Como xa anunciabamos nunha entrada anterior, titulada 1000 grous, hoxe celebramos esta actividade co obxectivo de solidarizarnos co pobo xaponés ante o cúmulo de desgrazas que están a padecer.
A profesora, Alicia Pedreira, elaborou o cartel que aparece a continuación
e xunto cos alumnos da súa titoría, que por un día fixeron de monitores, ensinaron aos demais alumnos como se fan os grous.
Así que, pouco a pouco, fóronse completando máis de 50 tiras de 20 grous, que se colgaron no distribuidor do noso centro.
Aquí tedes unha selección de fotografías que dan conta da actividade:
24 mar 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
pois no cpi o cruce de cerceda tamén nos puxemos á tarea de facer as mil grúas. aquí vos deixo un link coas fotos de como quedou a entrada do noso instituto.
ResponderEliminarhttp://img189.imageshack.us/slideshow/webplayer.php?id=imag0013f.jpg
sandra sambade (profesora de matemáticas do cpi o cruce)