3 abr 2011

Domingo Fontán, matemático galego

Domingo Fontán Rodríguez (Portadoconde-Portas, 1788-Cuntis, 1866), xeógrafo, matemático e político galego coñecido por ser o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia. Foi alumno do matemático, José Rodríguez, e pouco máis tarde ocuparía a cátedra de Matemáticas Sublimes.


Ver o artigo de Suso de Toro, no País:  

Outros enlaces:
Fundación Domingo Fontán
Domingo Fontán (wikipedia)
Páxina realizada polo CPI Domingo Fontán (Portas)

2 abr 2011

5º poster de obxectos matemáticos cotiás

Quinto póster con obxectos da nosa vida cotiá para descubrir as súas propiedades matemáticas.

Esta quinta proposta esta composta por:
  • Os anuncios que se ven nos partidos televisados a carón das porterías.
  • O contaquilómetros dun coche.
  • Lambonadas de regalicia.
  • Litotriptor extracorpóreo de ondas. (Aparato usado en hospitais para desfacer os cálculos renais).
  • Conxunto de arcos de A Pedrera (Casa Milá), de Antonio Gaudí.
  • Rosetón dunha igrexa.
Deixa as túas respostas en "comentarios".


Póster nº 1          Resolución do póster nº1

Póster nº 2          Resolución do póster nº2

Poster nº 3          Resolución do poster nº3

Poster nº 4          Resolución do poster nº4

Outros obxectos:

1 abr 2011

3º problema do País: Un cadrado máxico de produtos

Na terceira proposta, o País propón un cadradao máxico de produtos, é dicir:

El problema consiste en completar un cuadrado de tres por tres, donde ya se ha escrito el 15 en la posición central, con otros ocho números enteros positivos, todos ellos distintos entre sí y de tal manera que al multiplicar los tres números de cada fila, de cada columna y de cada una de las dos diagonal obtengamos, en todos los casos, el mismo resultado.


No hace falta explicar cómo se ha encontrado. Es suficiente con enviar el cuadrado de la manera siguiente, sustituyendo las cruces por los números del cuadrado:
Fila 1: x  x  x
Fila 2: x 15 x
Fila 3: x  x  x

Podes ver o problema neste vídeo: Cadrado máxico de números

Recorda que podes optar ao sorteo da colección de libros, mandando a solución antes do martes, 5 de abril, ás 00:00 h (¿ou luns, ás 24:00 h?)

31 mar 2011

Gañadores do Rallye Matemático 2011

Os vencedores do XIX Rallye Matemático sen fronteiras 2011 son os grupos:
3º ESO A do IES Alexandre Bóveda de Vigo,e 
4º ESO B do CPI Alfonso VII de Caldas de Reis

Acadaron os primeiros postos:

3º ESO
1º.    3ºA do IES Alexandre Bóveda de Vigo.
         Profesora:  Ana Rosalía Fernández Otero
2º     3º A do CPI de Mondariz.
        Profesora:  Aia Rodríguez Somoza


4º ESO
1º.   4º ESO B do CPI Alfonso VII de Caldas de Reis
2º.   4º ESO A do IES Auga da Laxe. 
       Profesora: Oliva Pena Comesaña.

Parabéns aos gañadores e boa viaxe a Toulouse.

Podedes ves as solucións aos problemas na páxina de AGAPEMA.

30 mar 2011

Resolución de obxectos matemáticos (4)

Poster nº 4 da colección de obxectos matemáticos da nosa vida cotíá.


Logotipo da Corporación Caixa Galicia

Este logotipo imita á curva Lemniscata, estudiada por Jacob Bernouilli.
O símbolo de infinito segue esta curva, usado por primeira vez polo matemático John Wallis.
Ver Etimoloxía de Lemniscata.

Solución a o problema nº2: A formiga ameazada

Unha formiga sen salvación.

Xa está publicada a solución ao problema planteado no País: A formiga ameazada.

A solución ás tres preguntas planteadas é:

1) A formiga non sobrevive, ten probabilidade 0 de sobrevivir.
2) Probabilidade (morre en 8) = 4/7.
3) Probabilidade (morre en 7) = 3/7.

Ver a solución aquí

29 mar 2011

2º problema do País: Unha formiga ameazada

Coincidindo co centenario da fundación da Real Sociedade Matemática Española o País está propoñendo un problema cada semana.
O desta semana era o problema da formiga ameazada (ver vídeo), cuxo enunciado é:

Una hormiga se desplaza sin parar por las aristas de un cubo. Parte del vértice marcado con el número 1 (ver dibujo del profesor Blasco en la pizarra) por una de las tres aristas que salen de ese punto (con probabilidad 1/3 de tomar cualquiera de los caminos). Cada vez que llega a un nuevo vértice prosigue su paseo por una de las tres aristas que convergen en ese punto (vuelve para atrás, tira para un lado o para el otro), de nuevo con probabilidad 1/3 de tomar cada una de las rutas.



Los vértices 7 y 8 (ver dibujo en la pizarra) se rocían de insecticida, que es el único método que hay para matar a la hormiga: si el insecto llega a cualquiera de ellos morirá fulminantemente. Se pregunta: Partiendo del vértice 1. ¿Qué probabilidad hay de que la hormiga no muera nunca? ¿Qué probabilidad hay de que muera en el vértice 7? ¿Y en el 8?


Solución ao 1º problema planteado: El camino del lechero

28 mar 2011

Olimpíada Matemática Nacional

Tres alumnos galegos conseguen medalla (un ouro e dous bronces) na Fase Nacional da Olimpíada Matemática.




Medalla de ouro

Óscar Rivero Salgado (3º posto),
1º BAC do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia

Medallas de bronce

Inés Cadórniga Zueco (20º posto),
2º BAC do IES Val Miñor de Nigrán

Carlos García Ling (26º posto),
4º ESO do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago

Óscar Rivero Salgado formará parte do equipo nacional que defenderá a España na fase internacional que se celebrará en Amsterdam, (Holanda) en xullo de 2011.

Fotos da entrega aos membros do Equipo Galego.
Parabéns aos tres e ao equipo galego pola súa participación.

27 mar 2011

Tetractis 51

Sumario

Marzo: un mes de actividades... e aínda o que queda!
Etimoloxía de termos matemáticos, por Cristina Martín González.
1000 grous para o pobo xaponés.


26 mar 2011

Mosaicos

Unha relación de enderezos para traballar os mosaicos.

Hoxe, Enrique de la Torre (páxina persoal, entrada en Tetractis) e eu, impartimos unha sesión de 1º curso de Estalmat, baixo o título de "Mosaicos".

Enrique ten preparada unha páxina de enlaces, moi útil, para traballar os mosaicos.

Aquí poderas traballar conceptos como:
  • Mosaicos regulares.
  • Mosaicos semirregulares.
  • Mosaicos irregulares.
  • Teselas nazarís.
  • Mosaicos de Escher.
  • Grupos cristalográficos.
  • Loseta catalana.
  • ...

25 mar 2011

John Milnor, Premio Abel de Matemáticas

O Premio Abel é o equivalente, en matemáticas, ao Premio Nobel.

John Milnor, matemático estadounidense da Universidad de Stony Brook (Novaiorque), obtivo o premio Abel de matemáticas polos seus descubrimentos pioneiros en topoloxía, xeometría e álxebra, segundo a acta do xurado. Øyvind Østerud, presidente da Academia Noruega de Ciencias e Letras, entidade que creou o galardón como complemento aos actuais premios Nobel, anunciouno onte en Oslo.

Son numerosos os resultados, as conxeturas e os conceptos matemáticos que levan o nome de Milnor:  esferas exóticas de Milnor, fibracións de Milnor, número de Milnor e conxeturas de Milnor na teoría de nós, a teoría K, a teoría combinatoria de grupos e a dinámica holomórfica. 

Ler a nova no País

24 mar 2011

Conseguimos os 1000 grous!

Como xa anunciabamos nunha entrada anterior, titulada 1000 grous, hoxe celebramos esta actividade co obxectivo de solidarizarnos co pobo xaponés ante o cúmulo de desgrazas que están a padecer.

A profesora, Alicia Pedreira, elaborou o cartel que aparece a continuación

e xunto cos alumnos da súa titoría, que por un día fixeron de monitores, ensinaron aos demais alumnos como se fan os grous.

Así que, pouco a pouco, fóronse completando máis de 50 tiras de 20 grous, que se colgaron no distribuidor do noso centro.

Aquí tedes unha selección de fotografías que dan conta da actividade:



A nova na Voz de Galicia


22 mar 2011

Preparando os mil grous

Estamos a preparar a actividade do xoves, 24 de marzo, sobre a Lenda dos 1000 grous.
Aquí vemos ao grupo de Métodos Estatísticos mostrando os grous que acababan de aprender a facer:



e o grupo de 3º ESO A,

21 mar 2011

Rallye Matemático sen fronteiras 2011

Seguimos marcando cruces na lista de actividades deste curso; esta vez tócalle o turno ao Rallye sen fronteiras 2011 e xa quedan poucas.

Desde logo non son as mellores datas para realizar esta actividade e hai que felicitar ao alumnado dos dous grupos de 3º ESO que mañán teñen examen de FQ.
Paréceme un acerto as novas deste ano: reducción a 5 problemas e a 1h no tempo.
Ademais, é posible que no 4º problema houbera un erro de redacción que seguro que despistou a algún alumno.
(A palabra, que puidera provocar ese erro, aparece borrada na seguinte copia).

Estes son os problemas que tiveron que resolver:




Máis información en AGAPEMA

18 mar 2011

Canguro Matemático 2011

Onte, 17 de marzo, celebrouse a XVIII edición do Canguro Matemático 2011
A data, desde logo, non foi a máis adecuada para o noso centro, por dobre razón: ser xoves e estar ao final da avaliación; o que non axudou a que a participación e a asistencia foran a de outros anos.
Aquí vedes algúns momento da proba.

17 mar 2011

1000 grous

En solidariedade co pobo xaponés, o vindeiro xoves tentaremos construir 1000 grous.

Os mil grous de origami (papiroflexia) son un conxunto de mil grous de papel unidos por cordas. Unha antiga lenda xaponesa promete que calquera que faga mil grous de papel recibirá un desexo por parte dun grou, tal como unha longa vida ou a recuperación dunha enfermidade.
Os mil grous de origami converteuse nun símbolo de paz, debido á historia de Sadako Sasaki, unha pequena xaponesa que desexou curar da súa enfermidade (leucemia) producida pola la radiación dunha bomba atómica. A dramática historia ven dun libro chamado Sadako e os mil grous de papel.

I Feira Matemática 2007

14 mar 2011

Movemento dun borracho

O movemento dun borracho tamén depende de π.

Esta actividade pretende simular o camiño ou paseo aleatorio (por exemplo, dun borracho), coñecido en inglés pola abreviatura RW (Random walks).

Na ficha proposta supoñemos unha trama hexagonal, é dicir, o borracho amarrado a unha farola, ten igual probabilidade de ir por cada un dos seis camiños (elixido ao tirar un dado).

Despois dun número n de pasos, podemos predecir onde se atopa o borracho? Pois non, seguro que non.

Agulla de Buffon

Outro experimento aleatorio para calcular π.

O naturalista francés Buffon ideou este método para calcular o valor de π  utilizando unha técnica aleatoria. Consiste en tirar unha agulla sobre unha folla raiada con rectas paralelas, de tal maneira que se a distancia entre as rectas e igual á lonxitude da agulla a probabilidade de que a agulla toque a unha das liñas é 2/π.

