- Que patrón seguen a seguinte secuencia numérica:
5 – 4 – 2 – 9 – 8 – 6 – 7 – 3 – 1 ? - Tres caixas opacas de caramelos aparecen etiquetadas en tres tipos: anís, menta e mestura de ambas clases. Ningún destes rótulos está colocado na caixa correspondente. ¿Cántos caramelos debemos extraer de cada caixa para colocar correctamente as etiquetas?
- No interior da habitación hai unha lámpada. Fora hai tres interruptores, e só un deles acende a lámpada. Nos estamos fora e só podemos entrar una vez na habitación. ¿Cómo achar o interruptor que acende a lámpada?
- ¿Cómo medir exactamente 9 minutos con dous reloxos de arena de 4 e 7 minutos?
- Un alumno lle pregunta o mestre: ¿Qué idade teñen as túas fillas? E o mestre dille:“ Se multiplicas as súas idades o resultado e 36 e se as sumas dá o número da túa casa”o alumno lle indica: fáltame un dato!. E o mestre contesta “ si, a filla máis vella toca o piano” ¿Cales son as idades das fillas?
- Dúas portas, dous gardiáns (un que sempre minte, e outro que sempre di a verdade), unha porta leva á saída do labirinto e á outra só te mantén no labirinto. Só é lícito facer unha pregunta a un só gardián. As dúas portas se perciben iguais, os dous gardiáns tamén.
- O último volve a ser unha cuestión de idades: Unha nai é 21 anos maior co seu fillo. O cabo de 6 anos, o fillo será cinco veces menor ca súa nai ¿ que está facendo o pai?
30 nov 2009
Os enigmas da película "A habitación de Fermat"
Etiquetas:
O problema de hoxe,
Resolución de problemas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario