Os mil grous de origami (papiroflexia) son un conxunto de mil grous de papel unidos por cordas. Unha antiga lenda xaponesa promete que calquera que faga mil grous de papel recibirá un desexo por parte dun grou, tal como unha longa vida ou a recuperación dunha enfermidade.
Os mil grous de origami converteuse nun símbolo de paz, debido á historia de Sadako Sasaki, unha pequena xaponesa que desexou curar da súa enfermidade (leucemia) producida pola la radiación dunha bomba atómica. A dramática historia ven dun libro chamado Sadako e os mil grous de papel.
I Feira Matemática 2007
Podes ler a historia no número 9 de Tetractis, editado para a I Feira Matemática na que celebramos o Día Escolar das Matematicas de 2007, baixo o lema " Matemáticas e Paz":
Outra nova relacionada: A lenda dos mil grous
Se queres tamén podes axudar a Makiko (unha xove xaponesa que vive en Madrid) e mandarlle un grou á seguinte páxina:
Os mil grous para Makiko
Neste vídeo de Makiko podes ver como se fai un grou
ou imprime estes desevolvementos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario