
29 oct 2010
TANGRAM

28 oct 2010
A Coruña vista con ollo matemático
Recuperamos a exposición "A Coruña vista con ollo matemático", que foi o resultado dun Seminario Permanente levado a cabo no IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña) no ano 2004.
Está composta de 14 carteis con títulos coma: números, cónicas, curvas, prismas, pirámides, rosa dos ventos, cuádricas, rosetón e sólidos de revolución con fotografías de obxectos cotiás, espazos, arquitectura... da cidade da Coruña.
27 oct 2010
QUE CURIOSO!

A quen se lle ocorre isto? Ou, foi por casualidade?
EL ALGEBISTRA, UN TANGO
Letra de Enzo R. Gentile
Música del tango "Mano a mano".
Algebrista te volviste
refinado hasta la esencia
oligarca de la ciencia
matemático bacán.
Hoy mirás a los que sudan
en las otras disciplinas
como dama a pobres minas
que laburan por el pan.
¿Te acordás que en otros tiempos
sin mayores pretensiones
mendigabas soluciones
a una mísera ecuación?
Hoy la vas de riguroso
revisás los postulados
y junás por todos lados
la más vil definición.
Pero no engrupís a nadie
y es inútil que te embales
con anillos, con ideales
y con álgebras de Boole.
Todos saben que hace poco
resolviste hasta matrices
y rastreabas las raíces
con el método de Sturm.
Pero puede que algún día
con las vueltas de la vida
tanta cáscara aburrida
te llegue a cansar al fin.
Y añores tal vez el día
que sin álgebras abstractas
y con dos cifras exactas
te sentías tan feliz.
http://www.rinconmatematico.com
25 oct 2010
MATEMATICALIA
Matematicalia, revista dixital de divulgación matemática, dirixida a un público o máis amplo posible e pretende introducir aos seus lectores na beleza e aplicacións prácticas das matemáticas, sacando o máximo partido de Internet como medio para a publicación de materiais que conteñen gráficos dinámicos e a toda cor, hipervínculos internos e externos a recursos relacionados, applets en Java, Flash, Shockwave outras linguaxes, clips de audio e vídeo, e outras posibilidades propias da Rede. A linguaxe de publicación é o castelá.
Cada volume de Matematicalia comprende un ano natural e ata xaneiro de 2010, constaba de cinco números que aparecían nos meses de febreiro, abril, xuño, outubro e decembre do ano correspondente. Desde xaneiro de 2010, cada volume consta de catro números, que se publican nos meses de marzo, xuño, setembro e decembro. As seccións de cada número son as seguintes:
Ciencia, Comunicación, Cultura, Economía, Educación, Internacional, Multimedia, Nacional, Sociedade, Tecnoloxía, Pasatempos, Momentos Matemáticos / Humor
Pódese visitar en Matematicalia
24 oct 2010
Boletín da Titulación de Matemáticas da UAL
A titulación de Matemáticas da Facultade de Ciencias Experimentais da Universidade de Almería presenta esta revista de divulgación matemática dirixida ao profesorado de Ensinanza Secundaria e Universitario, ao alumnado de Bacharelato e, por suposto, aos estudantes da Titulación de Matemáticas.Tetractis na wikipedia galega
Tetractis xa ten unha entrada na wikipedia galega (Galipedia) que podes ver no enderezo:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Tetractis
22 oct 2010
A Feira Matemática estrea nova web
A Comisión organizadora da Feira Matemática está comezando a preparar a súa V edición con algunhas novidades:
- Celebrarase o sábado 21 de maio de 2011.
- A nova sede será PALEXCO.
- Estará dedicada a "Matemáticas e Química", xa que o Día Escolar das Matemáticas levará ese título, porque o ano 2011 será o Ano Internacional da Química.

Esta é carta que esta chegando a todos os centros de ensino.
Así que, Anímate e Participa
Morre Benoit Mandelbrot
O matemático polaco, Benoit Mandelbrot, (nacionalizado francés e norteamericano) morreu o pasado xoves 14 de outubro, aos 85 anos, en Cambridge (Massachusetts, Estados Unidos), debido a un cáncer de páncreas, segundo confirmou a súa muller Aliette ao diario The New York Times.
Mandelbrot está considerado o principal responsable da teoría dos fractais, conceptos matemáticos con aplicacións en física, bioloxía ou economía.
Ver a noticia en : País, O Periódico de Cataluña, BBC Mundo, O Ideal Dixital
Entrevista de Punset a Mandelbrot
21 oct 2010
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

AGAPEMA, ENCIGA, APTEGA, IGACIENCIA, A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística (ENDL) súmanse á proposta de celebrar o 4 de novembro de 2010 como o Día da Ciencia en Galego, que vai a esta dedicado a
Ramón María Aller
James Clerk Maxwell
Afonso X o Sabio
As actividades a realizar figurar na páxina:
http://www.cienciaengalego.org/
e a proposta xeral e construir un papaventos, estudar o seu funcionamento e a súa historia.
Na páxina web da convocatoria hai numerosos enlaces sobre construcción, historia, funcionamento, etc.
Por exemplo, a historia pódese consultar na páxina de Sotavento Galicia
Pola nosa parte, construiremos papaventos tetraédricos, seguindo o modelo de Alexander Graham Bell, que propón Juan Miguel Suay Belenguer, e que podedes ver a continuación:
19 oct 2010
CONCURSOS LITERARIOS RSME-ANAYA
A Real Sociedade Matemática Española convoca a sexta edición dos Concursos Literarios de Narracións Escolares e Relatos Curtos RSME-ANAYA.Os traballos poderán presentarse en calquera das linguas oficiais do Estado Español e a data límite para a entrega de traballos será en decembro.
Para saber máis
Concurso de Narracións 2010
Concurso de Relatos Curtos 2010.
15 oct 2010
Día Mundial da Estatística

A Estatística é unha ferramenta básica que forma parte indiscutible da cultura media do cidadán, xa que non se pode comprender axeitadamente o mundo actual sen habilidades mínimas de razoamento en condicións de incerteza. É tamén un instrumento imprescindible na investigación científica, na que o método estatístico forma parte esencial da contrastación e validación do avance do coñecemento.
Tetractis 46
Día da Ciencia en galego: 4 de novembro.
Día Mundial da Estatística: 20-10-2010.
Obxectos matemáticos cotiás.
A ponte do Pedrido: un obxecto do no noso contorno.
Parámetros estatísticos en catro calculadoras CASIO.
Instituto Galego de Estatística (IGE).
12 oct 2010
POTENCIAS DE 10
Sen embargo, hai que advertir que o narrador comete un erro ao confundir adxectivos partitivos (onceava e doceava) con ordinais (undécima e duodécima), que é como deberían ser as potencias
e unha demo do vídeo "Belén e a xeometría"
10 oct 2010
A PONTE DO PEDRIDO
Inaugurouse no ano 1943 e constituíu un fito na enxeñería civil en España, xa que o seu arco central era o terceiro, a nivel mundial, con maior luz.Está formado por 13 arcos laterais onde a súa curva directriz é unha cuártica (función polinómica de grao catro - parábola de cuarto grao, para o autor)

A curva debuxada por un programa informático sería:
O arco central é atirantado e montouse en tres tramos:
Publicacións (1944) de Cesar Villalba Granda na Revista de Obras Públicas:Cimentacións e Arcos da Ponte do Pedrido
Noticia na Voz de Galicia: Un hito de la ingeniería en horas bajas
TETRACTIS AO CUBO
Tetractis é o número sagrado dos pitagóricos, o 10, que encerra as catro dimensións (punto, recta, plano e espazo).
3 oct 2010
GREGORI PERELMAN
Grisha por los puentes de KönigsbergOBXECTOS MATEMÁTICOS COTIÁS
Abrimos unha nova sección co obxectivo de estimular o recoñecemento das propiedades en obxectos da vida cotiá: no fogar, no deseño urbano e industrial, na arquitectura, na arte, na natureza...
Comezamos con seis obxectos que podes observar:

Deixa as túas ideas no blogue
1 oct 2010
Un reloxo solar no IES Mugardos
O luns, día 4 de outubro, o sacerdote, profesor de matemáticas e ciencias italiano, Alberto Cintio e grande afeccionado á astronomía, asistirá á inauguración do reloxo de sol do IES de Mugardos.
O reloxo é o terceiro deste tipo que se instala na provincia da Coruña (xunto ao da igrexa de Ares e do IES Elviña) deseñado por este profesor italiano.
O funcionamento do reloxo pódese ler no seguinte documento que nos remite a nosa colega de matemáticas e directora do IES Mugardos, Covadonga Rodríguez-Moldes,
Nas seguintes fotografias, tamén remitidas pola directora do IES Mugardos, pódese observar ao profesor italiano no momento que toma medidas para deseñar o reloxo.
INGRID DAUBECHIES
A Primeira Presidenta da UMI é unha muller belga, de 55 anos, física de formación e catedrática de matemáticas na Universidade de Princenton.
Traballa en Matemáticas aplicadas, experta en wavelets, unha ferramenta usada no formato informático de imaxes JPEG.
Entrevista no País