Método de Montecarlo

Unha maneira aleatoria de calcular π

Durante este trimestre que xa remata, na materia de Métodos estatísticos traballamos nunha batería de activiades con probabilidades. Unha delas foi o Método de Montecarlo, unha técnica matemática que permite obter resultados deterministas, por exemplo, calcular o valor de π, mediante un experimento aleatorio.; este método foi ideado por John von Neumann e Stanislaw Ulam.Tal e como indica a seguinte ficha de traballo (lista para imprimir e utilizar) necesitamos papel milimetrado e unha táboa de números aleatorios (ou un bingo) e trátase de ir "lanzando" puntos ao cadrado de 10 cm de lado que aparece na ficha.

Feliz día π!

Hoxe é o Día Mundial de π, unha idea do físico Larry Shaw, xa que como sabedes nos países de fala inglesa, as datas escrébense: ano/mes/día e polo tanto o 14 de marzo será: 3/14 (o número π).
Os europeos continentais temos que conformarnos con este día, xa que, de momento, non hai 31 de abril.
Ademais, casualmente, o 14 de marzo é o día de nacemento de Albert Einstein, que xa é unha data importante.

Foto do blogue: Cociña e matemáticas

11 mar 2011

Derradeira xornada do Open Matemático

Onte celebrouse a 7ª xornada  e final do XXIII Open Matemático 2011 na zona da Coruña, que se celebrou no IES Elviña (A Coruña) e na que participaron alumnos e alumnas dos centros:

Estalmat Galicia
IES Elviña
IES Monelos
IES Mugardos

Aquí podedes ver un momento de máxima concentración:
e o profesorado que acompañaba ao alumnado:
Mercedes Feijoo e Mª Jesús Pasarín (IES Elviña), Alicia Pedreira e o fotográfo (IES Monelos) e Covadonga Rodríguez-Moldes (IES Mugardos).
e estos son os catro problemas que tiveron que resolver, nos que os participantes se xogaban os 8 puntos finais:

9 mar 2011

También los novelistas saben matemáticas

Un libro do profesor de matemáticas en Salamanca,


Un repaso sobre os aspectos matemáticos que aparecen nas obras da narrativa de grandes novelistas como: Vargas Llosa, Saramago, Cortázar, Cunqueiro, Almudena Grandes... e repasa obras tan coñecidas como O Código da Vinci, O principiño, Pantaleón e as visitaoras, O escaraballo de ouro,...

Neste blogue podes consultar algunhas entradas relacionadas:

8 mar 2011

Tetractis en 5 volumes

Con esta entrada completamos a edición dos 50 números de TETRACTIS en volumes:

Volume I: Tetractis 1_10
Volume II: Tetractis 11_20
Volume III: Tetractis 21_30
Volume IV: Tetractis 31_40

Sumario do V volume
Á caza dos números primos (43), por Iria González.
A espiral de paxariñas (45), por Alicia Pedreira.
Abellas e matemáticas (48), por Javier Sampedro.
Calendario 2011: dodecaedro rómbico (48), por Alicia Pedreira.
Calendario: Anos bisestos e santos (41), por Antía García Mallo.
Curvas famosas (45), por Iván García.
Eratóstenes e medida do meridiano terrestre (41), por Rebeca Mengual.
Matemáticas básicas no pentagrama (47), por Elena López Serrapio.
Matemáticas na vida cotiá (49), por José Manuel González.
Números metálicos (50), por Estefanía Campos.
Orixe dos signos matemáticos (44), por Marta Sobrino.
Ortografía matemática (44), por Adriana Vega.
Os tres problemas clásicos gregos (42), por Claudia Vilar.
Parámetros estatísticos nas calculadoras CASIO (46), por Gonzalo Temperán.
Regresión linear na calculadora (47) por Gonzalo Temperán.
Taraceas de Fra Giovanni (47), por Javier Goyanes.
Xeometría mineral (49), por Iria Martínez.
Xeometría no ascensor de San Pedro (42), por Guillermo Ledo.

Mulleres Matemáticas

Nesta data tan sinalada do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, queremos compartir este poster sobre Mulleres Matemáticas, elaborado polo Departamento de Matemáticas do IES Monelos:


Tamén podedes ampliar esta información na páxina de:


Comisión da Real Sociedade Matemática Española, que propón dúas exposicións:
  • Mulleres e matemáticas: 13 retratos.
  • A muller como elemento innovador na Ciencia.
esta última exposición xa estivo colgada no noso centro, cando elaboramos o poster dedicado a María Wonenburger.

Ou podes visualizar o vídeo dedicado a esta exposición:

28 feb 2011

Divestadística

Portal de Divulgación Estatística da Escola Andaluza de Saúde Pública.



6ª xornada Open Matemático

Esta é a última xornada aberta.

A 7ª e última xornada do Open Matemático será a porta pechada e na nosa zona celebrarase, o xoves día 10 de marzo, no IES Elviña (A Coruña) e acollerá aos alumnos de Estalmat da zona da Coruña, alumnos do IES Mugardos, IES Monelos e IES Elviña.

27 feb 2011

Rectas e parábolas

Nesta aplicación de Descartes, elaborada no 2003, poderás practicar as ecuacións das funcións lineares e das parábolas.

Pincha aquí: Rectas e parábolas
(necesitarás instalar o Descartes 2.0; segue as instuccións).

IV Seminario EsTalMat

Do 8 ao 10 de abril de 2011 celebrarase na Facultade de Matemáticas (Universidade de Santiago) o IV Seminario sobre Actividades para Estimular o Talento Precoz en Matemáticas e VIII Reunión Nacional de ESTALMAT.

O Seminario é un foro de interrelación e presentación de novas actividades por parte de profesores das distintas sedes do Proxecto ESTALMAT.

O seminario diríxese a todos os profesores de matemáticas dos niveis universitarios e non universitarios interesados nas actividades de desenvolvemento do talento matemático. A inscrición é gratuíta, e inclúe a asistencia ás sesións do Seminario e documentación.


Máis información: Participación, Programa, Inscripcións.

XIX Rallye Matemático 2011

Celebrarase o luns, 21 de marzo de 2011.
O prazo de inscripción amplíase ao 7 de marzo.
Máis información en: Rallye Matemático sen fronteiras.

23 feb 2011

A soidade dos números primos

No primeiro curso da universidade estudei certos números primos máis especiais ca o resto, e aos que os matemáticos chaman primos xemelgos: son parellas de primos sucesivos, ou mellor, case sucesivos, xa que entre eles sempre hai un número par que lles impide ir realmente unidos, como o 11 e o 13, o 17 e o 19, o 41 e o 43. Se temos paciencia e seguimos contando, descóbrese que ditas parellas aparecen cada vez con menos frecuencia.

21 feb 2011

5ª xornada do Open Matemático

Xa estamos na 5ª xornada do XXIII Open Matemático; aquí van os problemas:

20 feb 2011

Tetractis 31_40

Volume (IV) recopilatorio dos números de Tetractis, que van do nº 31 ao 40, publicados entre febreiro de 2009 e febreiro de 2010.

Outros volumes:
Volume I: Tetractis 1_10
Volume II: Tetractis 11_20
Volume III: Tetractis 21_30

Relación de artigos do volume IV:

A Biblioteca de Alexandría e Matemáticas na Biblioteca (36), por Gonzalo Temperán.
A calculadora Casio FX-82SX (36), por Gonzalo Temperán.
A habitación de Fermat (38), por Laura Pardo Varela.
Ambigramas (32), por Laura Vázquez Uzal.
Anamorfose (40), por Paloma Tarrío Alves.
Arte e xeometría: Fotografías de Chema Madoz.
As orixes do Sistema Métrico Decimal (39), por Marta Sobrino Gosenje.
Cropcircles (38), por Iván García Vázquez.
Distancias astronómicas (37), por Guillermo Ledo López.
Figuras imposibles (32), por Daniel Cambeiro Sánchez.
Logaritmos na natureza (31), por Alejandro Cangado Fernández.
Matemáticas e botánica (37), por Iria González Díaz.
Matemáticas e humor (33), por Diego Abalde Herrero.
Matemáticas en botánica (31), por Carlota Rey Casal.
Matemáticas na cidade (34).
Matemáticas na obra de Dalí (33), por Daniel Pereira García.
Matmonólogo: De problemas e outras cousas (35), por José Rodríguez-Moldes Varela.
Premios en matemáticas (35), por José Pombo Lema.
Un paseo matemático por Londres (34).

18 feb 2011

Tetractis chega ao número 50




chegou ao número 50, e por tal motivo, quéroche propoñer unha actividade:

¿Podes identificar os diferentes sistemas de numeración nos que están expresadas as seguintes 12 representacións do número 50?

Deixa as túas respostas en "Comentarios".

Tetractis 50

Sumario

15 feb 2011

14 feb 2011

4ª xornada do Open Matemático

Problemas da 4ª xornada do Open Matemático.

Cardioide, unha curva con corazón

A cardioide é unha curva con forma de corazón, que se pode construir, por exemplo, deslizando unha circunferencia sobre outra.


Podes ver as diferentes maneiras de construcción nesta páxina de Xeometría Dinámica.

14 de febreiro: San Valentín

Recuperamos a entrada do ano pasado para festexar este día tan sinalado.

Lámina de Lolita Brain sobre a vida amorosa de tres científicos importantes na historia:

Evariste Galois (Teoría de Galois)
Schrödinger (Teoría cuántica)
Alan Turing (Computabilidade e criptoloxía)


13 feb 2011

Are you in Pi?

A páxina web Am I in Pi?, localiza unha data na serie de números decimais de Pi.

Na entrada anterior, vimos un novo récord nas cifras de Pi (¡5 billóns de cifras decimais!).
Pois ben, agora podes atopar nesa inmensidade de cifras de Pi, a data do teu nacemento, ou o teu DNI, ou calquera combinación de cifras que che representen; ademais, diche a posición onde se atopa.


A páxina chámase: Am I in PI?


Eu estaba esperando algo así, ti non?
Xa estou vendo o negocio de camisetas:


Resulta que a miña data de nacemento non aparece na páxina web, así que podería facer esta outra:

Récord de cifras de Pi

O novo récord quedou establecido en 5 billóns de decimais.

Un xaponés, Shigeru Kondo, estableceu un novo récord na computación de cifras de Pi, quedando en 5 billóns de decimais (o dobre do récord anterior).
O resultado obtívose cun ordenador doméstico de 32 terabytes de disco duro , e tardou tres meses.

O autor afirma que en xullo conseguirá 10 billóns de decimais.


Ver a información na Cadena Ser.

O récord anterior era de Fabrice Bellard. Ver a información no País.

No seguinte cadro podes ver a carreira na busca de cifras de Pi con ordenador:

12 feb 2011

Difusión do Certame de Matmonólogos

A convocatoria do IV Certame de Matmonólogos foi difundida por dos medios de gran repercusión na educación galega:

Por un lado, o boletín informativo nº 12 da Consellería de Educación, que chega -vía correo electrónico- a todo o profesorado galego.


e por outra banda, no blogue de Bibliotecas escolares de Galicia, con conexión coa rede de blogues das bibliotecas dos centros,

11 feb 2011

Poesía: Parábola del triángulo

Había una vez
dos ángulos inferiores
que planeaban eliminar
al ángulo superior

Olvidaron sin embargo
un principio elemental

Ningún triángulo puede existir
con dos ángulos

Perpetrado el crimen
y como era de esperar
el triángulo completo
desapareció del mapa
Y con él los victimarios

En el diseño del universo
nadie está libre de cavarse
su propia tumba

Óscar Hahn (Chile)

Máis en Poesía e ciencia (Sección de Miguel García-Posada)

7 feb 2011

2011, primo suma de primos

Seguimos engadindo curiosidades sobre o ano 2011.

Esta última aparece nun capítulo de Redes, presentado por Eduard Punset, titulado A simetría do Universo, e no que participa o matemático inglés, Marcus de Sautoy.

No programa aparece que 2011 é un número primo; pero o máis espectacular é que é a suma de once primos consecutivos:

157+163+167+173+179+181+191+
+193+197+199+211=2011

Outros resultados vistos noutras entradas:

3ª Xornada do Open Matemático 2011

Aquí tedes os tres problemas correspondentes á 3ª xornada do Open Matemático 2011.

6 feb 2011

Poden existir os vampiros?

A saga Crepúsculo ven a poñer outra vez de moda aos vampiros, desde que Bram Stoker publicara a obra Drácula.




Pero, poden existir os vampiros?
Partamos dalgunhas hipóteses:
  • Un ser humano convírtese en vampiro, se sofre a mordedura dun deses seres.
  • Un vampiro necesita chupar sangue, polo menos, unha vez ao mes.
  • Neste proceso, cada mes dúplicase a poboación de vampiros.
  • A poboación mundial, para o 2011, estímase en 7000 millóns de persoas.
Copia e completa a seguinte táboa:

 


Responde:
  • Que poboación se convirtiu en vampiro a finais de 2011?
  • En que data, toda a poboación mundial sería un vampiro?
  • Que opinas, sobre a existencia de vampiros?

3 feb 2011

V Feira Matemática

Celebrarase o sábado, 21 de maio de 2011, no Pazo de Congresos e Exposicións  da Coruña(PALEXCO).

     A V Feira Matemática xa está en marcha; a continuación podes ver o cartel e tríptico que pronto chegará a todos os centros.
     A Feira Matemática está organizada por AGAPEMA Coruña e celébrase para conmemorar o Día Escolar das Matemáticas, que este ano leva o lema: As Matemáticas da Química.

Máis información en Feira Matemática.



2 feb 2011

Día escolar de matemáticas 2011

Este ano celébrase co lema: "As matemáticas da química".


    O Día escolar das matemáticas foi instaurado no ano 2000, Ano Mundial das Matemáticas, pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM).
    A data escollida foi o 12 de maio, data de nacemento do matemático catalán Pedro Puig Adam, iniciador da didáctica das matemáticas no noso país.
    Cada ano dedícase a un tema, e este ano leva o lema: As matemáticas da química, coincidindo coa declaración, por parte da ONU, de que ano 2011 sexa: O ano mundial da Química.
Cada ano a FESPM publica un caderno coa temática do ano.

Diversas entidades festexan este día con actividades:

1 feb 2011

2011, un ano de moitos uns.

A verdade que están chegando moitas curiosidades relativas ao ano no que estamos.

Todos os anos, nos concursos de resolución de problemas saen moitos relacionados co ano que comeza; por exemplo, na Olimpíada Matemáticas Galega, que se celebrou o pasado 21 de xaneiro, cairon dous problemas relacionados co 2011.

Aquí tedes outra curiosidade:
O ano 2011, presenta moitas datas con uns:

1/1/11
11/1/11
1/11/11
11/11/11

E outra, "colle os dous ultimos díxitos do ano que naciches, e súmalle os anos que vas a cumprir no 2011".
¿a que che da 111?

Recorda outras:

2ª xornada do Open Matemático

Problemas da 2ª xornada do Open Matemático 2011.

Esta xornada vale 4 puntos  (1 por cada apartado) e recorda entregar as solucións antes do luns 7, ás 10:30.
¡Xa sabes onde!

¡Anímate e participa!