28 feb 2011
6ª xornada Open Matemático
Esta é a última xornada aberta.
A 7ª e última xornada do Open Matemático será a porta pechada e na nosa zona celebrarase, o xoves día 10 de marzo, no IES Elviña (A Coruña) e acollerá aos alumnos de Estalmat da zona da Coruña, alumnos do IES Mugardos, IES Monelos e IES Elviña.

Etiquetas:
O problema de hoxe,
Open,
Resolución de problemas
27 feb 2011
Rectas e parábolas
Nesta aplicación de Descartes, elaborada no 2003, poderás practicar as ecuacións das funcións lineares e das parábolas.
Pincha aquí: Rectas e parábolas
(necesitarás instalar o Descartes 2.0; segue as instuccións).
Pincha aquí: Rectas e parábolas
(necesitarás instalar o Descartes 2.0; segue as instuccións).
IV Seminario EsTalMat
Do 8 ao 10 de abril de 2011 celebrarase na Facultade de Matemáticas (Universidade de Santiago) o IV Seminario sobre Actividades para Estimular o Talento Precoz en Matemáticas e VIII Reunión Nacional de ESTALMAT.
O Seminario é un foro de interrelación e presentación de novas actividades por parte de profesores das distintas sedes do Proxecto ESTALMAT.
O seminario diríxese a todos os profesores de matemáticas dos niveis universitarios e non universitarios interesados nas actividades de desenvolvemento do talento matemático. A inscrición é gratuíta, e inclúe a asistencia ás sesións do Seminario e documentación.
Máis información: Participación, Programa, Inscripcións.

Novas
XIX Rallye Matemático 2011
Celebrarase o luns, 21 de marzo de 2011.
O prazo de inscripción amplíase ao 7 de marzo.
O prazo de inscripción amplíase ao 7 de marzo.
23 feb 2011
A soidade dos números primos
No primeiro curso da universidade estudei certos números primos máis especiais ca o resto, e aos que os matemáticos chaman primos xemelgos: son parellas de primos sucesivos, ou mellor, case sucesivos, xa que entre eles sempre hai un número par que lles impide ir realmente unidos, como o 11 e o 13, o 17 e o 19, o 41 e o 43. Se temos paciencia e seguimos contando, descóbrese que ditas parellas aparecen cada vez con menos frecuencia.
Etiquetas:
Libros,
Mentiras e matemáticas,
Que curioso
21 feb 2011
5ª xornada do Open Matemático
Xa estamos na 5ª xornada do XXIII Open Matemático; aquí van os problemas:
Etiquetas:
O problema de hoxe,
Open,
Resolución de problemas
20 feb 2011
Tetractis 31_40
Volume (IV) recopilatorio dos números de Tetractis, que van do nº 31 ao 40, publicados entre febreiro de 2009 e febreiro de 2010.
Outros volumes:
Volume I: Tetractis 1_10
Volume II: Tetractis 11_20
Volume III: Tetractis 21_30
Relación de artigos do volume IV:
A Biblioteca de Alexandría e Matemáticas na Biblioteca (36), por Gonzalo Temperán.
A calculadora Casio FX-82SX (36), por Gonzalo Temperán.
A habitación de Fermat (38), por Laura Pardo Varela.
Ambigramas (32), por Laura Vázquez Uzal.
Anamorfose (40), por Paloma Tarrío Alves.
Arte e xeometría: Fotografías de Chema Madoz.
As orixes do Sistema Métrico Decimal (39), por Marta Sobrino Gosenje.
Cropcircles (38), por Iván García Vázquez.
Distancias astronómicas (37), por Guillermo Ledo López.
Figuras imposibles (32), por Daniel Cambeiro Sánchez.
Logaritmos na natureza (31), por Alejandro Cangado Fernández.
Matemáticas e botánica (37), por Iria González Díaz.
Matemáticas e humor (33), por Diego Abalde Herrero.
Matemáticas en botánica (31), por Carlota Rey Casal.
Matemáticas na cidade (34).
Matemáticas na obra de Dalí (33), por Daniel Pereira García.
Matmonólogo: De problemas e outras cousas (35), por José Rodríguez-Moldes Varela.
Premios en matemáticas (35), por José Pombo Lema.
Un paseo matemático por Londres (34).

