9 oct 2011

II Día da Ciencia en Galego

Celébrase  o vindeiro 4 de novembro é está dedicado a dúas científicas extraordinarias: Marie Curie e María Wonenburger.




Neste blog fixémonos eco varias veces arredor de María Wonenburger:

Máis información en: http://www.cienciaengalego.org/

Un Nóbel por descubrir os cuasicristais

Esta é a referencia que se publicou en Tetractis 50, nun artigo sobre números metálicos:

CUASI-CRISTAIS: SIMETRÍAS PROHIBIDAS


Entre os numerosos problemas físicos, químicos, biolóxicos e ecolóxicos nos que aparecen os integrantes da familia de números metálicos, un dos máis notables é o da estrutura dun cuasi-cristal. En 1984, Schechtman rexistrando esquemas de difracción de electróns nunha aleaxe de Aluminio e Manganeso rapidamente arrefriada, encontraron ao cortar con planos en determinados ángulos, simetrías pentagonais de orde 5, totalmente imposibles nun cristal xa que non é posible teselar o plano con pentágonos regulares. A estas configuracións, que posúen una estrutura espacial cuasi-periódica, se lles chamou "cuasi-cristais".


Un cuasi-cristal ten a estrutura dunha teselación de Penrose (á marxe).

Podes ver a nova na Voz de Galicia



El hallazgo de los cuasicristales da el Nobel de Química al israelí Shechtman

23 sept 2011

Tetractis 55

Sumario

Fotos dos Concursos Incubadora de Sondaxes e Experimentos (Fase Galega e Nacional).
Proxecto gañador: Podemos predecir a estatura á que pode chegar unha persoa?, por Águeda Castro Quintas, Carmen Méndez Sánchez, Laura Pardeiro Maroño, Laura Pérez Torres e Carmen Picado Molares.


 

22 sept 2011

Proxecto gañador no Concurso Incubadora

Podemos predecir a estatura á que pode chegar unha persoa?

Este foi o título do proxecto gañador (categoría de 2º ciclo ESO),  que o equipo do IES Monelos presentou ao I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, convocado pola sociedade SEIO.

Podes ver unha presentación abreviada en powerpoint.

ou a versión completa do proxecto,

Fotos do concurso Incubadora

Álbum de fotos do I Concurso Tipo Incubadora de Sondaxes e Experimentos (Fase Nacional) celebrado na Facultade de Matemátcas e Estatística (UPC) de Barcelona, os días 7 e 8 de xullo; onde o equipo gañador  (na categoria de 2º ciclo de ESO) foi o IES Monelos formado por Águeda Castro Quintas, Carmen Méndez Sánchez, Laura Pardeiro Maroño, Laura Pérez Torres e Carmen Picado Molares, baixo a coordinación do profesor, Gonzalo Temperán Becerra..

15 sept 2011

Vota a andar a 5ª promoción de ESTALMAT

O sábado 17, acto inaugural na Facultade de Matemáticas.
O vindeiro sábado día 17 de setembro, ás 10:30 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, dará comezo o acto de inauguración do curso 2011-12 do Proxecto ESTALMAT-Galicia, que ten como obxectivo o estímulo do talento matemático en rapaces de 12 e 13 anos. Asistirán os 25 alumnos de Estalmat-Galicia que forman a 5ª promoción (2011), acompañados das súas familias, autoridades académicas e equipo docente do proxecto. Ao final do acto, os alumnos reciben a súa acreditación das autoridades e profesores e seguidamente sairán en autobús para un campamento matemático durante o fin de semana en Abegondo-Sada, que supón unha toma de contacto entre eles nun ambiente lúdico-matemático.

Participantes na proba de selección de 2011
O acto de apertura do curso estará presidido polo Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan J. Casares Long, que estará acompañado na mesa de autoridades polo Presidente do Comité Organizador de Estalmat-Galicia, o profesor Juan Viaño Rey, pola Decana da Facultade de Matemáticas, Mª Victoria Otero Espinar, ademais dos representantes dos patrocinadores principais de ESTALMAT-Galicia, Manuel Vila López, Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado; Santiago Moreno Fernández, Director General da Fundación Vodafone-España; Victor Pollán Fernández e Covadonga Rodríguez-Moldes Rey, coordinador académico e responsable de relación coas familias de ESTALMAT-Galicia, respectivamente.
Máis información en ESTALMAT- Galicia

9 jul 2011

Gañamos a Fase Nacional!

O equipo do IES Monelos gaña a Fase Nacional do I Concurso Incubadora de Sondeos y Experimentos (Categoría ESO), que se celebrou na Facultade de Matemáticas e Estatística da Universidade Politécnica de Cataluña os días 7 e 8 de xullo.
Na foto, Águeda Castro nun momento da presentación




O gañador, na categoría de Bacharelato, foi o equipo da Comunidade de Madrid (IES Cardenal Cisneros) co traballo titulado:
El efecto placebo en el café.


6 jul 2011

A Barcelona!

Os equipos dos centros: IES Monelos e IES Fernando Wirtz representarán á sociedade SGAPEIO na Fase Final do I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos que se celebrará na Facultade de Matemáticas e Estatística da Universidade Politécnica de Catalunya os días 7 e 8 de xullo.


Na Fase Nacional participarán equipos de 2º ciclo e Bacharelato das Comunidades: Catalunya, Madrid, Castela e León e Galicia.

Álbum de fotos do Premio SGAPEIO

Fotos da entrega de premios do I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos.

1 jul 2011

I Concurso de Incubadora de Sondaxes

Onte, 30 de xuño, foi a entrega de premios do I Concurso Incubadora de sondaxes e Experimentos.
A mesa constituida polo:

Presidente de SGAPEIO
Director do Instituto Galego de Estatística (IGE)
Decana da Facultade de Matemáticas da USC
Representante da Consellería de Educación

fixo entrega dos premios que outorga a sociedade SGAPEIO (Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións).

O premio na categoría de 2º ciclo foi otorgado ao equipo do IES Monelos (A Coruña), polo proxecto titulado:

Podemos predecir a estatura á que vai chegar unha persoa?

23 jun 2011

Resolución do Premio Sgapeio

O equipo do IES Monelos gaña, na categoría de 2º ciclo ESO, o I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, convocada pola sociedade SGAPEIO e representará a Galicia na Fase Nacional que se celebrará en Barcelona.

Un fragmento da acta do xurado é:

1º ciclo ESO:

Título: As novas tecnoloxías, fóra da aula, no IES de Mugardos.
Centro: IES de Mugardos (A Coruña).
Titora: María Ángel Martínez Rodríguez.
Alumnos: Sergio Vila Plana, Carmen Sanmartín Fero, Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Mauriz e Andrés Novoa Menaya.


2º ciclo ESO:
Título: Podemos predecir a estatura á que vai chegar unha persoa?
Centro: IES Monelos (A Coruña).
Titor: Gonzalo Temperán Becerra.
Alumnos: Águeda Castro Quintas, Carmen Méndez Sánchez, Laura Pardeiro Mariño, Paula Pérez Torres e Carmen Picado Molares.


Bacharelato e ciclos formativos de grao medio:
Título: Cantas estrelas podemos ver, a simple vista, dende a nosa localidade?
Centro: IES "Fernando Wirtz Suárez" (A Coruña).
Titor: Enrique Pujales Martínez.
Alumnos: María Piñeiro Ramil, Daniel Barreiro Ures, Rubén Fernández Reigosa, Diego Juárez Rodríguez.



FASE NACIONAL: Foron elexidos para participar na I FASE NACIONAL deste concurso, representando á Comunidade Galega, os traballos gañadores do IES de Monelos e do IES "Fernando Wirtz Suárez".


Máis información: 
Resolución do I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
A nova no Xornal da USC
I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos : Bases
Fase Nacional

17 jun 2011

Partículas en colisión

Décimo cuarto desafío do País.

Podes ver o planteamento do problema en:

Partículas en colisión

e o enunciado é:

En un recinto cerrado tenemos un conjunto de partículas en tres estados diferentes: positivo, negativo y neutro. Inicialmente hay 30 partículas positivas, 10 negativas y 17 neutras. En un momento dado, las partículas comienzan a moverse y a chocar entre ellas. Así, cuando dos partículas de diferente estado chocan, ambas cambian al estado restante. Es decir, si chocan una partícula positiva y otra negativa, tras el choque se convierten en dos neutras. De la misma manera, si chocan una negativa y una neutra se convierten en dos positivas; y si chocan una neutra y una positiva se convierten en dos negativas. Esto significa que cada vez que chocan dos partículas de diferente signo, hay una partícula menos de cada uno de sus estados mientras que al estado restante se incorporan dos unidades. Cuando colisionan dos de igual signo, no varían su estado.


La pregunta de esta semana es si es posible diseñar una secuencia de choques de forma que al final todas las partículas acaben teniendo el mismo estado. Si es posible, hay que explicar cómo hacerlo. En caso contrario, hay que demostrar por qué no se puede.

16 jun 2011

Tetractis 54

Sumario

Fotos da V Feira Matemática.
María Wonenburger no Paseo das Ciencias.
IV Certame de Matmonólogos: A cabeza non para!, por María Losada González.
Gañadores e Fotos do IV Certame de Matmonólogos.
As matemáticas na linguaxe coloquial, por Irene Vázquez Gamazo.


15 jun 2011

Solución ao problema da camiseta bordada

As liñas teñen un ángulo de 4º 30'.


Aquí podes ver o vídeo coa Solución

ou ver un estrato da solución:

9 jun 2011

Unha camiseta bordada en zig-zag

Decimoterceiro desafío do País

Podes velo no vídeo: Bordado en zig-zag

O enunciado proposto é o seguinte:

Se quiere diseñar un adorno bordado para una camiseta siguiendo el esquema y las condiciones siguientes:

a) Las puntadas se realizarán en zigzag entre dos rectas que forman un ángulo alfa (ver dibujo en el vídeo).
b) La primera puntada empezará en el punto O, común a las dos rectas, y acabará en una de las rectas (que llamaremos horizontal).
c) Todas las demás puntadas deberán tener la misma longitud y se trazarán sin superponerse ni volver hacia atrás.
d) La última puntada debe ser perpendicular a la línea horizontal.
e) Queremos dar exactamente 20 puntadas.

Se pregunta: 1) ¿Cuál debe ser el ángulo alfa para que se cumplan esas condiciones? 2) Si la distancia entre O y el punto de la horizontal por donde pasa la última puntada fuera de 25 cm ¿Cuál sería la longitud de cada puntada? 3) ¿Qué ocurriría si quisiéramos hacer 21 puntadas en vez de 20 con las mismas condiciones, esto es, que la número 21 fuera perpendicular a la horizontal?

8 jun 2011

Solución ao 12º desafío do País

A solución ao duodécimo problema é 400 coches

Podes ver a solución no Pais:  Solución ao 12º desafío

ou ver a solución seguinte:

5 jun 2011

Unha exhibición de coches de carreira

Duodécimo desafío do Pais

Podes velo no vídeo
Exhibición de coches

ou ler o enunciado:
Se quiere organizar una exhibición de coches de carreras de manera que al comienzo los vehículos formen un cuadrado (de n filas de coches de n coches cada una) y al final los mismos automóviles formen un rectángulo en el que el numero de filas inicial aumente en 5. ¿Puede saberse con total seguridad cuantos coches participarían en esa exhibición? En caso afirmativo, dar el número (justificando la respuesta) y en caso negativo explicar por qué no puede saberse.

2 jun 2011

María Wonenburger no Paseo das Ciencias

Como xa anunciabamos nunha entrada anterior, onte celebrouse unha homenaxe á matemática coruñesa María Wonenburger, que consistiu na colocación dunha placa no Paseo das Ciencias (no entorno da Casa das Ciencias), no Parque de Santa Margarida.
Abreu o acto a concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, logo o Director dos Museos Científicos, Tino Fraga, fixo unha semblanza da vida e obra de María Wonenburger.
Rematou o acto a homenaxeada agradecendo a homenaxe e asistencia á numerosa representación da comunidade matemática e científica coruñesa.


Ver a nova e máis fotos en:



26 may 2011

Guións finalistas do IV Certame de Matmonólogos

Guións dos matmonólogos que participaron na Final do IV Certame de Matmonólogos celebrado no IES Monelos (A Coruña).

Álbum de fotos do IV Certame de Matmonólogos

Fotos do IV Certame de Matmonólogos celebrada o 10 de maio de 2011 na Aula Xurxo Lobato do IES Monelos.

Homenaxe a María Wonenburguer

Os Museos Científicos van colocar, na súa honra, un monolito no "Paseo das Ciencias".

O acto celebrarase o vindeiro 1 de xuño, ás 19:00 h no Paseo das Ciencias (inmediacións do Palacete da Casa das Ciencias da Coruña).

O monolito levará unha placa co seguinte texto:

O Paseo das Ciencias foi creado no ano 2010, XXV aniversario da Casa das Ciencias, e o primeiro homenaxeado foi Isidro Parga Pondal.

25 may 2011

Gañadores do IV Certame de Matmonólogos

Os gañadores do IV Certame de Matmonólogos, que se celebrou o pasado martes 10 de maio, na Sala Xurxo Lobato do IES Monelos son:


Categoría: Primaria e 1º ciclo ESO
Anécdotas matemáticas, (Santiago Valencia Bahamonde)
Alumno de 2º ESO do IES San Mamede (Maceda-Ourense)

Categoría: 2º ciclo ESO e Bacharelato
A cabeza non para!, (María Losada González)
Alumna de 4º ESO do IES San Mamede (Maceda-Ourense)

Categoría: Persoas, en xeral, mayores de 18 anos.
Liberando incognitas, (Covadonga Rodríguez-Moldes Rey)
Profesora de matemáticas do IES Mugardos (A Coruña)

Alumnado do IES Monelos
Camino de la universidad, (Camino Fernández Robelo)
Alumna de 2º Bach. do IES Monelos.

23 may 2011

Álbum de fotos da Feira Matemática

As fotos da xornada celebrada o sábado, 21 de maio, en Palexco.



Máis fotografías en Feira Matemática (Agapema Coruña).

22 may 2011

O IES Monelos na Feira

O IES Monelos estivo presente na V Feira Matemática, celebrada o sábado 21 de maio en Palexco, e ofreceu 3 stand con diversas actividades:

Stand nº 1:  Xeometría de papel

Stand nº 2: Actividades de estatística e probabilidade:
  • Agulla de Buffon.
  • Simulación do movemento dun borracho (Movemento aleatorio).
  • Proporción de peixes nunha piscifactoria.
  • Método de Montecarlo: 
      1.  Coa actividade π-dardo
      2. Con números aleatorios, que se preguntaban aos visitantes.
  
Stand nº 3:
  • Obxectos matemáticos cotiás.
  • Are you en π?
  • π-days.
 
Ademais:
  • Presentacións: O prezo do mexillón, Anamorfose.
  • Matmonólogos.
  • Boletín de divulgación matemática, Tetractis.

A Feira Matemática na TVG

A Televisión de Galicia fíxose eco da Feira Matemática celebrada na Coruña, e na nova de informativos aparece, Zaira, alumna de 3ºESO A, comentando as actividades dun dos stands do IES Monelos: Are you en π e Cantos π-anos cumples (π-days)?

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Feira Matemática

Non puidemos facer a "feira en directo".

Debido a que a rede wifi de Palexco filtra a entrada a blogues, redes sociais..., onte non puidemos realizar a actividade "A Feira en directo", tal como prometimos.
Non iamos preparados para tal suceso. ¡Outra vez será!.

Iremos colgando en sucesivas entradas todo o material elaborado: fotografías, entrevistas...

¡Sentímolo!

18 may 2011

Tetractis 53

Número especial de Tetractis dedicado á V Feira Matemáticas, con:
  • Unha presentación de Tetractis
  • Actividades de estatística e probabilidade.
  • Actividades para o  Día π: Are you in π? e π-days.
  • Obxectos matemáticos cotiás.
  • Xeometría de papel.

17 may 2011

V Feira Matemática

O vindeiro sábado, 21 de maio, celébrase a V Feira Matemática en PALEXCO ( A Coruña), co seguinte programa de actividades:


Programa (Díptico)



ou cartel

14 may 2011

Unha enorme potencia de 2

Noveno desafío PAIS


Ver o vídeo co enunciado

Solución ao "Cubo de suma cero"

A solución é que non pode existir o cubo.

Podes ver a solución no País.

A estatística xoga a favor do Depor

O 91% das combinacións de resultados salvan ao Dépor.

Un estudio realizado para A Voz de Galicia por Ricardo Cao, catedrático de Estatística e Investigación Operativa da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, revela que o Zaragoza, co 63,75%, e o Getafe, co 24,88%, agotan boa parte das posibilidades de descenso.
 
Podes ler o artigo na Voz de Galicia

6 may 2011

Un cubo de suma 0

Oitavo desafío o País

Esta vez a proposta vai a cargo de dúas alumnas, de 4º ESO, de Estalmat Madrid;
podes ver a proposta do problema no seguinte vídeo:

Un cubo de suma 0

e o enunciado escrito é o seguinte:

A cada uno de los vértices de un cubo le asignamos un 1, o un -1. Después asignamos a cada una de las caras el producto de los números de sus vértices.


¿Puede hacerse la asignación inicial de manera que la suma de los 14 números (8 de los vértices y 6 de las caras) sea 0? Encontrar tal asignación o demostrar que no existe. Como en el problema del reloj, se recomienda no probar con todos los casos posibles.

4 may 2011

Finalistas do IV Certame de Matmonólogos

Relación de guións que foron seleccionados para a Final do IV Certame de Matmonólogos, que se celebrará o vindeiro martes, 10 de maio, no IES Monelos (A Coruña), ás 16:30 horas.

Os guións seleccionados son:

Categoría: Primaria e 1º ciclo ESO
A regra de tres, por Alexandre Blanco
A suma e a resta, por Xiana Conde Alonso
Anécdotas matemáticas, por Santiago Valencia Bahamonde

Categoría: 2º ciclo ESO e Bacharelato
Polígono de la Grela: Área y perímetro, por Carolina Iglesias Mosquera
A cabeza non para!, por María Losada González
Una nota, por Álvaro Souto Janeiro

Categoría: Persoas, en xeral, maiores de 18 anos.
Liberando incognitas, por Covadonga Rodríguez-Moldes Rey

Alumnado do IES Monelos
Camino a la universidad, por Camino Fernández Robelo
Matecentrismo, por José Manuel González Díaz
Historias matemáticas, por Marcos Veloso Carril

3 may 2011

Solución ao piano xigante

Xa está publicada a solución ao 7º Desafio do País, tiutulado "O piano xigante".

A solución aportada por Alicia Pedreira é a seguinte:

Numera as notas de 0 a 6, tal como mostra a seguinte táboa, vai marcando as pulsacóns das teclas cos números correspondentes e deixa as celas de color os intervalos sen pulsar:



Podes observar a seguinte secuencia de teclas:

1,2,4,0,4,2,1,     1,2,4,0,4,2,1,      1,2,4,0,4,2,1,…

de período 7,

Resposta a.    (7000/7)x2 = 2000 pulsacións da tecla DO

Resposta b. Como podes observar na táboa as teclas Mi, Sol e La non se chegan a pulsar.

Agora mira a solución dada no País.

30 abr 2011

Resultados do Canguro Matemático 2011

Este ano a máxima puntuación foi acadada polo alumno de 3º ESO, Pablo Cortón Debén, con 99,75 puntos e ademais as mellores puntuacións, ao igual que o curso pasado, conseguíronse en 3º ESO.

As máximas puntuacións por, por niveis, foron:

1º ESO
Javier Busto Méndez,   49,50 puntos.
Sergio Vieiros Rodríguez,   37,75

2º ESO
Jaime Vázquez García,   44,50
Nuno Riveiros Almodóvar,    38,00

3ºESO
Pablo Cortón Debén,   99,75
Irene Vázquez Gamazo,  86,75
Zaira Fernández Domínguez,  80,25

4ºESO
Victor Fernández Rodríguez,   68,75
Carolina Nicolás Martín,   67,75
Alejandro Relaño Fernández,  61,50

1º Bach.
Sergio Hermida Tajes,   69,75
Brais García Lamas,   60,50
Iria Martínez Amado, 58,25

2º Bach
Marta Sobrino Gosenje,   57,75
Guillermo Ledo López,   57,50
Adriana Vega Álvarez,   46,50

Parabéns a todos.
Estes son os problemas deste ano (aquí)

Un piano xigante

Séptimo desafío do PAÍS

Ver o vídeo do problema: Un piano xigante

Enunciado: Sabemos que al pulsar las teclas blancas de un piano se reproducen periódicamente las siete notas de la escala musical Do, Re, Mi, Fa, Sol, La y Si. Por lo tanto aunque el piano tenga muchas teclas, solamente podemos escuchar las siete notas de la escala, eso sí, en diversas octavas. Los pianos reales tienen un número limitado de teclas, pero para nuestro problema vamos a imaginar un piano con un teclado tan largo como nos sea necesario. E imaginaremos que pulsamos SÓLO las teclas blancas.


Primero pulsamos el primer Do que tenemos por la izquierda. A continuación pulsamos la siguiente tecla, que naturalmente será un Re. Luego saltamos una tecla y tocamos el Fa. Ahora saltamos dos teclas y tocamos el Si. Seguidamente saltamos tres teclas y tocamos el Fa, ya en la segunda octava. Y continuamos el proceso saltando cada vez una tecla más que la vez anterior. Como hemos supuesto que nuestro piano tiene tantas teclas como queramos supongamos que hemos llegado a tocar 7.000 teclas. Y hacemos dos preguntas:

1. ¿Cuántas teclas habremos tocado que corresponden a la nota Do?
2. ¿Habrá alguna nota que no haya sido pulsada en ningún momento?

Aclaración: Por si acaso alguien se confunde y piensa que nuestro piano tiene solo 7.000 teclas, hemos de insistir en que 7.000 es el número de teclas que tocamos, y dado que entre dos teclas pulsadas hay muchas que no se tocan, se deduce que nuestro imaginario piano tiene muchas más que esas 7.000. Y aunque este número no es necesario para resolver el problema podemos afirmar que el piano debe tener unos 24 millones y medio de teclas blancas.

27 abr 2011

Tetractis 52

Sumario:
  • Citas para Maio.
  • IV Día do Científico Galego.
  • Centenario da Real Sociedade Matemática Española (RSME).
  • Juan Jacobo Durán Loriga, por Iago Martín Mato.
  • Fractais, por Cristina Abarca Rodríguez.

