15 dic 2011

II Concurso Incubadora de Sondaxes e experimentos

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) convoca a segunda edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Participantes

A participación pode ser individual ou en grupo (máximo de 4 estudantes). Cada participante ou grupo deberá contar cun docente-titor do seu centro, que supervise o traballo presentado.

Non hai limitación de concursantes por un mesmo centro, nin de traballos titorizados por un mesmo docente. Só se permite unha participación por estudante.


Proxecto
Os participantes no concurso realizarán un proxecto de estatística e/ou investigación de operacións:


Os resultados preséntanse mediante un informe escrito e unha presentación, nos que se deben especificar, polo menos, os seguintes aspectos: obxectivos do estudo, descrición da recollida de datos (sondaxe, plan experimental ou base de datos pública), análise estatística e interpretación dos resultados, conclusións e posibles melloras e extensións do proxecto. Os traballos poden redactarse en galego ou en castelán.


Premios
Concederase un premio en cada unha das seguintes categorías:
- Categoría A: Primeiro ciclo de ESO (cursos 1º e 2º).
- Categoría B: Segundo ciclo de ESO (cursos 3º e 4º).
- Categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio.


Datas
  • Inscrición de traballos: desde o 10 ata o 31 de xaneiro de 2012.
  • Entrega dos traballos finalizados: desde o 23 ata o 30 de abril de 2012.
  • Do 1 ao 10 de xuño de 2012 darase a coñecer o fallo do xurado e a data do acto de entrega de premios.
Máis información en SGAPEIO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario