos.
¡Son moi interesantes!



Están todas en AULA

25 ene 2010

O ROSTRO HUMANO DAS MATEMÁTICAS

Exposición da Real Sociedade Matemática Española (RSME) realizada por un amplo equipo e que se pode ver na páxina web DIVULGAMAT no seguinte enlace:

O rostro humano das matemáticas

A exposición fixo o seu estreo no curso 2008-09 na Casa das Ciencias da Coruña e posteriormente estivo colgada no IES Monelos, onde elaboramos o seguinte poster:

2ª XORNADA DO OPEN MATEMÁTICO 2010

Problemas da 2ª xornada do Open Matemático.
Esta é unha xornada temática (2 puntos cada problema, que se poden fraccionar por cuestións).
A hora límite de entrega será ás 9:00 horas do luns, 1 de febreiro.

Diego Abalde, olímpico en Monelos

Novas na prensa

Foto de Carlos Pardellas (La Opinión)

La Opinión (A Coruña)

La Voz de Galicia

El Correo Gallego

Portal Educativo (Xunta de Galicia)

TETRACTIS 39

Sumario:

Comeza o XXII Open Matemático.
Diego Abalde, olímpico do IES Monelos.
Alta participación no Canguro Matemático.
III Certame de Mat-monólogos.
Apoio ao nome de IES María Wonenburger.
As orixes do sistema métrico decimal (Por Marta Sobrino Gosenje)
Problemas da 1ª e 2ª xornada do Open Matemático
.

22 ene 2010

MATEMÁTICAS E NARRATIVA

Boas prácticas: aprendendo dos demais.

Nos últimos anos son moitas as actividades que se realizan nos centros e que están a potenciar a lectura e a súa relación coas matemáticas, co obxectivo básico de desenvolver a capacidade lectora no alumnado.
Tanto é así que, Enrique de la Torre e eu, ofrecemos en EsTalMat (Estimulo do Talento Matemático) unha actividade titulada Matemáticas e Narrativa ou que no departamento de Matemáticas do IES Monelos traballamos, no ano 2008, un Seminario Permanente con ese título e que tivo como produto un lote de carteis, que se pode ver neste blogue:



Pero, neste momento, quixera ofrecervos unha mostra das boas prácticas que se están realizando en diversos centros: dous galegos (IES Ramón Otero Pedrayo na Coruña e IES Poeta Díaz Castro en Guitiriz-Lugo) onde os nosos colegas: Santiago López Arca e Victor Pollán, respectivamente, están levando a cabo unha laboura de sobra coñecida; e outro manchego: o IES Izpisúa Belmonte (Hellín-Albacete).

Estes son os enlaces:


Lecturas matemáticas (IES Ramón Otero Pedrayo)


Literatura y matemáticas (IES Poeta Díaz Castro)


Lecturas recomendadas (IES Izpisúa Belmonte)



Disfrutade destes enlaces, onde poderedes atopar unha grande cantidade de recursos.

21 ene 2010

XVII CANGURO MATEMÁTICO

Alta participación do IES Monelos


Terminado o período de inscripción para o Canguro Matemático 2010, o IES Monelos (A Coruña) supera a barreira do 100 e serán 101 os alumnos e alumnas que participarán, o martes 23 de marzo de 2010, na XVII edición do Canguro Matemático.
Este número supón case o 25% do alumno do instituto e ten máis valor se temos en conta que os alumnos pagan unha cuota de 3€ pola súa participación.

Este ano o concurso presenta unha novidade que é o XOGO DO CANGURO, un xogo on-line para ir entrenando:
Para saber todo sobre o concurso: CANGURO MATEMÁTICO

20 ene 2010

I CERTAME DE MAT-MONÓLOGOS

Guións finalistas

Relación de guións finalistas do I Certame de Mat-monólogos, que se celebrou o 12 de maio de 2008 (Día Escolar das Matemáticas) no IES Monelos (A Coruña).

19 ene 2010

16 ene 2010

PAPIROFLEXIA E MATEMÁTICAS



Acaba de publicarse o número 53 de UNO (Revista de Didáctica das Matemáticas) da Editorial Grao, cun monográfico dedicado a Papiroflexia.
Neste número aparece un artigo das nosas colegas:
Covadonga Blanco García (Universidade da Coruña)
Teresa Otero Suárez (IES Antonio Faguas, Santiago)
Alicia Pedreira Mengotti (IES Monelos, A Coruña)
titulado: Rompecabezas matemáticos en papel: tetraedro, octaedro y estrella octángula.
Tamén aparece o artigo: Aventuras y desventuras matemáticas de un folio DIN-A en el instituto de Antonio Ledesma López (IES Nº1 de Requena, Valencia), coordinador do Open Matemático.

1ª XORNADA DO OPEN MATEMÁTICO 2010

Xa comezou o Concurso de resolutores de problemas da edición XXII do Open Matemático 2010.
O concurso está organizado polo Colectivo Frontera e coordinado polo Profesor Antonio Ledesma do IES Requena (Valencia).
Os problemas da 1ª xornada son os que aparecen a continuación e deberanse entregar antes das 9:00h do luns, 25 de xaneiro.

UN OLÍMPICO EN MONELOS

Diego Abalde Herrero, membro do equipo olímpico matemático galego.


O alumno de 2º de bacharelato do IES Monelos, Diego Abalde Herrero, formará parte do equipo que representará a Galicia na Fase Nacional da XLVI Olimpíada Matemática Española, que se celebrará en Valladolid do 25 ao 28 de marzo de 2010.

Diego Abalde acadou un 3º premio na Fase Galega, que se celebrou, na Facultade de Matemáticas da Universidade De Santiago de Compostela, o venres 15 de xaneiro de 2010.
Máis en OMG2010