Pode existir un xigante semellante a un humano?
Alicia no país das marabillas
Alicia está sentada baixo unha árbore, cando aparece un coello branco, vestido con chaqueta e chaleco; que corre dicindo que chega tarde, mirando o seu reloxo de bolso. Alicia vai detrás dél e cae nun pozo durante moito tempo.
Alicia atopa unha pequena botella, que di “BÉBEME”; esta poción encolle a Alicia ata medir 25 cm de altura. Despois atopa un pastel co letreiro "CÓMEME” convertindoa nunha xigante.
As viaxes de Gulliver
Publicados en 1725, As viaxes de Gulliver relatan as catro viaxes sucesivas dun ciruxán e capitán de barco a Liliput, un país de homes diminutos, a Brobdingnag, un país de xigantes, á illa voadora de Laputa que goberna os seus territorios desde o aire, e finalmente ao país dos Houyhnhnms, onde os seres intelixentes no son os homes, senón os cabalos.
O xigante de Brodingnag é doce veces máis alto que Gulliver. Tal e como o describe Swift o ser humano normal e o xigante teñen a mesma constitución, pero na realidade os dous homes son semellantes en corpo e forma.
Para responder á pregunta planteada ao principio, resolve, primeiro, estas actividades:
- O xigante de Brodingnag é doce veces máis alto que Gulliver. Tal e como o describe Swift o ser humano normal e o xigante teñen a mesma constitución, pero na realidade os dous homes son semellantes en corpo e forma: Razón = 12.
- Como a resistencia dos ósos das pernas é proporcional á área da súa sección recta, a relación de resistencia é: Razón de áreas = 144.
- Polo tanto, as pernas do xigante son 144 veces máis resistentes cás de Gulliver. Pero debemos ter en conta que o peso que as pernas soportan é proporcional ao volume, a relación de pesos é: Razón de pesos = 1728.
- Mentres que a resistencia do xigante aumentou 144 veces o seu peso, sufriu un aumento de 1728 veces, polo tanto, a súa resistencia é doce veces menor que a de Gulliver, ou o que é o mesmo, o xigante, para soportar o seu propio corpo deberá facer un esforzo análogo ao que teríamos que facer nós camiñando con once persoas ás costas.
- Para un xigante coa mesma configuración ca un home normal habería que empregar un material máis resistente para formar os seus ósos ou do contrario remataría por quedar aplastado por si mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario