27 ene 2011

Resolución de obxectos matemáticos (3)

3º poster de Obxectos matemáticos cotiás.

Máquina elíptica
Como podemos observar na seguinte foto (o código html da simulación en Geogebra parece incompatible con Blogger), o mecanismo dunha máquina elíptica consta dun émbolo, un de cuxos extremos recorre unha circunferencia e o outro extremo recorre un segmento, que contén un punto P (onde se apoia o pé) que descrebe unha elipse.


 
Diafragma dunha cámara fotográfica.
Cando disparamos unha cámara fotográfica estamos abrindo unha cortina e deixando que a luz entre nela a través dunha ventá chamada diafragma. Dependendo do que abramos máis ou menos o diafragma a cantidade de luz que penetra na película será maior ou menor.
Fotografía do blogue: Progresos en el mundo de la fotografía
No obxectivo da cámara hai unha arandela graduada cunha serie de números que se chaman números f (f de factor de proporcionalidade).
A serie de números é: 1   1,4   2   2,8   4   5,6   8   11   16
A razón deste números é que para que entre o dobre de luz se necesita un factor de proporcionalidade raiz de 2; resultando unha progresión xeométrica de razón raiz de 2.


Enxame de abellas.
Podemos acudir ao artigo: Abellas e Matemáticas de Javier Sampedro, en Tetractis 48, onde se fala de:
  • As abellas resolven o problema isoperimétrico.
  • Comunicación das abellas en círculos e oitos.
  • A sucesión de Fibonacci nas abellas.
  • As abellas resolven o problema do viaxante.
Tendido electrico dun tranvía.
O tendido eléctrico debuxa unha catenaria (curva que descrebe un cable que está suspendido dos extremos).
Podes ver tamén catenaria (ferrocaril).

Margarida.
A margarida ten un número de pétalos igual a 21 (a máis común) ou 34, ámbolos dous son elementos consecutivos dunha sucesión de Fibonacci.

Home de Vitruvio.
O Home de Vitruvio é un debuxo feito por Leonardo da Vinci, para a obra A divina proporción de Paccioli.
É un canón de proporcións humanas e relacionado co número áureo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario