Logotipo da Corporación Caixa Galicia
Este logotipo imita á curva Lemniscata, estudiada por Jacob Bernouilli.
O símbolo de infinito segue esta curva, usado por primeira vez polo matemático John Wallis.
Ver Etimoloxía de Lemniscata.
Curva Lemniscata elaborada polo Grupo Xeodin |
O abanico da foto representa un ángulo plano (180º) dividido en 23 partes.
Cada sector ten unha amplitude de 180º/23 = 7º 49' 34''.
Sinalización vial horizontal
Esta sinalización aparece deformada (alongada) para que o conductor, desde a súa posición e para unha velocidade estandar, poida visualizar a sinal coa súa forma normal.
Este proceso chámase anamorfose:
Ver:
- Anamorfoses de Eduardo Relero.
- Artigo de Paloma Tarrío en Tetractis 40
O logotivo de Oysho presenta unha simetría central, é, polo tanto, un ambigrama.
A fronte da Domus
O edificio da Domus é obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, que ideou a súa fronte coma unha vela inchada polo vento; e, polo tanto, a súa superficie representa unha velaria, que é precisamente iso, a superficie que segue unha vela dun barco inchada polo vento.
Ademais, unha curva sección desta superficie é unha catenaria.
Vías de acceso a unha autoestrada
Estas vías de acceso ou saída dunha autoestrada seguen unha curva chamada Clotoide ou Espiral de Cornu e ten a propiedade de que a súa curvatura en calquera punto é proporcional á distancia ao longo da curva medida desde a orixe. Un vehículo que segue esta curva a velocidade constante terá unha aceleración angular constante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario