9 jul 2011

Gañamos a Fase Nacional!

O equipo do IES Monelos gaña a Fase Nacional do I Concurso Incubadora de Sondeos y Experimentos (Categoría ESO), que se celebrou na Facultade de Matemáticas e Estatística da Universidade Politécnica de Cataluña os días 7 e 8 de xullo.
Na foto, Águeda Castro nun momento da presentación




O gañador, na categoría de Bacharelato, foi o equipo da Comunidade de Madrid (IES Cardenal Cisneros) co traballo titulado:
El efecto placebo en el café.


10 comentarios:

  1. Noraboa ao alumnado e ao profe!!!
    Sandra

    ResponderEliminar
  2. Parabéns! Merecédelo polo bo traballo realizado. Sodes un exemplo no que fixarnos.
    Pablo T.

    ResponderEliminar
  3. ¡Noraboa a todo o equipo!
    José Luis.

    ResponderEliminar
  4. Noraboa a todos! Aínda que agora son funcionaria en Castela e León sigo o blog a miúdo e penso que o recoñecemento é moi merecido. Un saúdo, Iria

    ResponderEliminar
  5. Noraboa a todo o equipo do IES de Monelos(profe e alumnos/as)por ese bo traballo e por conseguir implicar o alumnado no mesmo.
    Antón Amil

    ResponderEliminar
  6. que alegríaaaaaa !!!!!!!!!, noraboa a Gonzalo e a esas alumnas que tiven ocasión de escoitar explicando o traballo na fase galega, precioso traballo!!
    Saúdos
    Conchi

    ResponderEliminar
  7. Enhorabuena.
    Es una investigación preciosa y muy original

    ResponderEliminar
  8. Menudo equipo de rapazas: boas estudiantes, me-llores compañeiras e apuntándose a investiga- cións coma esta. Foi unha ledicia contaros entre as miñas alumnas.
    Noraboa Gonzalo

    ResponderEliminar
  9. Case non uso este correo e acabo de enterarme. Non coñezo ás alumnas pero si que coñezo ao profe... e dime con quen andas e xa che direi quen es.
    Noraboa ás mozas polo traballo que fixeron, por crer no profe e polo premio. E noraboa a Gonzalo porque todos sabemos o que custa motivar ao alumnado para participar e o traballo que hai detrás dese diploma.
    Unha aperta.
    Coque

    ResponderEliminar
  10. Parabens ao alumnado e profesorado participante e gañador e, parabens por este extraordinario blog que agora de profe me fai descubrir as matemáticas, que diferenza respecto daqueles tempos nos que era estudante!. Vendo todo este traballo queda demostrado que a EXCELENCIA existe no ensino e, por suposto, no ensino público.

    ResponderEliminar