9 ene. 2012

Comeza o Open Matemático

O Open Matemático é un concurso de resolución de problemas de Matemáticas onde:
  • Os problemas pódelos resolver na túa casa e poñer as solucións, nas datas indicadas, na urna que se habilitará na entrada do instituto.
  • Desenvólvese en 7 xornadas mediante un sistema de liga de resolutores de problemas.
  • Cada problema resolto valerá 2 puntos e nas sucesivas xornadas haberá que resolver: 4, 2, 3, 2, 3, 2 e 4 problemas, respectivamente.
As datas e horarios límite de entrega das solucións serán:

1ª xornada: Luns, 23 de xaneiro. Hora: 10:30 h.
2ª     "      : Luns, 30 de xaneiro.    "       "
3ª     "      : Luns, 6 de febreiro.     "       "
4ª     "      : Luns, 13 de febreiro.   "       "
5ª     "      : Venres, 17 de febreiro. Hora: 14:00 h
                  (Debido ao antroido)
6ª:    "      : Luns, 27 de febreiro. Hora: 10:30 h.
7ª     "      : Concentración: 1 de marzo ás 16:00 h.

PREMIOS

A NIVEL NACIONAL

CLASIFICACIÓN XERAL:
1º, 2º e 3º clasificados e mención especial para 4º, 5º e 6º


PREMIOS DE BELEZA
(forma orixinal, inxeniosa... á solución dun problema):
1º e 2º clasificados e mención especial aos 3º e 4º

NO CENTRO
  • Mellor puntuación de 1º ciclo.
  • Mellor puntuación de 2º ciclo.
  • Mellor puntuación de Bacharelato
E como conseguir os problemas?
  • Na conserxería do centro.
  • Por e-mail.
  • No blog TETRACTIS, a partir da 2ª xornada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario