Mostrando entradas con la etiqueta Eventos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Eventos. Mostrar todas las entradas

25 jun 2012

Premios II Incubadora de sondaxes

A entrega de premios e mencións do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos celebrouse o pasado xoves, 22 de xuño, na Facultade de Matemáticas de Santiago.

Posaron para a foto todos os alumnos premiados, cos seus titores e a mesa presidencial,
Máis información na Voz de Galicia e Sgapeio

O equipo do IES Monelos, despois de recoller os diplomas pola Mención na categoría de 1º ciclo de ESO, polo seu traballo: Como cae unha chincheta?

14 jun 2012

Como cae unha chincheta?

Proxecto con Mención Especial na categoría de 1º ciclo da ESO no II Concurso Incubadora de Sondaxes e experimentos.

O proxecto estivo eleborado polos alumnos de 2º ESO do IES Monelos:

Carolina Fernández Fuentes,
Sara McNamee Freire,
Roberto Rilo Antelo e
Javier Varela González.
Titor: Gonzalo Temperán Becerra

Podes velo nunha presentación curta
ou o proxecto completo
 

Noraboa aos equipos gañadores dos centros:

IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense), 1º ciclo de ESO
IES Mugardos, 2º ciclo de ESO
IES Fernando Wirtz (A Coruña), Bacharelato


Máis información en II Concurso Incubadora de sondaxes e experimentos

10 may 2012

Programa da Feira Matemática

Programa de actividades da VI Feira Matemática que se celebra este sábado, 12 de maio, en PALEXCO, desde as 11:00h ata as 19:00h

7 may 2012

Matmonólogos finalistas

Estes son os matmonólogos finalistas do V Certame de Matmonólogos que se celebrará o vindeiro martes, 15 de marzo, no IES Monelos (A Coruña)

Categoría: Primaria e 1º ciclo de ESO

As reflexións de Raquel
Raquel Estévez Prado

A orixe das miñas visitas ao psiquiatra
Bruno Iglesias Cid

Un gran problema
Paula Rodríguez Peña

El secreto de Pitágoras
Raquel Souto Janeiro

Categoría: 2º ciclo de ESO e Bacharelato

Confesiones sobre tanxencias
Alexandre Blanco

PDM
María Losada González

As matemáticas están en todo
Santiago Valencia Bahamonde

Categoría: Alumnado do IES Monelos

Mi vida matemática
Xabier Cañizo Blanco

Recorrido polas matemáticas
Paula Pérez Torres

Categoría: Maiores de 18 anos

Redondillas matemáticas
José Manuel Ramos González

17 abr 2012

VI Feira Matemática

A Feira matemática celebrarase o sábado, 12 de maio, en PALEXCO (A Coruña), para festexar o Día Escolar das Matemáticas, que conmemora o nacemento do matemático Pedro Puig Adam.

Este ano celébrase baixo o lema: Matemáticas e economía: vantaxes da cooperación, xa que o ano 2012 foi declarado pola ONU como Ano Internacional das Cooperativas.

Aquí tedes o cartel e o tríptico:


Máis información en Agapema Coruña

22 ene 2012

V Certame de Matmonólogos

O IES Monelos e o boletín de divulgación matemática TETRACTIS convocan o V certame de matmonólogos.

23 dic 2011

Aniversario de AGAPEMA

Como xa informamos nunha entrada anterior, o mércores 21 de decembro, celebramos o XI Aniversario da Asociación de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) cunha charla que impartiu a compañeira de profesión, Sandra Sambade Nieto, baixo o título:
Arquitectura e Matemáticas: forma e función.
co seguinte guión:
  Aquí podes ver tres momentos do acto (maís fotos en AGAPEMA):

Cunha estrutura que contén unha superficie desenvolvida


















XXIV Open Matemático

Xa está convocada a XXIVª edición do Torneo aberto de resolutores de problemas, máis coñecido polo nome de OPEN MATEMÁTICO.

Esta edición convócase baixo o lema de "Labirintos e Matemáticas", como se pode apreciar no cartel deste ano.

17 dic 2011

Unha xornada olímpica

Seis alumnos do IES Monelos participaron na Olimpíada Matemática Galega 2011-12.

Catro alumnas de 1º de Bacharelato e dous alumnos de 2º (Ver relación de inscritos) participaron na Olimpíada Matemática Galega que se celebrou o sábado, 17 de decembro, na Facultade de Matemáticas da USC (Ver benvida e fotos)

16 dic 2011

XI Aniversario de AGAPEMA

O vindeiro mércores, 21 de decembro, celebraremos o XI Aniversario da fundación da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA).

3 nov 2011

María Wonenburger

No II Día da Ciencia en Galego, desde o IES Monelos, queremos compartir esta pequena presentación sobre María Wonenburguer que expoñeremos no noso centro.

9 oct 2011

II Día da Ciencia en Galego

Celébrase  o vindeiro 4 de novembro é está dedicado a dúas científicas extraordinarias: Marie Curie e María Wonenburger.




Neste blog fixémonos eco varias veces arredor de María Wonenburger:

Máis información en: http://www.cienciaengalego.org/

15 sept 2011

Vota a andar a 5ª promoción de ESTALMAT

O sábado 17, acto inaugural na Facultade de Matemáticas.
O vindeiro sábado día 17 de setembro, ás 10:30 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, dará comezo o acto de inauguración do curso 2011-12 do Proxecto ESTALMAT-Galicia, que ten como obxectivo o estímulo do talento matemático en rapaces de 12 e 13 anos. Asistirán os 25 alumnos de Estalmat-Galicia que forman a 5ª promoción (2011), acompañados das súas familias, autoridades académicas e equipo docente do proxecto. Ao final do acto, os alumnos reciben a súa acreditación das autoridades e profesores e seguidamente sairán en autobús para un campamento matemático durante o fin de semana en Abegondo-Sada, que supón unha toma de contacto entre eles nun ambiente lúdico-matemático.

Participantes na proba de selección de 2011
O acto de apertura do curso estará presidido polo Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan J. Casares Long, que estará acompañado na mesa de autoridades polo Presidente do Comité Organizador de Estalmat-Galicia, o profesor Juan Viaño Rey, pola Decana da Facultade de Matemáticas, Mª Victoria Otero Espinar, ademais dos representantes dos patrocinadores principais de ESTALMAT-Galicia, Manuel Vila López, Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado; Santiago Moreno Fernández, Director General da Fundación Vodafone-España; Victor Pollán Fernández e Covadonga Rodríguez-Moldes Rey, coordinador académico e responsable de relación coas familias de ESTALMAT-Galicia, respectivamente.
Máis información en ESTALMAT- Galicia

6 jul 2011

A Barcelona!

Os equipos dos centros: IES Monelos e IES Fernando Wirtz representarán á sociedade SGAPEIO na Fase Final do I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos que se celebrará na Facultade de Matemáticas e Estatística da Universidade Politécnica de Catalunya os días 7 e 8 de xullo.


Na Fase Nacional participarán equipos de 2º ciclo e Bacharelato das Comunidades: Catalunya, Madrid, Castela e León e Galicia.

27 abr 2011

IV Día do Científico Galego

Este ano estivo dedicado ao astrónomo e matemático D. Ramón María Aller Ulloa.

Ramón María Aller Ulloa naceu o 3 de febreiro de 1878 en Donramiro, Lalín. Con vinte anos obtivo un doutoramento en Teoloxía e foi ordenado sacerdote. De seguido, decide desenvolver a súa pasión pola Ciencia e se matricula en Ciencias Exactas. Unha vez rematada a carreira, en torno a 1905, comezou a facer observacións astronómicas dende a súa casa, xa en Lalín, utilizando un anteollo e mais un teodolito. As súas observacións do cometa de Joannesburgo 1910a chegaron a ser publicadas no Anuario do Observatorio de Madrid.

13 abr 2011

IV Seminario EsTalMat

Celebrouse a pasada fín de semana (7, 8 e 9 de abril) na Facultade de Matemáticas de Santiago.

Baixo a organización de Estalmat Galicia celebrouse o IV Seminario sobre Actividades para Estimular o Talento Precoz en Matemáticas (EsTalMat) á que acudiron representantes de todas as organizacións de Estalmat en España (Madrid, Cataluña, Andalucia Oriental e Occidental, Castela e León, Canarias, Galicia, Comunidade Valenciana e Cantabria).
O Seminario ten por obxectivo intercambiar actividades e experiencias entre as diferentes comunidades e algunhas das ponencias tiñan títulos tan suxerentes coma:
  • Actividades matemáticas y de iniciación a la astronomía en el Campamento de Estalmat,
  • Análisis de tareas y de caminos críticos
  • Las matemáticas en el mundo antiguo,
  • Cuatro años de plano/espacio y reflexiones en linea,
  • Sistemas dinámicos y caos,
  • Tres heurísticos matemáticos,
  • Deltaedros: obtención de los poliedros regulares,
  • Modelizando con funciones. El caso de las malas notas,
  • Mientras los alumnos se van haciendo mayores,
  • Actividades de atención a las familias de estudiantes con talento matemático
Podes ver as ponencias en Estalmat: Seminario Galicia.

Por parte de Galicia, os profesores: Santiago López e Manuel Pazos  resumiron as súas sesións en Estalmat, coa ponencia:

Cuatro años de plano/espacio y reflexiones en linea

 

24 mar 2011

Conseguimos os 1000 grous!

Como xa anunciabamos nunha entrada anterior, titulada 1000 grous, hoxe celebramos esta actividade co obxectivo de solidarizarnos co pobo xaponés ante o cúmulo de desgrazas que están a padecer.

A profesora, Alicia Pedreira, elaborou o cartel que aparece a continuación

e xunto cos alumnos da súa titoría, que por un día fixeron de monitores, ensinaron aos demais alumnos como se fan os grous.

Así que, pouco a pouco, fóronse completando máis de 50 tiras de 20 grous, que se colgaron no distribuidor do noso centro.

Aquí tedes unha selección de fotografías que dan conta da actividade:



A nova na Voz de Galicia


17 mar 2011

1000 grous

En solidariedade co pobo xaponés, o vindeiro xoves tentaremos construir 1000 grous.

Os mil grous de origami (papiroflexia) son un conxunto de mil grous de papel unidos por cordas. Unha antiga lenda xaponesa promete que calquera que faga mil grous de papel recibirá un desexo por parte dun grou, tal como unha longa vida ou a recuperación dunha enfermidade.
Os mil grous de origami converteuse nun símbolo de paz, debido á historia de Sadako Sasaki, unha pequena xaponesa que desexou curar da súa enfermidade (leucemia) producida pola la radiación dunha bomba atómica. A dramática historia ven dun libro chamado Sadako e os mil grous de papel.

I Feira Matemática 2007

14 mar 2011

Feliz día π!

Hoxe é o Día Mundial de π, unha idea do físico Larry Shaw, xa que como sabedes nos países de fala inglesa, as datas escrébense: ano/mes/día e polo tanto o 14 de marzo será: 3/14 (o número π).
Os europeos continentais temos que conformarnos con este día, xa que, de momento, non hai 31 de abril.
Ademais, casualmente, o 14 de marzo é o día de nacemento de Albert Einstein, que xa é unha data importante.

Foto do blogue: Cociña e matemáticas