20 dic 2010

Resolución de obxectos matemáticos 2

2º Póster de Obxectos Matemáticos cotiás
Cociña solar
A cociña solar ten a forma dun paraboloide e a pota estaría situada no seu foco, e polo tanto, cumpre as propiedades ópticas da parábola, que xa vimos no 1º póster de obxectos matemáticos.

Foco de xardín
O foco de xardín dispón dun espello con sección hiperbólica, a lámpada estaría situada nun dos seus focos, e cumpre as propiedades ópticas da hipérbole, é dicir, os raios de luz que saen da lámpada son reflectidos polo espello na dirección que marca o outro foco, tal e coma mostra a figura: o que o fai apto para iluminar grandes espazos: xardíns, campos de fútbol, fachadas de edificios…





Cadro de Dalí
O cadro “Semicunca xigante volante” de Salvador Dalí ten unha disposición de sección áurea (rectángulos áureos e espiral áurea).




Logotipo de Caixanova
O logotipo de Caixanova é una banda ou cinta de Möbius (lese Moebius), unha superficie dunha soa cara.


Rosca dunha botella
O tapón e a rosca dunha botella de auga segue unha hélice.

Piña de piñeiro
A piña ou cono dun piñeiro presenta unha distribución helicoidal das súas escamas, tanto en sentido das agullas dun reloxo (dextróxiro), como no sentido contrario (levógiro) . En ámbolos dous casos o número de hélices son termos da sucesión de Fibonacci (8 e 13 son os máis comúns).

No hay comentarios:

Publicar un comentario