17 dic 2011

Unha xornada olímpica

Seis alumnos do IES Monelos participaron na Olimpíada Matemática Galega 2011-12.

Catro alumnas de 1º de Bacharelato e dous alumnos de 2º (Ver relación de inscritos) participaron na Olimpíada Matemática Galega que se celebrou o sábado, 17 de decembro, na Facultade de Matemáticas da USC (Ver benvida e fotos)


A verdade que foi unha xornada moi animada, xa que, mentres os alumnos lidiaban con estes problemas (6 problemas en 7 horas):



máis de cen profesores de Galicia participaban nunha

Presentación de GeoGebra 4 e Proxecto Gauss,

organizada pola Facultade de Matemáticas en colaboración co Instituto Geogebra de Galicia,
e por se fora pouco, os alumnos de ESTALMAT participaban, á par que todos os equipos de España, nunha actividade chamada Matemáticas ao sprint.

Os alumnos aproveitaron para visitar a Sá de Orlas na Facultade, sacar fotos das orlas dos seus profesores e descubrir que o seu profesor, tamén se chama Tino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario