5 jul 2012

II Incubadora de Sondeos (Fase Nacional)

Un equipo galego volve a gañar o Concurso Incubadora de Sondeos y Experimentos (Fase Nacional). 

Esta vez foi o equipo do IES Fernando Wirtz o gañador na categoría de Bacharelato co traballo:
Existe o cine de autor?

Alumnos: Marta Barandela Álvarez, Mateo Fernández Torreiro, Laura García Rueda e Sabela Rey Cao.
Titor: Enrique Pujales Martínez.

Parabéns aos gañadores!

25 jun 2012

Premios II Incubadora de sondaxes

A entrega de premios e mencións do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos celebrouse o pasado xoves, 22 de xuño, na Facultade de Matemáticas de Santiago.

Posaron para a foto todos os alumnos premiados, cos seus titores e a mesa presidencial,
Máis información na Voz de Galicia e Sgapeio

O equipo do IES Monelos, despois de recoller os diplomas pola Mención na categoría de 1º ciclo de ESO, polo seu traballo: Como cae unha chincheta?

14 jun 2012

Tetractis 64

Número 64 do Boletín de divulgación matemática co seguinte,

Sumario:

¿A dónde podemos volar desde A Coruña?

Proxecto presentado ao II Concurso Incubadora de Sondaxes e experimentos na categoría de 2º ciclo de ESO.

O traballo está elaborado polas alumnas de 4º ESO:

Marta Vilar Sánchez
Laura Martínez Amado
Irene Vázquez Gamazo
Alma Lareo López

e trata de responder á pregunta:

Onde estará un viaxeiro, despois de 12 horas, que chega ao aeroporto da Coruña ás 8:00 h e ten libertade para coller voos nunha hora de intervalo?


Como cae unha chincheta?

Proxecto con Mención Especial na categoría de 1º ciclo da ESO no II Concurso Incubadora de Sondaxes e experimentos.

O proxecto estivo eleborado polos alumnos de 2º ESO do IES Monelos:

Carolina Fernández Fuentes,
Sara McNamee Freire,
Roberto Rilo Antelo e
Javier Varela González.
Titor: Gonzalo Temperán Becerra

Podes velo nunha presentación curta
ou o proxecto completo
 

Noraboa aos equipos gañadores dos centros:

IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense), 1º ciclo de ESO
IES Mugardos, 2º ciclo de ESO
IES Fernando Wirtz (A Coruña), Bacharelato


Máis información en II Concurso Incubadora de sondaxes e experimentos

26 may 2012

Tetractis 63

Número 63 do boletín de divulgación matemática, Tetractis, do IES Monelos, co seguinte:

Sumario:

24 may 2012

Unidades didácticas de EducaBarrié

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) propuxo a instauración dunha homenaxe de recoñecemento a aqueles científicos que, nados en Galicia ou ben que realizaran a súa carreira científica en Galicia, contribuíran ao desenvolvemento do coñecemento e da innovación de maneira notable e significativa.
Celébrase o día 23 de abril, aniversario da constitución oficial da RAGC (23 Abril 1977).

A Fundación Pedro Barrié de la Maza, a través da súa Área de Investigación e Educación, participa na celebración do Día do Científico Galego e vai a publicar unidades didácticas de cada científico.

2008: Enrique Vidal Abascal.
2009: Isidro Parga Pondal.
2010: Cruz Gallástegui Unamuno.
2011: Ramón María Aller Ulloa.
2012: Antonio Casares Rodríguez.

As unidades pódense ver no seguinte enlace:


Matmonólogos finalistas

Relación de guións finalistas que participaron no V Certame de Matmonólogos, celebrado o 15 de maio na Aula Xurxo Lobato do IES Monelos (A Coruña).

Álbum de fotos da Feira Matemática

Álbum de fotos da VI Feira Matemética celebrada o 12 de maio en Palexco (A Coruña).
Podes ver un vídeo da Feira Matemática na TVG

Matmonólogos gañadores 2012

Matmonólogos gañadores do V Certame de Matmonólogos que se celebrou o  15 de maio, na Aula Xurxo Lobato do IES Monelos (A Coruña)

Categoría: Primaria e 1º ciclo de ESO
A orixe das miñas visitas ao psiquiatra
Bruno Iglesias Cid
(IES San Mamede - Maceda)

Categoría: 2º ciclo de ESO e Bacharelato
Confesiones sobre tanxencias
Alexandre Blanco
(IES A Xunqueira I, Pontevedra)

Categoría: Alumnado do IES Monelos
Recorrido polas matemáticas
Paula Pérez Torres
(IES Monelos - A Coruña)

Categoría: Maiores de 18 anos
Redondillas matemáticas
José Manuel Ramos González
IES A Xunqueira I (Pontevedra)

*****

Álbum de fotos do V Certame de Matmonólogos

Álbum de fotos do certame de Matmonólogos

Álbum de fotos do V Certame de Matmonólogos, que se celebrou o pasado 15 de maio, na Aula Xurxo Lobato do IES Monelos (A Coruña)

23 may 2012

Resultados do Canguro Matemático 2012

Estes son os resultados das mellores puntuacións, por cada nivel, no Canguro Matemático 2012 no IES Monelos,

1º ESO
Manuel Fraga Fernández, 83,75 ptos.
Pablo Rodríguez Alves, 77,75 ptos.
Jonathan Couto Carabel, 70,50 ptos.

2º ESO
Sara McNamee Freire, 53,75 ptos.
Javier Varela González, 53,50 ptos.
Manuel Villamisar Rivas, 53,50 ptos.

4º ESO
Pablo Cortón Debén, 71,50 ptos.
Irene Vázquez Gamazo, 53,25 ptos.
Zaira Fernández Domínguez, 51,50 ptos.

1º Bach.
Águeda Castro Quintas, 66,50 ptos.
Nuria Cortizas Ledesma, 62,00 ptos.
Marina Crecente López, 60,50 ptos.

2º Bach.
Iago Martín Mato, 67,75 ptos.
Mario Pujades Suárez-Pumariega, 50,25 ptos.
Iria Martínez Amado, 49,00 ptos.

Parabéns a todos e, en particular, ao alumno Manuel Fraga Fernández de 1º ESO, por acadar a maior puntuación no centro.

10 may 2012

Programa da Feira Matemática

Programa de actividades da VI Feira Matemática que se celebra este sábado, 12 de maio, en PALEXCO, desde as 11:00h ata as 19:00h