24 feb 2010

I Concurso de Microrrelatos Irracionais

A Sociedade Madrileña de Profesores de Matemáticas (SMPM) "Emma Castelnuovo" convoca o I Concurso de Microrrelatos Irracionais no que poderán concursar profesores e alumnos sen restricción de curso, con todos os microrrelatos que o desexen.

Os microrrelatos, escritos en castelá, terán un máximo de vinte palabras e deberán cumplir o requisito de que o número de letras de cada palabra sexa a cifra correspondente dun número irracional, tal e como se mostra no seguinte exemplo:

3 1 4 1 5 9 2 6 5 3 5 8
Así, y digo a todos puramente la verdad, acaba una fugaz historia.


Os números irracionais a elixir son φ, e, π, √2 .
Utilizaranse, como máximo, as vinte primeiras cifras do número irracional elixido, tal e como aparecen, eliminando os seus ceros.

Máis información

1 comentario:

  1. Tres alumnos do IES Monelos, opinamos que os premio non son os axeitados, creemos que sería mellor se o premio fosen uns bocadillos en Alfredo's bar. Grazas pola súa atencion. Un saúdo.

    ResponderEliminar