A Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela presenta a Convocatoria 2010 do Proxecto “ESTALMAT- Galicia” para a detección e estímulo do talento en Matemáticas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxectivo: Fomentar a afección e a habilidade especial en Matemáticas en nenos e nenas de Galicia, nacidos en 1997 ou 1998.
Proceso de selección: Constará de tres fases:
1. Proba de aptitude. Terá lugar o sábado 5 de xuño de 2010, ás 10 horas, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. Consistirá na resolución dunha colección de problemas.
2. Test psicométrico. Terá lugar o mesmo sábado 5 de xuño, ás 13:00 horas, na mesma Facultade de Matemáticas.
3. Entrevista persoal. Unha vez corrixidas as probas, levarase a cabo unha entrevista cos nenos e nenas preseleccionados e con seus pais ou titores, que previamente serán avisados persoalmente, encamiñadas a avaliar o interese e o grao de compromiso co proxecto.
Máis información en Estalmat Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario