O programa DESCARTES do MEC inclúe dentro do seu portal a posibildade de acceder ás matemáticas da ESO de maneira autónoma e en galego.
Co proxecto ed@d (Ensinanza Dixital a Distancia) o Ministerio de Educación de España presenta un novo modelo de libro interactivo, que permite aos estudantes aproveitar as vantaxes das Tecnoloxías da Información e a Comunicación para mellorar a súa aprendizaxe autónoma e axilizar a comunicación cos seus titores, nun entorno tecnolóxico avanzado.
Estou encantado de que divulguedes este fenomenal recurso. Eu invitaría a todo o mundo a que o probase e aos profesores de matemáticas a que o usen.
ResponderEliminarReparade na páxina de entrada de cada unidade didáctica. Hai un caderno (doc/odt/pdf) para que o alumnado o cubra a medida que vai realizando as actividades. Ao descargar as unidades teremos tamén uns apuntes sobre cada unha das unidades. Podedes consultalos aquí:
http://cartaxeometrica.blogspot.com/2011/09/unidades-didacticas-de-matematicas-para.html