Tetractis
18 feb 2011
Tetractis chega ao número 50
¿Podes identificar os diferentes sistemas de numeración nos que están expresadas as seguintes 12 representacións do número 50?
Deixa as túas respostas en "Comentarios".
Etiquetas:
Novas,
Que curioso,
Tetractis
Tetractis 50
Sumario
- Consulta no blogue: IV Certame de matmonólogos, 4º poster de Obxectos matemáticos cotiás.
- Diferentes representacións do número 50.
- Ano 2011.
- V Feira Matemática.
- Números metálicos, por Estefanía Campos Fernández
- XXIII Open Matemático: Selección de problemas das 1ª, 2ª e 3ª xornadas.
Etiquetas:
Tetractis
15 feb 2011
14 feb 2011
4ª xornada do Open Matemático
Problemas da 4ª xornada do Open Matemático.
Etiquetas:
O problema de hoxe,
Open,
Resolución de problemas
Cardioide, unha curva con corazón
A cardioide é unha curva con forma de corazón, que se pode construir, por exemplo, deslizando unha circunferencia sobre outra.
Podes ver as diferentes maneiras de construcción nesta páxina de Xeometría Dinámica.
Podes ver as diferentes maneiras de construcción nesta páxina de Xeometría Dinámica.
Etiquetas:
Que curioso
14 de febreiro: San Valentín
Recuperamos a entrada do ano pasado para festexar este día tan sinalado.
Lámina de Lolita Brain sobre a vida amorosa de tres científicos importantes na historia:
Evariste Galois (Teoría de Galois)
Schrödinger (Teoría cuántica)
Alan Turing (Computabilidade e criptoloxía)

Persoeiros
13 feb 2011
Are you in Pi?
A páxina web Am I in Pi?, localiza unha data na serie de números decimais de Pi.
Na entrada anterior, vimos un novo récord nas cifras de Pi (¡5 billóns de cifras decimais!).
Pois ben, agora podes atopar nesa inmensidade de cifras de Pi, a data do teu nacemento, ou o teu DNI, ou calquera combinación de cifras que che representen; ademais, diche a posición onde se atopa.
A páxina chámase: Am I in PI?
Eu estaba esperando algo así, ti non?
Xa estou vendo o negocio de camisetas:
Resulta que a miña data de nacemento non aparece na páxina web, así que podería facer esta outra:

Día π,
Que curioso
Récord de cifras de Pi
O novo récord quedou establecido en 5 billóns de decimais.
Un xaponés, Shigeru Kondo, estableceu un novo récord na computación de cifras de Pi, quedando en 5 billóns de decimais (o dobre do récord anterior).
O resultado obtívose cun ordenador doméstico de 32 terabytes de disco duro , e tardou tres meses.
O autor afirma que en xullo conseguirá 10 billóns de decimais.
Ver a información na Cadena Ser.
O récord anterior era de Fabrice Bellard. Ver a información no País.

No seguinte cadro podes ver a carreira na busca de cifras de Pi con ordenador:
Etiquetas:
Día π,
Que curioso
12 feb 2011
Difusión do Certame de Matmonólogos
A convocatoria do IV Certame de Matmonólogos foi difundida por dos medios de gran repercusión na educación galega:
Por un lado, o boletín informativo nº 12 da Consellería de Educación, que chega -vía correo electrónico- a todo o profesorado galego.
e por outra banda, no blogue de Bibliotecas escolares de Galicia, con conexión coa rede de blogues das bibliotecas dos centros,

11 feb 2011
Poesía: Parábola del triángulo
Había una vez
dos ángulos inferiores
que planeaban eliminar
al ángulo superior
Olvidaron sin embargo
un principio elemental
Ningún triángulo puede existir
con dos ángulos
Perpetrado el crimen
y como era de esperar
el triángulo completo
desapareció del mapa
Y con él los victimarios
En el diseño del universo
nadie está libre de cavarse
su propia tumba
Óscar Hahn (Chile)
Máis en Poesía e ciencia (Sección de Miguel García-Posada)

Poesía
7 feb 2011
2011, primo suma de primos
Seguimos engadindo curiosidades sobre o ano 2011.
Esta última aparece nun capítulo de Redes, presentado por Eduard Punset, titulado A simetría do Universo, e no que participa o matemático inglés, Marcus de Sautoy.
No programa aparece que 2011 é un número primo; pero o máis espectacular é que é a suma de once primos consecutivos:
Outros resultados vistos noutras entradas:

157+163+167+173+179+181+191+
+193+197+199+211=2011
Outros resultados vistos noutras entradas:
Etiquetas:
Que curioso
3ª Xornada do Open Matemático 2011
Aquí tedes os tres problemas correspondentes á 3ª xornada do Open Matemático 2011.
Etiquetas:
O problema de hoxe,
Open,
Resolución de problemas
6 feb 2011
Poden existir os vampiros?
A saga Crepúsculo ven a poñer outra vez de moda aos vampiros, desde que Bram Stoker publicara a obra Drácula.
Pero, poden existir os vampiros?
Partamos dalgunhas hipóteses:
Pero, poden existir os vampiros?
Partamos dalgunhas hipóteses:
- Un ser humano convírtese en vampiro, se sofre a mordedura dun deses seres.
- Un vampiro necesita chupar sangue, polo menos, unha vez ao mes.
- Neste proceso, cada mes dúplicase a poboación de vampiros.
- A poboación mundial, para o 2011, estímase en 7000 millóns de persoas.
Responde:
- Que poboación se convirtiu en vampiro a finais de 2011?
- En que data, toda a poboación mundial sería un vampiro?
- Que opinas, sobre a existencia de vampiros?
Etiquetas:
Cine,
Libros,
Mentiras e matemáticas,
Recursos
3 feb 2011
V Feira Matemática
Celebrarase o sábado, 21 de maio de 2011, no Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña(PALEXCO).
A V Feira Matemática xa está en marcha; a continuación podes ver o cartel e tríptico que pronto chegará a todos os centros.
A Feira Matemática está organizada por AGAPEMA Coruña e celébrase para conmemorar o Día Escolar das Matemáticas, que este ano leva o lema: As Matemáticas da Química.
Máis información en Feira Matemática.

Feira Matemática,
Novas
2 feb 2011
Día escolar de matemáticas 2011
Este ano celébrase co lema: "As matemáticas da química".
O Día escolar das matemáticas foi instaurado no ano 2000, Ano Mundial das Matemáticas, pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM).
A data escollida foi o 12 de maio, data de nacemento do matemático catalán Pedro Puig Adam, iniciador da didáctica das matemáticas no noso país.
Cada ano dedícase a un tema, e este ano leva o lema: As matemáticas da química, coincidindo coa declaración, por parte da ONU, de que ano 2011 sexa: O ano mundial da Química.
Cada ano a FESPM publica un caderno coa temática do ano.
Diversas entidades festexan este día con actividades:
- AGAPEMA Coruña celebra a Feira Matemática.
- Tetractis organiza o Certame de Matmonologos.
Etiquetas:
Novas
1 feb 2011
2011, un ano de moitos uns.
A verdade que están chegando moitas curiosidades relativas ao ano no que estamos.
Todos os anos, nos concursos de resolución de problemas saen moitos relacionados co ano que comeza; por exemplo, na Olimpíada Matemáticas Galega, que se celebrou o pasado 21 de xaneiro, cairon dous problemas relacionados co 2011.
Aquí tedes outra curiosidade:
O ano 2011, presenta moitas datas con uns:
E outra, "colle os dous ultimos díxitos do ano que naciches, e súmalle os anos que vas a cumprir no 2011".
¿a que che da 111?
Recorda outras:

1/1/11
11/1/11
1/11/11
11/11/11
E outra, "colle os dous ultimos díxitos do ano que naciches, e súmalle os anos que vas a cumprir no 2011".
¿a que che da 111?
Recorda outras:
Etiquetas:
Que curioso
2ª xornada do Open Matemático
Problemas da 2ª xornada do Open Matemático 2011.
Esta xornada vale 4 puntos (1 por cada apartado) e recorda entregar as solucións antes do luns 7, ás 10:30.
¡Xa sabes onde!
¡Anímate e participa!
Esta xornada vale 4 puntos (1 por cada apartado) e recorda entregar as solucións antes do luns 7, ás 10:30.
¡Xa sabes onde!
¡Anímate e participa!
Etiquetas:
O problema de hoxe,
Open,
Resolución de problemas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)