23 dic 2011

Feliz ano 2012!

Quixera compartir coa comunidade matemática a felicitación do Equipo Decanal da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

Aniversario de AGAPEMA

Como xa informamos nunha entrada anterior, o mércores 21 de decembro, celebramos o XI Aniversario da Asociación de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) cunha charla que impartiu a compañeira de profesión, Sandra Sambade Nieto, baixo o título:
Arquitectura e Matemáticas: forma e función.
co seguinte guión:
  Aquí podes ver tres momentos do acto (maís fotos en AGAPEMA):

Cunha estrutura que contén unha superficie desenvolvida


















XXIV Open Matemático

Xa está convocada a XXIVª edición do Torneo aberto de resolutores de problemas, máis coñecido polo nome de OPEN MATEMÁTICO.

Esta edición convócase baixo o lema de "Labirintos e Matemáticas", como se pode apreciar no cartel deste ano.

18 dic 2011

Tetractis 58

Sumario:

Unha xornada olímpica.
Enquisas en TOMATEMÁTICAS.
XI Aniversario de AGAPEMA.
Topoloxía, por Carmen Méndez Sánchez.
Problemas da Olimpíada Matemática Galega
O Principio do Pombal.

17 dic 2011

Unha xornada olímpica

Seis alumnos do IES Monelos participaron na Olimpíada Matemática Galega 2011-12.

Catro alumnas de 1º de Bacharelato e dous alumnos de 2º (Ver relación de inscritos) participaron na Olimpíada Matemática Galega que se celebrou o sábado, 17 de decembro, na Facultade de Matemáticas da USC (Ver benvida e fotos)

16 dic 2011

XI Aniversario de AGAPEMA

O vindeiro mércores, 21 de decembro, celebraremos o XI Aniversario da fundación da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA).

15 dic 2011

II Concurso Incubadora de Sondaxes e experimentos

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) convoca a segunda edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Reloxos binarios

Porque hai "10 tipos de persoas" (!?), os que saben binario e os que non saben.

Un reloxo binario utiliza o código binario para o cálculo de horas, minutos e segundos. Para iso utiliza uns LED's que ao iluminarse sinala unha potencia de 2, segundo a táboa:


Esto permite, sumando os valores dos LED's iluminados, representar un número entre 1 e 63, o que resulta suficiente para representar horas (1-24), minutos (1-60) ou segundos (1-60).

Aquí tes varios modelos:
  • Este modelo utiliza a serie (32-16-8-4-2-1) para os minutos e a serie (8-4-2-1) para as horas,

14 dic 2011

Novas leccións de Intypedia

Leccións 7, 8 e 9 da Enciclopedia da seguridade da información (Intypedia)

Lección 7: Seguridade en aplicacións web
Tras unha introducción sobre a arquitectura básica dunha aplicación web e das incidencias de seguridade típicas neste contorno, Alicia e Bernardo explicannos en qué consiste un ataque por inxección de código SQL.
Autor: Chema Alonso, Informática 64.




13 dic 2011

Algunhas referencias nos medios

Algúns medios como: INFORMEST, boletín da SGAPEIO, ou GAMMA, Revista Galega de Educación Matemática (AGAPEMA) informan sobre actividades de matemáticas do IES Monelos.

INFORMEST fai unha reportaxe sobre o I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos:


e GAMMA fai varias referencias:

9 dic 2011

Matemáticas para a ESO

O programa DESCARTES do MEC inclúe dentro do seu portal a posibildade de acceder ás matemáticas da ESO de maneira autónoma e en galego.


Co proxecto ed@d (Ensinanza Dixital a Distancia) o Ministerio de Educación de España presenta un novo modelo de libro interactivo, que permite aos estudantes aproveitar as vantaxes das Tecnoloxías da Información e a Comunicación para mellorar a súa aprendizaxe autónoma e axilizar a comunicación cos seus titores, nun entorno tecnolóxico avanzado.

1 dic 2011

Tetractis 57

Sumario:
Olimpíada Matemática Galega.
Centenario do pasamento de Durán Loriga.
XIX Canguro Matemático.
II Incubadora de Sondaxes e experimentos.
Proxecto Descartes: as matemáticas interactivas, por Laura Pardeiro Mariño.
Eleccións Xerais 2011, por Rafael Ramos Domínguez.

23 nov 2011

Olimpíada Matemática Galega

Este ano presenta novidades:
  • A data adiantase a decembro.
  • Será un sábado.
  • Clasifícanse 3 alumnos para a fase nacional.

No Distrito Universitario de Galicia, as probas da Fase Autonómica da XLVIII Olimpiada Matemática Española realizaranse en dúas sesións:

Cada sesión terá unha duración de tres horas e media, e consistirá na resolución de tres problemas.


Lugar: Facultade de Matemáticas. Santiago de Compostela
Data: sábado, 17 de decembro de 2011
  • Primeira Sesión: Hora: 10:00
  • Segunda Sesión: Hora: 16:00.
Máis información en OLYMPIA.

Roger Penrose

Matemático e divulgador, visita Santiago para recibir o Premio Fonseca.
Foto da Voz de Galicia
Ver artigo na Voz de Galicia.
Ver artigo na Wikipedia
Referencia en Tetractis.

3 nov 2011

María Wonenburger

No II Día da Ciencia en Galego, desde o IES Monelos, queremos compartir esta pequena presentación sobre María Wonenburguer que expoñeremos no noso centro.

2 nov 2011

Eleccións Xerais 2011

Unha actividade para alumnos de bacharelato para ir preparando as eleccións.

Aquí tes unha actividade para preparar as eleccións xerais que se celebrarán o 20 de Novembro.
Se consegues rematala poderás contestar a estas preguntas:
  • Como se sabe o número de deputados a elixir por provincia?
  • Por que A Coruña perde un deputado (pasa de 9 a 8)?
  • Cales son as provincias perxudicadas por este sistema?
  • Que provincias gañarían máis deputados, se o reparto fora directamente proporcional?
  • ...
E despois das eleccións?
  • Cal é o sistema de reparto segundo os votos obtidos?
  • Como funciona a lei D'Hont?
  • Inflúe ou non a cota inferior do 3% para poder optar a deputados?
  • O sistema de reparto mediante a Lei D'Honte é xusto?
  • E moitas cousas máis...

26 oct 2011

Tetractis 56

Sumario

Tomatemáticas, un novo blog.
Música e matemáticas: concerto didáctico da OSG
II Día da Ciencia en galego.
María Wonenburger, por Paula Pérez Torres.
Álbum fotográfico de María Wonenburger,
Enrique Vidal Abascal: matemático, pintor e humanista.

25 oct 2011

Música e Matemáticas

A Orquestra Sinfónica de Galicia, no seu Programa Educativo do curso 2011-12, ofrecerá a sesión: Música e Matemáticas no Teatro Rosalía de Castro con estas sesións:

Cafés didácticos (para profesores): 3 de novembro
Concertos didácticos (alumnos): do 15 ao 18 de novembro.
Concertos en familia: 19 de novembro

Mozart
O contido dos concertos será:
  • A sucesión de Fibonacci e a sección áurea na música
Béla Bartók (1881-1945), utilizou a sucesión de Fibonacci como patrón para determinar algúns elementos nas súas composicións. Desenvolveu unha escala musical que chamou escala fibonacci. Na súa obra Música para instrumentos de corda, percusión e celesta, a análise da súa fuga mostra a aparición da serie e da razón áurea.


Por outra parte, estudos realizados arredor da Quinta sinfonía de Beethoven (1770-1827) mostran como o tema principal incluído ao longo da obra, está separado por un número de compases que pertencen á sucesión. Tamén en varias sonatas para piano de Mozart (1756-1791) a proporción entre o desenvolvemento do tema e a súa introdución é a máis preta posible á razón áurea.
  • Azar e probabilidade
Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791) compuxo a obra Musikalisches Würfelspiel (Xogo de dados), onde o inxenio do músico levouno a compoñer un xenerador de valses.

Mozart escribiu 176 compases (minuetos) numerados do 1 ao 176 e agrupounos en 16 conxuntos de 11 compases cada un. O procedemento para xenerar un vals particular a partir de esta combinación de habilidade na composición e uso do azar, consiste en que cada compás do 1 ao 16 seleccionase con dous dados ( a suma ten 11 posibilidades, de 2 a 12) segundo a seguinte distribución.



Hai que ter en conta que o resultados das sumas non teñen a mesma probabilidade; por exemplo: a suma 7 ten unha probabilidade de 6/36 = 1/6, pero a suma 10, ten unha probabilidade de 3/36 = 1/12.

O número de posibilidades é de 11 elevado a 16 (preto de 46 mil billóns de posibilidades) o case segura que calquera vals sermpre será un estreo.

Podes escoitar os 176 compases e unha mostra dunha composición no seguinte enlace:

IES Pravia: Combinatoria e música
E podes ver o programa aquí:

9 oct 2011

II Día da Ciencia en Galego

Celébrase  o vindeiro 4 de novembro é está dedicado a dúas científicas extraordinarias: Marie Curie e María Wonenburger.




Neste blog fixémonos eco varias veces arredor de María Wonenburger:

Máis información en: http://www.cienciaengalego.org/

Un Nóbel por descubrir os cuasicristais

Esta é a referencia que se publicou en Tetractis 50, nun artigo sobre números metálicos:

CUASI-CRISTAIS: SIMETRÍAS PROHIBIDAS


Entre os numerosos problemas físicos, químicos, biolóxicos e ecolóxicos nos que aparecen os integrantes da familia de números metálicos, un dos máis notables é o da estrutura dun cuasi-cristal. En 1984, Schechtman rexistrando esquemas de difracción de electróns nunha aleaxe de Aluminio e Manganeso rapidamente arrefriada, encontraron ao cortar con planos en determinados ángulos, simetrías pentagonais de orde 5, totalmente imposibles nun cristal xa que non é posible teselar o plano con pentágonos regulares. A estas configuracións, que posúen una estrutura espacial cuasi-periódica, se lles chamou "cuasi-cristais".


Un cuasi-cristal ten a estrutura dunha teselación de Penrose (á marxe).

Podes ver a nova na Voz de Galicia



El hallazgo de los cuasicristales da el Nobel de Química al israelí Shechtman

23 sept 2011

Tetractis 55

Sumario

Fotos dos Concursos Incubadora de Sondaxes e Experimentos (Fase Galega e Nacional).
Proxecto gañador: Podemos predecir a estatura á que pode chegar unha persoa?, por Águeda Castro Quintas, Carmen Méndez Sánchez, Laura Pardeiro Maroño, Laura Pérez Torres e Carmen Picado Molares.


 

22 sept 2011

Proxecto gañador no Concurso Incubadora

Podemos predecir a estatura á que pode chegar unha persoa?

Este foi o título do proxecto gañador (categoría de 2º ciclo ESO),  que o equipo do IES Monelos presentou ao I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, convocado pola sociedade SEIO.

Podes ver unha presentación abreviada en powerpoint.

ou a versión completa do proxecto,

Fotos do concurso Incubadora

Álbum de fotos do I Concurso Tipo Incubadora de Sondaxes e Experimentos (Fase Nacional) celebrado na Facultade de Matemátcas e Estatística (UPC) de Barcelona, os días 7 e 8 de xullo; onde o equipo gañador  (na categoria de 2º ciclo de ESO) foi o IES Monelos formado por Águeda Castro Quintas, Carmen Méndez Sánchez, Laura Pardeiro Maroño, Laura Pérez Torres e Carmen Picado Molares, baixo a coordinación do profesor, Gonzalo Temperán Becerra..

15 sept 2011

Vota a andar a 5ª promoción de ESTALMAT

O sábado 17, acto inaugural na Facultade de Matemáticas.
O vindeiro sábado día 17 de setembro, ás 10:30 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, dará comezo o acto de inauguración do curso 2011-12 do Proxecto ESTALMAT-Galicia, que ten como obxectivo o estímulo do talento matemático en rapaces de 12 e 13 anos. Asistirán os 25 alumnos de Estalmat-Galicia que forman a 5ª promoción (2011), acompañados das súas familias, autoridades académicas e equipo docente do proxecto. Ao final do acto, os alumnos reciben a súa acreditación das autoridades e profesores e seguidamente sairán en autobús para un campamento matemático durante o fin de semana en Abegondo-Sada, que supón unha toma de contacto entre eles nun ambiente lúdico-matemático.

Participantes na proba de selección de 2011
O acto de apertura do curso estará presidido polo Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan J. Casares Long, que estará acompañado na mesa de autoridades polo Presidente do Comité Organizador de Estalmat-Galicia, o profesor Juan Viaño Rey, pola Decana da Facultade de Matemáticas, Mª Victoria Otero Espinar, ademais dos representantes dos patrocinadores principais de ESTALMAT-Galicia, Manuel Vila López, Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado; Santiago Moreno Fernández, Director General da Fundación Vodafone-España; Victor Pollán Fernández e Covadonga Rodríguez-Moldes Rey, coordinador académico e responsable de relación coas familias de ESTALMAT-Galicia, respectivamente.
Máis información en ESTALMAT- Galicia

9 jul 2011

Gañamos a Fase Nacional!

O equipo do IES Monelos gaña a Fase Nacional do I Concurso Incubadora de Sondeos y Experimentos (Categoría ESO), que se celebrou na Facultade de Matemáticas e Estatística da Universidade Politécnica de Cataluña os días 7 e 8 de xullo.
Na foto, Águeda Castro nun momento da presentación




O gañador, na categoría de Bacharelato, foi o equipo da Comunidade de Madrid (IES Cardenal Cisneros) co traballo titulado:
El efecto placebo en el café.


6 jul 2011

A Barcelona!

Os equipos dos centros: IES Monelos e IES Fernando Wirtz representarán á sociedade SGAPEIO na Fase Final do I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos que se celebrará na Facultade de Matemáticas e Estatística da Universidade Politécnica de Catalunya os días 7 e 8 de xullo.


Na Fase Nacional participarán equipos de 2º ciclo e Bacharelato das Comunidades: Catalunya, Madrid, Castela e León e Galicia.

Álbum de fotos do Premio SGAPEIO

Fotos da entrega de premios do I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

1 jul 2011

I Concurso de Incubadora de Sondaxes

Onte, 30 de xuño, foi a entrega de premios do I Concurso Incubadora de sondaxes e Experimentos.
A mesa constituida polo:

Presidente de SGAPEIO
Director do Instituto Galego de Estatística (IGE)
Decana da Facultade de Matemáticas da USC
Representante da Consellería de Educación

fixo entrega dos premios que outorga a sociedade SGAPEIO (Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións).

O premio na categoría de 2º ciclo foi otorgado ao equipo do IES Monelos (A Coruña), polo proxecto titulado:

Podemos predecir a estatura á que vai chegar unha persoa?

23 jun 2011

Resolución do Premio Sgapeio

O equipo do IES Monelos gaña, na categoría de 2º ciclo ESO, o I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, convocada pola sociedade SGAPEIO e representará a Galicia na Fase Nacional que se celebrará en Barcelona.

Un fragmento da acta do xurado é:

1º ciclo ESO:

Título: As novas tecnoloxías, fóra da aula, no IES de Mugardos.
Centro: IES de Mugardos (A Coruña).
Titora: María Ángel Martínez Rodríguez.
Alumnos: Sergio Vila Plana, Carmen Sanmartín Fero, Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Mauriz e Andrés Novoa Menaya.


2º ciclo ESO:
Título: Podemos predecir a estatura á que vai chegar unha persoa?
Centro: IES Monelos (A Coruña).
Titor: Gonzalo Temperán Becerra.
Alumnos: Águeda Castro Quintas, Carmen Méndez Sánchez, Laura Pardeiro Mariño, Paula Pérez Torres e Carmen Picado Molares.


Bacharelato e ciclos formativos de grao medio:
Título: Cantas estrelas podemos ver, a simple vista, dende a nosa localidade?
Centro: IES "Fernando Wirtz Suárez" (A Coruña).
Titor: Enrique Pujales Martínez.
Alumnos: María Piñeiro Ramil, Daniel Barreiro Ures, Rubén Fernández Reigosa, Diego Juárez Rodríguez.



FASE NACIONAL: Foron elexidos para participar na I FASE NACIONAL deste concurso, representando á Comunidade Galega, os traballos gañadores do IES de Monelos e do IES "Fernando Wirtz Suárez".


Máis información: 
Resolución do I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A nova no Xornal da USC
I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos : Bases
Fase Nacional

17 jun 2011

Partículas en colisión

Décimo cuarto desafío do País.

Podes ver o planteamento do problema en:

Partículas en colisión

e o enunciado é:

En un recinto cerrado tenemos un conjunto de partículas en tres estados diferentes: positivo, negativo y neutro. Inicialmente hay 30 partículas positivas, 10 negativas y 17 neutras. En un momento dado, las partículas comienzan a moverse y a chocar entre ellas. Así, cuando dos partículas de diferente estado chocan, ambas cambian al estado restante. Es decir, si chocan una partícula positiva y otra negativa, tras el choque se convierten en dos neutras. De la misma manera, si chocan una negativa y una neutra se convierten en dos positivas; y si chocan una neutra y una positiva se convierten en dos negativas. Esto significa que cada vez que chocan dos partículas de diferente signo, hay una partícula menos de cada uno de sus estados mientras que al estado restante se incorporan dos unidades. Cuando colisionan dos de igual signo, no varían su estado.


La pregunta de esta semana es si es posible diseñar una secuencia de choques de forma que al final todas las partículas acaben teniendo el mismo estado. Si es posible, hay que explicar cómo hacerlo. En caso contrario, hay que demostrar por qué no se puede.

16 jun 2011

Tetractis 54

Sumario

Fotos da V Feira Matemática.
María Wonenburger no Paseo das Ciencias.
IV Certame de Matmonólogos: A cabeza non para!, por María Losada González.
Gañadores e Fotos do IV Certame de Matmonólogos.
As matemáticas na linguaxe coloquial, por Irene Vázquez Gamazo.


15 jun 2011

Solución ao problema da camiseta bordada

As liñas teñen un ángulo de 4º 30'.


Aquí podes ver o vídeo coa Solución

ou ver un estrato da solución:

9 jun 2011

Unha camiseta bordada en zig-zag

Decimoterceiro desafío do País

Podes velo no vídeo: Bordado en zig-zag

O enunciado proposto é o seguinte:

Se quiere diseñar un adorno bordado para una camiseta siguiendo el esquema y las condiciones siguientes:

a) Las puntadas se realizarán en zigzag entre dos rectas que forman un ángulo alfa (ver dibujo en el vídeo).
b) La primera puntada empezará en el punto O, común a las dos rectas, y acabará en una de las rectas (que llamaremos horizontal).
c) Todas las demás puntadas deberán tener la misma longitud y se trazarán sin superponerse ni volver hacia atrás.
d) La última puntada debe ser perpendicular a la línea horizontal.
e) Queremos dar exactamente 20 puntadas.

Se pregunta: 1) ¿Cuál debe ser el ángulo alfa para que se cumplan esas condiciones? 2) Si la distancia entre O y el punto de la horizontal por donde pasa la última puntada fuera de 25 cm ¿Cuál sería la longitud de cada puntada? 3) ¿Qué ocurriría si quisiéramos hacer 21 puntadas en vez de 20 con las mismas condiciones, esto es, que la número 21 fuera perpendicular a la horizontal?

8 jun 2011

Solución ao 12º desafío do País

A solución ao duodécimo problema é 400 coches

Podes ver a solución no Pais:  Solución ao 12º desafío

ou ver a solución seguinte:

5 jun 2011

Unha exhibición de coches de carreira

Duodécimo desafío do Pais

Podes velo no vídeo
Exhibición de coches

ou ler o enunciado:
Se quiere organizar una exhibición de coches de carreras de manera que al comienzo los vehículos formen un cuadrado (de n filas de coches de n coches cada una) y al final los mismos automóviles formen un rectángulo en el que el numero de filas inicial aumente en 5. ¿Puede saberse con total seguridad cuantos coches participarían en esa exhibición? En caso afirmativo, dar el número (justificando la respuesta) y en caso negativo explicar por qué no puede saberse.

2 jun 2011

María Wonenburger no Paseo das Ciencias

Como xa anunciabamos nunha entrada anterior, onte celebrouse unha homenaxe á matemática coruñesa María Wonenburger, que consistiu na colocación dunha placa no Paseo das Ciencias (no entorno da Casa das Ciencias), no Parque de Santa Margarida.
Abreu o acto a concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, logo o Director dos Museos Científicos, Tino Fraga, fixo unha semblanza da vida e obra de María Wonenburger.
Rematou o acto a homenaxeada agradecendo a homenaxe e asistencia á numerosa representación da comunidade matemática e científica coruñesa.


Ver a nova e máis fotos en:



26 may 2011

Guións finalistas do IV Certame de Matmonólogos

Guións dos matmonólogos que participaron na Final do IV Certame de Matmonólogos celebrado no IES Monelos (A Coruña).

Álbum de fotos do IV Certame de Matmonólogos

Fotos do IV Certame de Matmonólogos celebrada o 10 de maio de 2011 na Aula Xurxo Lobato do IES Monelos.

Homenaxe a María Wonenburguer

Os Museos Científicos van colocar, na súa honra, un monolito no "Paseo das Ciencias".

O acto celebrarase o vindeiro 1 de xuño, ás 19:00 h no Paseo das Ciencias (inmediacións do Palacete da Casa das Ciencias da Coruña).

O monolito levará unha placa co seguinte texto:

O Paseo das Ciencias foi creado no ano 2010, XXV aniversario da Casa das Ciencias, e o primeiro homenaxeado foi Isidro Parga Pondal.

25 may 2011

Gañadores do IV Certame de Matmonólogos

Os gañadores do IV Certame de Matmonólogos, que se celebrou o pasado martes 10 de maio, na Sala Xurxo Lobato do IES Monelos son:


Categoría: Primaria e 1º ciclo ESO
Anécdotas matemáticas, (Santiago Valencia Bahamonde)
Alumno de 2º ESO do IES San Mamede (Maceda-Ourense)

Categoría: 2º ciclo ESO e Bacharelato
A cabeza non para!, (María Losada González)
Alumna de 4º ESO do IES San Mamede (Maceda-Ourense)

Categoría: Persoas, en xeral, mayores de 18 anos.
Liberando incognitas, (Covadonga Rodríguez-Moldes Rey)
Profesora de matemáticas do IES Mugardos (A Coruña)

Alumnado do IES Monelos
Camino de la universidad, (Camino Fernández Robelo)
Alumna de 2º Bach. do IES Monelos.

23 may 2011

Álbum de fotos da Feira Matemática

As fotos da xornada celebrada o sábado, 21 de maio, en Palexco.



Máis fotografías en Feira Matemática (Agapema Coruña).

22 may 2011

O IES Monelos na Feira

O IES Monelos estivo presente na V Feira Matemática, celebrada o sábado 21 de maio en Palexco, e ofreceu 3 stand con diversas actividades:

Stand nº 1:  Xeometría de papel

Stand nº 2: Actividades de estatística e probabilidade:
  • Agulla de Buffon.
  • Simulación do movemento dun borracho (Movemento aleatorio).
  • Proporción de peixes nunha piscifactoria.
  • Método de Montecarlo: 
      1.  Coa actividade π-dardo
      2. Con números aleatorios, que se preguntaban aos visitantes.
  
Stand nº 3:
  • Obxectos matemáticos cotiás.
  • Are you en π?
  • π-days.
 
Ademais:
  • Presentacións: O prezo do mexillón, Anamorfose.
  • Matmonólogos.
  • Boletín de divulgación matemática, Tetractis.

A Feira Matemática na TVG

A Televisión de Galicia fíxose eco da Feira Matemática celebrada na Coruña, e na nova de informativos aparece, Zaira, alumna de 3ºESO A, comentando as actividades dun dos stands do IES Monelos: Are you en π e Cantos π-anos cumples (π-days)?

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG