Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Persoeiros. Mostrar todas las entradas

5 jul 2012

II Incubadora de Sondeos (Fase Nacional)

Un equipo galego volve a gañar o Concurso Incubadora de Sondeos y Experimentos (Fase Nacional). 

Esta vez foi o equipo do IES Fernando Wirtz o gañador na categoría de Bacharelato co traballo:
Existe o cine de autor?

Alumnos: Marta Barandela Álvarez, Mateo Fernández Torreiro, Laura García Rueda e Sabela Rey Cao.
Titor: Enrique Pujales Martínez.

Parabéns aos gañadores!

25 jun 2012

Premios II Incubadora de sondaxes

A entrega de premios e mencións do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos celebrouse o pasado xoves, 22 de xuño, na Facultade de Matemáticas de Santiago.

Posaron para a foto todos os alumnos premiados, cos seus titores e a mesa presidencial,
Máis información na Voz de Galicia e Sgapeio

O equipo do IES Monelos, despois de recoller os diplomas pola Mención na categoría de 1º ciclo de ESO, polo seu traballo: Como cae unha chincheta?

19 abr 2012

Entrega de premios Olimpíada Matemática

O día 18 de abril, na Facultade de Matemáticas,  nunha mesa con diversas autoridades académicas e co Conselleiro de Educación, procedeuse á entrega de medallas aos tres finalistas, que tan bo papel fixeron na Fase Nacional da Olimpíada (Medalla de ouro e de bronce), outras seis medallas aos clasificados en 2ª e 3ª posición  e a entrega de 11 mencións de honra.

O alumno do noso centro, Rafael Ramos Dominguez, acadou unha mención de honra


Máis información en Olimpia, Xunta de Galicia

11 abr 2012

Chema Madoz, fotógrafo

Chema Madoz expón no Auditorio de Galicia (Santiago), Ars Combinatoria, un percorrido pola súa obra.

A  exposición estará aberta ata o 24 de xuño.

Chema Madoz na Wikipedia
Páxina web propia
Galería de fotografías
Ilusionario



23 dic 2011

Aniversario de AGAPEMA

Como xa informamos nunha entrada anterior, o mércores 21 de decembro, celebramos o XI Aniversario da Asociación de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) cunha charla que impartiu a compañeira de profesión, Sandra Sambade Nieto, baixo o título:
Arquitectura e Matemáticas: forma e función.
co seguinte guión:
  Aquí podes ver tres momentos do acto (maís fotos en AGAPEMA):

Cunha estrutura que contén unha superficie desenvolvida


















16 dic 2011

XI Aniversario de AGAPEMA

O vindeiro mércores, 21 de decembro, celebraremos o XI Aniversario da fundación da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA).

23 nov 2011

Roger Penrose

Matemático e divulgador, visita Santiago para recibir o Premio Fonseca.
Foto da Voz de Galicia
Ver artigo na Voz de Galicia.
Ver artigo na Wikipedia
Referencia en Tetractis.

3 nov 2011

María Wonenburger

No II Día da Ciencia en Galego, desde o IES Monelos, queremos compartir esta pequena presentación sobre María Wonenburguer que expoñeremos no noso centro.

9 oct 2011

II Día da Ciencia en Galego

Celébrase  o vindeiro 4 de novembro é está dedicado a dúas científicas extraordinarias: Marie Curie e María Wonenburger.




Neste blog fixémonos eco varias veces arredor de María Wonenburger:

Máis información en: http://www.cienciaengalego.org/

1 jul 2011

I Concurso de Incubadora de Sondaxes

Onte, 30 de xuño, foi a entrega de premios do I Concurso Incubadora de sondaxes e Experimentos.
A mesa constituida polo:

Presidente de SGAPEIO
Director do Instituto Galego de Estatística (IGE)
Decana da Facultade de Matemáticas da USC
Representante da Consellería de Educación

fixo entrega dos premios que outorga a sociedade SGAPEIO (Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións).

O premio na categoría de 2º ciclo foi otorgado ao equipo do IES Monelos (A Coruña), polo proxecto titulado:

Podemos predecir a estatura á que vai chegar unha persoa?

2 jun 2011

María Wonenburger no Paseo das Ciencias

Como xa anunciabamos nunha entrada anterior, onte celebrouse unha homenaxe á matemática coruñesa María Wonenburger, que consistiu na colocación dunha placa no Paseo das Ciencias (no entorno da Casa das Ciencias), no Parque de Santa Margarida.
Abreu o acto a concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, logo o Director dos Museos Científicos, Tino Fraga, fixo unha semblanza da vida e obra de María Wonenburger.
Rematou o acto a homenaxeada agradecendo a homenaxe e asistencia á numerosa representación da comunidade matemática e científica coruñesa.


Ver a nova e máis fotos en:



26 may 2011

Homenaxe a María Wonenburguer

Os Museos Científicos van colocar, na súa honra, un monolito no "Paseo das Ciencias".

O acto celebrarase o vindeiro 1 de xuño, ás 19:00 h no Paseo das Ciencias (inmediacións do Palacete da Casa das Ciencias da Coruña).

O monolito levará unha placa co seguinte texto:

O Paseo das Ciencias foi creado no ano 2010, XXV aniversario da Casa das Ciencias, e o primeiro homenaxeado foi Isidro Parga Pondal.

14 may 2011

A estatística xoga a favor do Depor

O 91% das combinacións de resultados salvan ao Dépor.

Un estudio realizado para A Voz de Galicia por Ricardo Cao, catedrático de Estatística e Investigación Operativa da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, revela que o Zaragoza, co 63,75%, e o Getafe, co 24,88%, agotan boa parte das posibilidades de descenso.
 
Podes ler o artigo na Voz de Galicia

27 abr 2011

IV Día do Científico Galego

Este ano estivo dedicado ao astrónomo e matemático D. Ramón María Aller Ulloa.

Ramón María Aller Ulloa naceu o 3 de febreiro de 1878 en Donramiro, Lalín. Con vinte anos obtivo un doutoramento en Teoloxía e foi ordenado sacerdote. De seguido, decide desenvolver a súa pasión pola Ciencia e se matricula en Ciencias Exactas. Unha vez rematada a carreira, en torno a 1905, comezou a facer observacións astronómicas dende a súa casa, xa en Lalín, utilizando un anteollo e mais un teodolito. As súas observacións do cometa de Joannesburgo 1910a chegaron a ser publicadas no Anuario do Observatorio de Madrid.

13 abr 2011

IV Seminario EsTalMat

Celebrouse a pasada fín de semana (7, 8 e 9 de abril) na Facultade de Matemáticas de Santiago.

Baixo a organización de Estalmat Galicia celebrouse o IV Seminario sobre Actividades para Estimular o Talento Precoz en Matemáticas (EsTalMat) á que acudiron representantes de todas as organizacións de Estalmat en España (Madrid, Cataluña, Andalucia Oriental e Occidental, Castela e León, Canarias, Galicia, Comunidade Valenciana e Cantabria).
O Seminario ten por obxectivo intercambiar actividades e experiencias entre as diferentes comunidades e algunhas das ponencias tiñan títulos tan suxerentes coma:
  • Actividades matemáticas y de iniciación a la astronomía en el Campamento de Estalmat,
  • Análisis de tareas y de caminos críticos
  • Las matemáticas en el mundo antiguo,
  • Cuatro años de plano/espacio y reflexiones en linea,
  • Sistemas dinámicos y caos,
  • Tres heurísticos matemáticos,
  • Deltaedros: obtención de los poliedros regulares,
  • Modelizando con funciones. El caso de las malas notas,
  • Mientras los alumnos se van haciendo mayores,
  • Actividades de atención a las familias de estudiantes con talento matemático
Podes ver as ponencias en Estalmat: Seminario Galicia.

Por parte de Galicia, os profesores: Santiago López e Manuel Pazos  resumiron as súas sesións en Estalmat, coa ponencia:

Cuatro años de plano/espacio y reflexiones en linea

 

3 abr 2011

Domingo Fontán, matemático galego

Domingo Fontán Rodríguez (Portadoconde-Portas, 1788-Cuntis, 1866), xeógrafo, matemático e político galego coñecido por ser o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia. Foi alumno do matemático, José Rodríguez, e pouco máis tarde ocuparía a cátedra de Matemáticas Sublimes.


Ver o artigo de Suso de Toro, no País:  

Outros enlaces:
Fundación Domingo Fontán
Domingo Fontán (wikipedia)
Páxina realizada polo CPI Domingo Fontán (Portas)

25 mar 2011

John Milnor, Premio Abel de Matemáticas

O Premio Abel é o equivalente, en matemáticas, ao Premio Nobel.

John Milnor, matemático estadounidense da Universidad de Stony Brook (Novaiorque), obtivo o premio Abel de matemáticas polos seus descubrimentos pioneiros en topoloxía, xeometría e álxebra, segundo a acta do xurado. Øyvind Østerud, presidente da Academia Noruega de Ciencias e Letras, entidade que creou o galardón como complemento aos actuais premios Nobel, anunciouno onte en Oslo.

Son numerosos os resultados, as conxeturas e os conceptos matemáticos que levan o nome de Milnor:  esferas exóticas de Milnor, fibracións de Milnor, número de Milnor e conxeturas de Milnor na teoría de nós, a teoría K, a teoría combinatoria de grupos e a dinámica holomórfica. 

Ler a nova no País

8 mar 2011

Mulleres Matemáticas

Nesta data tan sinalada do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, queremos compartir este poster sobre Mulleres Matemáticas, elaborado polo Departamento de Matemáticas do IES Monelos:


Tamén podedes ampliar esta información na páxina de:


Comisión da Real Sociedade Matemática Española, que propón dúas exposicións:
  • Mulleres e matemáticas: 13 retratos.
  • A muller como elemento innovador na Ciencia.
esta última exposición xa estivo colgada no noso centro, cando elaboramos o poster dedicado a María Wonenburger.

Ou podes visualizar o vídeo dedicado a esta exposición:

14 feb 2011

14 de febreiro: San Valentín

Recuperamos a entrada do ano pasado para festexar este día tan sinalado.

Lámina de Lolita Brain sobre a vida amorosa de tres científicos importantes na historia:

Evariste Galois (Teoría de Galois)
Schrödinger (Teoría cuántica)
Alan Turing (Computabilidade e criptoloxía)