27 abr 2011

IV Día do Científico Galego

Este ano estivo dedicado ao astrónomo e matemático D. Ramón María Aller Ulloa.

Ramón María Aller Ulloa naceu o 3 de febreiro de 1878 en Donramiro, Lalín. Con vinte anos obtivo un doutoramento en Teoloxía e foi ordenado sacerdote. De seguido, decide desenvolver a súa pasión pola Ciencia e se matricula en Ciencias Exactas. Unha vez rematada a carreira, en torno a 1905, comezou a facer observacións astronómicas dende a súa casa, xa en Lalín, utilizando un anteollo e mais un teodolito. As súas observacións do cometa de Joannesburgo 1910a chegaron a ser publicadas no Anuario do Observatorio de Madrid.

En 1917 decidiu crear en Lalín o seu propio Observatorio co obxecto de traballar en mellores condicións.
En 1940 comeza a súa labor de docente na Universidade de Santiago de Compostela, onde tres anos despois se inaugura un Observatorio na Residencia Universitaria ao que se trasladan os instrumentos de Lalín.
Morre en Lalín o 28 de marzo de 1966, aos 88 anos de idade.



O Día do Científico Galego foi instaurado o 23 de abril de 2007 pola Real Academia Galega das Ciencias coma unha homenaxe de recoñecemento a aqueles científicos que, nacidos en Galicia ou que realicen a súa carreira científica en Galicia, contribuan ao desenvolvemento do coñecemento e da innovación de maneira notable e significativa.

Os anteriores Científicos Galegos nomeados foron:
2010: Cruz Gallástegui Unamuno.

Ler a nova na Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario