Quixera compartir coa comunidade matemática a felicitación do Equipo Decanal da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.
23 dic 2011
Aniversario de AGAPEMA
Como xa informamos nunha entrada anterior, o mércores 21 de decembro, celebramos o XI Aniversario da Asociación de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) cunha charla que impartiu a compañeira de profesión, Sandra Sambade Nieto, baixo o título:
Arquitectura e Matemáticas: forma e función.
co seguinte guión: - Curvas e superficies.
- Estados tensionais.
- Forma e función: catenarias, parábolas, esfera, cilindros, hiperboloides...
- Arquitectos e obras singulares: Eduardo Torroja (Ponte do Pedrido), Antonio Gaudí, Eladio Dieste, Félix Candela...
Etiquetas:
Eventos,
Persoeiros
XXIV Open Matemático
Xa está convocada a XXIVª edición do Torneo aberto de resolutores de problemas, máis coñecido polo nome de OPEN MATEMÁTICO.
Esta edición convócase baixo o lema de "Labirintos e Matemáticas", como se pode apreciar no cartel deste ano.
Esta edición convócase baixo o lema de "Labirintos e Matemáticas", como se pode apreciar no cartel deste ano.
Etiquetas:
Eventos,
O problema de hoxe,
Open,
Recursos,
Resolución de problemas
18 dic 2011
Tetractis 58
Sumario:
Unha xornada olímpica.
Enquisas en TOMATEMÁTICAS.
XI Aniversario de AGAPEMA.
Topoloxía, por Carmen Méndez Sánchez.
Problemas da Olimpíada Matemática Galega
O Principio do Pombal.
Unha xornada olímpica.
Enquisas en TOMATEMÁTICAS.
XI Aniversario de AGAPEMA.
Topoloxía, por Carmen Méndez Sánchez.
Problemas da Olimpíada Matemática Galega
O Principio do Pombal.
Etiquetas:
Tetractis
17 dic 2011
Unha xornada olímpica
Seis alumnos do IES Monelos participaron na Olimpíada Matemática Galega 2011-12.
Catro alumnas de 1º de Bacharelato e dous alumnos de 2º (Ver relación de inscritos) participaron na Olimpíada Matemática Galega que se celebrou o sábado, 17 de decembro, na Facultade de Matemáticas da USC (Ver benvida e fotos)

Concursos,
Eventos,
Resolución de problemas
16 dic 2011
XI Aniversario de AGAPEMA
O vindeiro mércores, 21 de decembro, celebraremos o XI Aniversario da fundación da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA).
Etiquetas:
Eventos,
Novas,
Persoeiros
15 dic 2011
II Concurso Incubadora de Sondaxes e experimentos
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) convoca a segunda edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Etiquetas:
Concursos,
Incubadora,
Novas
Reloxos binarios
Porque hai "10 tipos de persoas" (!?), os que saben binario e os que non saben.
Un reloxo binario utiliza o código binario para o cálculo de horas, minutos e segundos. Para iso utiliza uns LED's que ao iluminarse sinala unha potencia de 2, segundo a táboa:
Un reloxo binario utiliza o código binario para o cálculo de horas, minutos e segundos. Para iso utiliza uns LED's que ao iluminarse sinala unha potencia de 2, segundo a táboa:
Esto permite, sumando os valores dos LED's iluminados, representar un número entre 1 e 63, o que resulta suficiente para representar horas (1-24), minutos (1-60) ou segundos (1-60).
Aquí tes varios modelos:
- Este modelo utiliza a serie (32-16-8-4-2-1) para os minutos e a serie (8-4-2-1) para as horas,
Etiquetas:
obxectos cotiás,
Que curioso,
Recursos
14 dic 2011
Novas leccións de Intypedia
Leccións 7, 8 e 9 da Enciclopedia da seguridade da información (Intypedia)
Lección 7: Seguridade en aplicacións web
Tras unha introducción sobre a arquitectura básica dunha aplicación web e das incidencias de seguridade típicas neste contorno, Alicia e Bernardo explicannos en qué consiste un ataque por inxección de código SQL.
Autor: Chema Alonso, Informática 64.

13 dic 2011
Algunhas referencias nos medios
Algúns medios como: INFORMEST, boletín da SGAPEIO, ou GAMMA, Revista Galega de Educación Matemática (AGAPEMA) informan sobre actividades de matemáticas do IES Monelos.
INFORMEST fai unha reportaxe sobre o I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos:
e GAMMA fai varias referencias:
INFORMEST fai unha reportaxe sobre o I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos:
e GAMMA fai varias referencias:
- Fichas de estatística na calculadora (Tetractis 46 e Tetractis 47)
- I Concurso Incubadora de Sondaxes e experimentos.
- Na contraportada aparece unha fota da actividade "Certame de Matmonólogos" na Feira Matemática:
Etiquetas:
Incubadora,
Novas
9 dic 2011
Matemáticas para a ESO
O programa DESCARTES do MEC inclúe dentro do seu portal a posibildade de acceder ás matemáticas da ESO de maneira autónoma e en galego.
Co proxecto ed@d (Ensinanza Dixital a Distancia) o Ministerio de Educación de España presenta un novo modelo de libro interactivo, que permite aos estudantes aproveitar as vantaxes das Tecnoloxías da Información e a Comunicación para mellorar a súa aprendizaxe autónoma e axilizar a comunicación cos seus titores, nun entorno tecnolóxico avanzado.
Etiquetas:
Recursos
3 dic 2011
Juan Jacobo Durán Loriga
I centenario do seu pasamento
É unha colección de referencias para este día:
Durán Loriga na Galipedia
Exposición: Durán Loriga, matemático coruñés
Dircurso que tiña escrito para o seu ingreso na RAG
In memoriam de Eugenio Carré Aldao no Boletín nº 56 da RAG
Durán Loriga en Galegos
Homenaxe a Durán Loriga no Boletín nº 57 da RAG
Durán Loriga no Xornal Educativo
IES Ramón Otero Pedrayo
Discurso-contestación que estaba previsto no seu acceso á RAG, por Benito Fernández Alonso
Crónica da Revista da Sociedade Matemática Española
Pazo de Sigrás (Cambre)
Pazo de Romariz

1 dic 2011
Tetractis 57
Sumario:
Olimpíada Matemática Galega.
Centenario do pasamento de Durán Loriga.
XIX Canguro Matemático.
II Incubadora de Sondaxes e experimentos.
Proxecto Descartes: as matemáticas interactivas, por Laura Pardeiro Mariño.
Eleccións Xerais 2011, por Rafael Ramos Domínguez.

23 nov 2011
Olimpíada Matemática Galega
Este ano presenta novidades:
Cada sesión terá unha duración de tres horas e media, e consistirá na resolución de tres problemas.
Lugar: Facultade de Matemáticas. Santiago de Compostela
Data: sábado, 17 de decembro de 2011
- A data adiantase a decembro.
- Será un sábado.
- Clasifícanse 3 alumnos para a fase nacional.
No Distrito Universitario de Galicia, as probas da Fase Autonómica da XLVIII Olimpiada Matemática Española realizaranse en dúas sesións:
Cada sesión terá unha duración de tres horas e media, e consistirá na resolución de tres problemas.
Lugar: Facultade de Matemáticas. Santiago de Compostela
Data: sábado, 17 de decembro de 2011
- Primeira Sesión: Hora: 10:00
- Segunda Sesión: Hora: 16:00.
Roger Penrose
Matemático e divulgador, visita Santiago para recibir o Premio Fonseca.
Ver artigo na Voz de Galicia.
Ver artigo na Wikipedia
Referencia en Tetractis.
![]() |
| Foto da Voz de Galicia |
Ver artigo na Wikipedia
Referencia en Tetractis.
Etiquetas:
Novas,
Persoeiros
3 nov 2011
María Wonenburger
No II Día da Ciencia en Galego, desde o IES Monelos, queremos compartir esta pequena presentación sobre María Wonenburguer que expoñeremos no noso centro.
Etiquetas:
Eventos,
Persoeiros,
Presentacións
2 nov 2011
Eleccións Xerais 2011
Unha actividade para alumnos de bacharelato para ir preparando as eleccións.
Aquí tes unha actividade para preparar as eleccións xerais que se celebrarán o 20 de Novembro.
Se consegues rematala poderás contestar a estas preguntas:
Aquí tes unha actividade para preparar as eleccións xerais que se celebrarán o 20 de Novembro.
Se consegues rematala poderás contestar a estas preguntas:
- Como se sabe o número de deputados a elixir por provincia?
- Por que A Coruña perde un deputado (pasa de 9 a 8)?
- Cales son as provincias perxudicadas por este sistema?
- Que provincias gañarían máis deputados, se o reparto fora directamente proporcional?
- ...
- Cal é o sistema de reparto segundo os votos obtidos?
- Como funciona a lei D'Hont?
- Inflúe ou non a cota inferior do 3% para poder optar a deputados?
- O sistema de reparto mediante a Lei D'Honte é xusto?
- E moitas cousas máis...
Etiquetas:
obxectos cotiás,
Recursos,
Resolución de problemas
26 oct 2011
Tetractis 56
Sumario
Tomatemáticas, un novo blog.
Música e matemáticas: concerto didáctico da OSG
II Día da Ciencia en galego.
María Wonenburger, por Paula Pérez Torres.
Álbum fotográfico de María Wonenburger,
Enrique Vidal Abascal: matemático, pintor e humanista.

25 oct 2011
Música e Matemáticas
A Orquestra Sinfónica de Galicia, no seu Programa Educativo do curso 2011-12, ofrecerá a sesión: Música e Matemáticas no Teatro Rosalía de Castro con estas sesións:
Cafés didácticos (para profesores): 3 de novembro
Concertos didácticos (alumnos): do 15 ao 18 de novembro.
Concertos en familia: 19 de novembro
O contido dos concertos será:
Por outra parte, estudos realizados arredor da Quinta sinfonía de Beethoven (1770-1827) mostran como o tema principal incluído ao longo da obra, está separado por un número de compases que pertencen á sucesión. Tamén en varias sonatas para piano de Mozart (1756-1791) a proporción entre o desenvolvemento do tema e a súa introdución é a máis preta posible á razón áurea.
Mozart escribiu 176 compases (minuetos) numerados do 1 ao 176 e agrupounos en 16 conxuntos de 11 compases cada un. O procedemento para xenerar un vals particular a partir de esta combinación de habilidade na composición e uso do azar, consiste en que cada compás do 1 ao 16 seleccionase con dous dados ( a suma ten 11 posibilidades, de 2 a 12) segundo a seguinte distribución.
Hai que ter en conta que o resultados das sumas non teñen a mesma probabilidade; por exemplo: a suma 7 ten unha probabilidade de 6/36 = 1/6, pero a suma 10, ten unha probabilidade de 3/36 = 1/12.
O número de posibilidades é de 11 elevado a 16 (preto de 46 mil billóns de posibilidades) o case segura que calquera vals sermpre será un estreo.
Podes escoitar os 176 compases e unha mostra dunha composición no seguinte enlace:
Cafés didácticos (para profesores): 3 de novembro
Concertos didácticos (alumnos): do 15 ao 18 de novembro.
Concertos en familia: 19 de novembro
![]() |
| Mozart |
- A sucesión de Fibonacci e a sección áurea na música
Por outra parte, estudos realizados arredor da Quinta sinfonía de Beethoven (1770-1827) mostran como o tema principal incluído ao longo da obra, está separado por un número de compases que pertencen á sucesión. Tamén en varias sonatas para piano de Mozart (1756-1791) a proporción entre o desenvolvemento do tema e a súa introdución é a máis preta posible á razón áurea.
- Azar e probabilidade
Mozart escribiu 176 compases (minuetos) numerados do 1 ao 176 e agrupounos en 16 conxuntos de 11 compases cada un. O procedemento para xenerar un vals particular a partir de esta combinación de habilidade na composición e uso do azar, consiste en que cada compás do 1 ao 16 seleccionase con dous dados ( a suma ten 11 posibilidades, de 2 a 12) segundo a seguinte distribución.
Hai que ter en conta que o resultados das sumas non teñen a mesma probabilidade; por exemplo: a suma 7 ten unha probabilidade de 6/36 = 1/6, pero a suma 10, ten unha probabilidade de 3/36 = 1/12.
O número de posibilidades é de 11 elevado a 16 (preto de 46 mil billóns de posibilidades) o case segura que calquera vals sermpre será un estreo.
Podes escoitar os 176 compases e unha mostra dunha composición no seguinte enlace:
IES Pravia: Combinatoria e música
E podes ver o programa aquí:
Etiquetas:
Música e matemáticas
9 oct 2011
II Día da Ciencia en Galego
Celébrase o vindeiro 4 de novembro é está dedicado a dúas científicas extraordinarias: Marie Curie e María Wonenburger.
Neste blog fixémonos eco varias veces arredor de María Wonenburger:
Máis información en: http://www.cienciaengalego.org/
Neste blog fixémonos eco varias veces arredor de María Wonenburger:
- Unha rúa para María Wonenburger, cun cartel de María Wonenburger.
- Vídeo de Mulleres matemáticas.
- Cartel de Mulleres matemáticas.
- Mulleres e matemáticas, comisión da Real Sociedade Matemática Española, con dúas exposicións sobre mulleres e ciencia.
- María Wonenburger no Paseo da Ciencia.
- María Wonenburger: a discreción das ciencias exactas.
Máis información en: http://www.cienciaengalego.org/
Etiquetas:
Eventos,
Novas,
Persoeiros
Suscribirse a:
Entradas (Atom)