Mostrando entradas con la etiqueta Que curioso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Que curioso. Mostrar todas las entradas

15 dic 2011

Reloxos binarios

Porque hai "10 tipos de persoas" (!?), os que saben binario e os que non saben.

Un reloxo binario utiliza o código binario para o cálculo de horas, minutos e segundos. Para iso utiliza uns LED's que ao iluminarse sinala unha potencia de 2, segundo a táboa:


Esto permite, sumando os valores dos LED's iluminados, representar un número entre 1 e 63, o que resulta suficiente para representar horas (1-24), minutos (1-60) ou segundos (1-60).

Aquí tes varios modelos:
  • Este modelo utiliza a serie (32-16-8-4-2-1) para os minutos e a serie (8-4-2-1) para as horas,

14 mar 2011

Feliz día π!

Hoxe é o Día Mundial de π, unha idea do físico Larry Shaw, xa que como sabedes nos países de fala inglesa, as datas escrébense: ano/mes/día e polo tanto o 14 de marzo será: 3/14 (o número π).
Os europeos continentais temos que conformarnos con este día, xa que, de momento, non hai 31 de abril.
Ademais, casualmente, o 14 de marzo é o día de nacemento de Albert Einstein, que xa é unha data importante.

Foto do blogue: Cociña e matemáticas

23 feb 2011

A soidade dos números primos

No primeiro curso da universidade estudei certos números primos máis especiais ca o resto, e aos que os matemáticos chaman primos xemelgos: son parellas de primos sucesivos, ou mellor, case sucesivos, xa que entre eles sempre hai un número par que lles impide ir realmente unidos, como o 11 e o 13, o 17 e o 19, o 41 e o 43. Se temos paciencia e seguimos contando, descóbrese que ditas parellas aparecen cada vez con menos frecuencia.

18 feb 2011

Tetractis chega ao número 50




chegou ao número 50, e por tal motivo, quéroche propoñer unha actividade:

¿Podes identificar os diferentes sistemas de numeración nos que están expresadas as seguintes 12 representacións do número 50?

Deixa as túas respostas en "Comentarios".

14 feb 2011

Cardioide, unha curva con corazón

A cardioide é unha curva con forma de corazón, que se pode construir, por exemplo, deslizando unha circunferencia sobre outra.


Podes ver as diferentes maneiras de construcción nesta páxina de Xeometría Dinámica.

13 feb 2011

Are you in Pi?

A páxina web Am I in Pi?, localiza unha data na serie de números decimais de Pi.

Na entrada anterior, vimos un novo récord nas cifras de Pi (¡5 billóns de cifras decimais!).
Pois ben, agora podes atopar nesa inmensidade de cifras de Pi, a data do teu nacemento, ou o teu DNI, ou calquera combinación de cifras que che representen; ademais, diche a posición onde se atopa.


A páxina chámase: Am I in PI?


Eu estaba esperando algo así, ti non?
Xa estou vendo o negocio de camisetas:


Resulta que a miña data de nacemento non aparece na páxina web, así que podería facer esta outra:

Récord de cifras de Pi

O novo récord quedou establecido en 5 billóns de decimais.

Un xaponés, Shigeru Kondo, estableceu un novo récord na computación de cifras de Pi, quedando en 5 billóns de decimais (o dobre do récord anterior).
O resultado obtívose cun ordenador doméstico de 32 terabytes de disco duro , e tardou tres meses.

O autor afirma que en xullo conseguirá 10 billóns de decimais.


Ver a información na Cadena Ser.

O récord anterior era de Fabrice Bellard. Ver a información no País.

No seguinte cadro podes ver a carreira na busca de cifras de Pi con ordenador:

7 feb 2011

2011, primo suma de primos

Seguimos engadindo curiosidades sobre o ano 2011.

Esta última aparece nun capítulo de Redes, presentado por Eduard Punset, titulado A simetría do Universo, e no que participa o matemático inglés, Marcus de Sautoy.

No programa aparece que 2011 é un número primo; pero o máis espectacular é que é a suma de once primos consecutivos:

157+163+167+173+179+181+191+
+193+197+199+211=2011

Outros resultados vistos noutras entradas:

1 feb 2011

2011, un ano de moitos uns.

A verdade que están chegando moitas curiosidades relativas ao ano no que estamos.

Todos os anos, nos concursos de resolución de problemas saen moitos relacionados co ano que comeza; por exemplo, na Olimpíada Matemáticas Galega, que se celebrou o pasado 21 de xaneiro, cairon dous problemas relacionados co 2011.

Aquí tedes outra curiosidade:
O ano 2011, presenta moitas datas con uns:

1/1/11
11/1/11
1/11/11
11/11/11

E outra, "colle os dous ultimos díxitos do ano que naciches, e súmalle os anos que vas a cumprir no 2011".
¿a que che da 111?

Recorda outras:

27 ene 2011

Xaneiro, un mes case único

Este mes de Xaneiro de 2011 é un mes moi especial xa que ten:

  • 5 luns
  • 5 sábados
  • 5 domingos
 e esto pasa cada 823 anos.

Seguro que este feito nolo contou José Mª Barja na charla, Clases de restos...santos, que impartiu co motivo do IX Aniversario de AGAPEMA.

1 ene 2011

2011, ano primo

No século XXI haberá 14 anos primos.

Este ano que comeza xa é o segundo primo deste século, cal foi o primeiro?, cal é o último? (¡Averíguao!).

Tamén hai 3 pares de primos xemelgos, (que son?)

30 dic 2010

Demostración de 2 = 1

Onde esta o truco?

Supoño que haberá truco, descúbreo e deixa as túas aportacións en comentarios,

20 nov 2010

Reloxos matemáticos para todos

Para os complexos,
para os radicais,
para os calculadores,
para os matediversos,
para os primos,
.................
.................
...para todos.


10 nov 2010

As matemáticas tamén se equivocan

Como podedes explicar esta pregunta que navega por internet?,


Un billón de micrófonos é un megáfono?



6 nov 2010

Espiral de Ulam

Unha espiral cadrada de números primos.

O matemático polaco (nacionalizado estadounidense) Stanisław Marcin Ulam (1909-1984), ao parecer aburrido durante una conferencia, empezou a escribir os números naturais seguindo a traxectoria dunha espiral cadrada en sentido antihorario (Espiral de Ulam)
e conforme ía crecendo foi observando que os números primos aparecían con moita frecuencia nas diagonais da espiral,
tal e como se pode observar na figura:

Por certo, Ulam foi coautor do
Método de Montecarlo (método estatístico para aproximar expresións matemáticas, por exemplo, calcula o valor de pi, utilizando números aleatorios) e participou no Proxecto Manhatam ( que desenvolveu a primeira bomba atómica).


No seguinte enlace tes un programa para xenerar a espiral de Ulam

27 oct 2010

QUE CURIOSO!

Unha nova sección en TETRACTIS


O número 40337956 pódese escribir como:



A quen se lle ocorre isto? Ou, foi por casualidade?