Solución a unha cuestión de sombreiros

Xa está publicada a solución ao 6º Desafío do País, titulado: Unha cuestión de sombreiros.

A continuación tes a solución aportada por Alicia Pedreira, que, desde logo, estivo entre ese 25% de solucións correctas (entre 1700 enviadas):

Los presos acuerdan que el preso nº 30 decide la elección de su sombrero de la siguiente forma:

* negro: si el número de negros es par
* blanco: si el número de negros es impar
así tendrá un 50% de posibilidades de salvarse; pero todos los demás se salvarán, ya que el siguiente preso puede reconocer el color de su sombrero basándose en la paridad de los que ve y el color citado por el nº 30.
Por ejemplo:
- si el nº 30, citó negro, el nº 29 dirá negro si ve un nº impar de negros y blanco si ve un nº par de negros.
De manera recurrente, el resto de los presos sabrán el color de sus sombreros.

Podes ver o vídeo coa solución no País

IV Día do Científico Galego

Este ano estivo dedicado ao astrónomo e matemático D. Ramón María Aller Ulloa.

Ramón María Aller Ulloa naceu o 3 de febreiro de 1878 en Donramiro, Lalín. Con vinte anos obtivo un doutoramento en Teoloxía e foi ordenado sacerdote. De seguido, decide desenvolver a súa pasión pola Ciencia e se matricula en Ciencias Exactas. Unha vez rematada a carreira, en torno a 1905, comezou a facer observacións astronómicas dende a súa casa, xa en Lalín, utilizando un anteollo e mais un teodolito. As súas observacións do cometa de Joannesburgo 1910a chegaron a ser publicadas no Anuario do Observatorio de Madrid.

25 abr 2011

Malware

Lección 6 da Enciclopedia Intypedia sobre os programas maliciosos que atacan o noso ordenador.
Máis información en Intypedia

24 abr 2011

Seguridade perimetral

Quinta entrega da serie intypedia

22 abr 2011

Unha cuestión de sombreiros

Sexto problema proposto polo País, que podes ver no vídeo:


e que ten por enunciado o seguinte:

Se informa a 30 presos de que se les va a colocar formando una fila y se les va a poner un sombrero en la cabeza a cada uno, blanco o negro, sin especificar cuántos gorros se pondrán de cada color (pueden ser 29 blancos y uno negro, 15 y 15, 17 y 13...). Cada preso sólo verá los sombreros de los prisioneros que tiene delante pero no el suyo ni los de detrás. Un guardia irá preguntando sucesivamente a cada uno de los presos desde el último (el que ve todos pero no el suyo) al primero (que no ve ninguno) de qué color es su sombrero. Los presos sólo pueden contestar blanco o negro: si aciertan son liberados y si no, son ejecutados. Todos los presos pueden escuchar las respuestas anteriores a las suyas.


Antes de llevar esto a cabo, los presos, que conocen la prueba a la que van a ser sometidos pero no naturalmente de qué color serán sus sombreros, tienen un tiempo para hablar entre ellos y pensar una estrategia de grupo. ¿Cuál es la mejor estrategia para salvar SEGURO al mayor número de prisioneros? ¿Cuántos se salvan seguro con esa estrategia?

20 abr 2011

15 abr 2011

Quinto desafío do País

Chega á cita semanal o quinto proposto polo País.

Esta vez trátase dun xogo de estratexía e consiste en averiguar quen gaña: o primeiro ou segundo gañador e cal é esa estratexia gañadora.

Podes ver o vídeo co enunciado en:  Un País de palillos


E o enunciado é:
Primer juego: Por turnos, cada jugador retira uno, dos o tres palillos del dibujo. Gana el que retira el último palillo, esto es, el que deja la mesa vacía.


Segundo juego: Por turnos, los jugadores retiran el número que quieran de palillos pero siempre de la misma letra cada vez (de la P, de la A, de la I o de la S). Gana también el que retira el último palillo.

Se trata, como decíamos de hallar la estrategia ganadora en ambos juegos (el modo de ganar seguro) precisando si la tiene el jugador que abre el juego o el segundo.

13 abr 2011

IV Seminario EsTalMat

Celebrouse a pasada fín de semana (7, 8 e 9 de abril) na Facultade de Matemáticas de Santiago.

Baixo a organización de Estalmat Galicia celebrouse o IV Seminario sobre Actividades para Estimular o Talento Precoz en Matemáticas (EsTalMat) á que acudiron representantes de todas as organizacións de Estalmat en España (Madrid, Cataluña, Andalucia Oriental e Occidental, Castela e León, Canarias, Galicia, Comunidade Valenciana e Cantabria).
O Seminario ten por obxectivo intercambiar actividades e experiencias entre as diferentes comunidades e algunhas das ponencias tiñan títulos tan suxerentes coma:
  • Actividades matemáticas y de iniciación a la astronomía en el Campamento de Estalmat,
  • Análisis de tareas y de caminos críticos
  • Las matemáticas en el mundo antiguo,
  • Cuatro años de plano/espacio y reflexiones en linea,
  • Sistemas dinámicos y caos,
  • Tres heurísticos matemáticos,
  • Deltaedros: obtención de los poliedros regulares,
  • Modelizando con funciones. El caso de las malas notas,
  • Mientras los alumnos se van haciendo mayores,
  • Actividades de atención a las familias de estudiantes con talento matemático
Podes ver as ponencias en Estalmat: Seminario Galicia.

Por parte de Galicia, os profesores: Santiago López e Manuel Pazos  resumiron as súas sesións en Estalmat, coa ponencia:

Cuatro años de plano/espacio y reflexiones en linea

 

Olimpíada Matemática Galega 2011

O pasado venres, 8 de abril, celebrouse a Fase de zona da XIII Olimpíada Galega de 2º ESO, en sete sedes galegas.
Na nosa zona, a sede foi o IES Ramón Otero Pedrayo.
Alí acudiron os nos alumnos e tiveron que resolver os seguintes problemas:



A información cos resultados poderase ver en:
Olimpíada Matemática Galega de 2º ESO

12 abr 2011

Solución ao cuarto problema do País

Xa está a solución ao cuarto problema planteado polo País, a solución é que sempre hai unha recta para cada reloxo de dúas cores e  podes atopala no seguinte enlace:

Unha recta para cada reloxo

7 abr 2011

4º desafio do País: Un reloxo de dúas cores

Xa temos planteado o cuarto problema que o País publica, co motivo do centenario da Real Sociedade Matemática Española.

Podes velo no vídeo: Un reloxo de dúas cores



E o enunciado é:

Se considera un reloj con sus 12 números en torno a una circunferencia: 1, 2, ..., 12. Se pintan de azul o rojo cada uno de los 12 números de modo que haya seis pintados de azul y seis de rojo. El problema consiste en demostrar, que, independientemente de cómo se haya pintado, siempre existirá una posible recta que divida al reloj por la mitad, dejando en cada lado seis números, tres pintados de rojo y tres pintados de azul.


Envía a  túa solución ao correo
ata as 00.00 horas do martes 12 de abril.

Anumerismo

O termo anumerismo sería a incapacidade en diversos graos para desenvolvernos no universo das cifras. Popularizouna,  hai 23 anos, o matemático estadounidense John Allen Paulos na súa obra: O home anumérico.

Saber poucas matemáticas convirtenos en ciudadáns máis manipulables

O descoñecemento dos números carece do reproche social que provocan outras ignorancias.

Ver o artigo no País:

El 'anumerismo' también es incultura

5 abr 2011

Solución ao problema nº 3

Xa se publicou a solución ao problema nº 3 do País, titulado Cadrado máxico de produtos:


podes ver a solución no País.

O próximo problema, este xoves.