15 dic 2009

Charla de José María Barja

Para celebrar o IX Aniversario de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática) puidemos asistir a unha charla, que baixo o título de "Clases de restos...santos", impartíu o Reitor da Univerdidade da Coruña e socio de Agapema, José Mª Barja Pérez.

Enrique de la Torre, Delegado de Agapema en Coruña, presentando ao ponente José Mª Barja.


Na charla, Barja falou de calendarios, meses perversos, pontes perfectos no calendario e doutros conceptos e mostrou diversos feitos (teoremas) coma, por exemplo:

  • Ningún ano pode ter menos de un nin máis de tres martes-13 ou venres-13.

  • O día 13 cae, con máis frecuencia, en venres que en calquera outro día da semana.

  • O ano común finaliza no mesmo día da semana no que comezou.

  • A separación dos Anos Santos Composteláns (ASC) segue o ciclo 6-5-6-11, pero esto non ocorre no ano 2094.

  • Nun ASC so hai un venres-13 e dous se é bisesto.

  • Se o ano que segue a un ASC é común, contén unha ponte perfecta (a ponte da constitución cae en martes e xoves); isto ocorre no ano 2011.


No hay comentarios:

Publicar un comentario