Boas prácticas: aprendendo dos demais.
Nos últimos anos son moitas as actividades que se realizan nos centros e que están a potenciar a lectura e a súa relación coas matemáticas, co obxectivo básico de desenvolver a capacidade lectora no alumnado.
Tanto é así que, Enrique de la Torre e eu, ofrecemos en EsTalMat (Estimulo do Talento Matemático) unha actividade titulada Matemáticas e Narrativa ou que no departamento de Matemáticas do IES Monelos traballamos, no ano 2008, un Seminario Permanente con ese título e que tivo como produto un lote de carteis, que se pode ver neste blogue:

Pero, neste momento, quixera ofrecervos unha mostra das boas prácticas que se están realizando en diversos centros: dous galegos (IES Ramón Otero Pedrayo na Coruña e IES Poeta Díaz Castro en Guitiriz-Lugo) onde os nosos colegas: Santiago López Arca e Victor Pollán, respectivamente, están levando a cabo unha laboura de sobra coñecida; e outro manchego: o IES Izpisúa Belmonte (Hellín-Albacete).
Estes son os enlaces:
Lecturas matemáticas (IES Ramón Otero Pedrayo)
Literatura y matemáticas (IES Poeta Díaz Castro)
Lecturas recomendadas (IES Izpisúa Belmonte)
Disfrutade destes enlaces, onde poderedes atopar unha grande cantidade de recursos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario