O vindeiro mércores, 21 de decembro, celebraremos o XI Aniversario da fundación da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA).
Este ano a mestra de ceremonias será a profesora Sandra Sambade Nieto, que este curso imparte clase, provisionalmente, no IES Mosteirón (Sada) e que disertará sobre o tema:
Matemáticas e Arquitectura, forma e función
resultado do Traballo Fin de Máster de Matemáticas pola Universidade de Santiago.
O acto celebrarase, ás 20:00 h, na Aula de Matemáicas do IES Ramón Otero Pedrayo
Sandra Sambade ademais de:
- Ser vocal da delegación de AGAPEMA Coruña,
- Formar parte da comisión organizadora da Feira Matemática,
iniciou a súa andaina no IES Monelos, no curso 2006-07.
No hay comentarios:
Publicar un comentario