(Cartel elaborado pola alumna Paloma Tarrío Alves)
Os participantes presentarán un guión cunha extensión máxima de mil palabras en lingua galega ou castelá. O tema deberá estar relacionado coas matemáticas. Deberán presentarse en formato DINA4, por unha cara, a dobre espazo, con corpo de letra de 12 puntos e encabezados polo título.
Estabelécense catro categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:
¨ Alumnado de primaria e primeiro ciclo de secundaria.
¨ Alumnado de segundo ciclo de secundaria e bacharelato.
¨ Persoas, en xeral, cun mínimo de 18 anos e sen límite de idade.
¨ Alumnado do IES Monelos.
O prazo de entrega dos relatos comeza o 15 de xaneiro e remata o 15 de abril de 2010, ambos inclusive. Presentaranse no rexistro de entrada do IES Monelos ou enviarase mediante correo ao seguinte enderezo:
III Certame de Mat-monólogos
Departamento de Matemáticas
IES Monelos
Rúa Montes, 62
15009 A Coruña
O xurado comunicará a selección dos guións aos autores antes do 30 de abril de abril de 2010. A defensa farase, ben polo/a autor/a ben por un/ha alumno/a do IES Monelos, nun acto que se celebrará na Aula Xurxo Lobato do IES Monelos o martes, día 11 de maio de 2010 ante un xurado que se formará para a ocasión.
Podes ler as bases:
e os guións finalistas doutras edicións en:
No hay comentarios:
Publicar un comentario